segunda-feira, 15 de agosto de 2016

Alplatuarbeyismo.

Este vai ser un post que non me vai gustar, e con todo vou escribilo. Non me vai gustar porque non me gusta falar da xente e porque non me gusta darlle importancia al que non debera tela. En outras palabras, porque gústame aportar ideas sobre el que penso que se debe fer, pero non usar este blogue como úa cuspideira onde botar contra a xente (para eso están os chigres, as redes sociales...), pero al final el que non debera ser importante vólvese importante se afecta dúa forma fonda a este país e á xente deste país.

Falo dun fenómeno que en delos ambentes conócese como aplatuarbeyismo, a conta del conocido programa da TPA Al platu vendrás, arbeyu, anque el fenómeno traspasa con moito este programa de televisión ou á TPA.

El programa en cuestión é un programa nel que se presenta a cultura asturiana como úa risión, preséntase a lingua asturiana como propia de baballois (a lingua galega de Asturias directamente non existe, úa constante na RTPA) e inmortaliza tópicos como que os asturianos somos machirulos que reparten hostias a diestro e siniestro sin vir a conto, que somos grandes comedores, noblotes... E, cómo non, a cuna de España, dende úa perspectiva xenófoba e cimproa (¡morrillazu!, que berra el personaxe del rei Polaio na súa guerra contra os moros). Un fenómeno televisivo que empezou con Terapia de grupo (que ven sei que ten os sous defensores dentro del asturianismo) que fía ter a medio Asturias dicindo pola rúa sen vir a conto ¿quies un pocu chorizu? o el mitico ¿oyisti?, anque al final el discurso de verdade sempre era en castelán (el asturiano para fer a risión, mesmo na Asturias galegofalante, para todo lo demais el castelán).

Afortunadamente pasou el tempo de sintir á xente repitindo as dúas frases de moda da televisión como cacatúas, pero non deixa de servirnos para ver el poder enorme que ten a tele en nós, nas nosas expresiois cotidianas, nos chistes que femos, nas alusiois culturales... Eu traballo moito con nenos e rapaces e as alusiois á serie de Mediaset La que se avecina chegan a ser cargantes, hasta el punto que eu cheguei a ofrecer 10€ al primeiro que me contara colquera cousa que lle interesase que non fose nin fútbol nin nada relacionado coa tele e podo asegurar que aforrei, desgraciadamente, 10€. Como dicía el meu profesor de latín del instituto, houbo úa época na que en Asturias todo era chébere, a conta dos culebrois, agora el capitán salami é úa especie de pseudo-superhéroe.

Pero ben, non quería falar da excesiva influencia da televisión (e dos poderosos que controlan esa televisión) sobre as nosas vidas. Quería falar namáis del fenómeno del alplatuarbeyismo, e de cómo establecen el provincianismo, el autoodio disfrazado de grandonismo e grandes dosis de xenofobia e españolismo disgrazado de asturianismo provinciano. El exemplo que me levou a escribir estas linias foi el del diario de un catalán en Asturias, onde aparece úa mezcla de catalanofobia, onde os catalais son us tacaños que lles dá por querer independizarse e por eso son us fillos de puta que había que matalos a todos; e asturianofobia, onde ser asturiano é estar por cepillar, andar a hostias, cagándose na mai de todos (pensamos que en Asturias é el único sito onde dicimos tacos e cagámonos na mai da xente... e pensamos que o femos constantemente) que de manera natural temos que sentir adversión por esos catalais (carrulo que por que queren independizarse). Úa mostra de lo máis cateto e rancio de Asturias, úa visión de Asturias provinciana e estereotipada onde un asturiano de raza non pode ser delicado, non pode falar asturiano (galego? onde?) sen andar a voces ou non pode ser educado. Onde ser de poblo é tar como un burro... Sirva de exemplo que al hora de falar da monarquía asturiana namáis aparece un Polaio entolecido berrando MORRILLAZU e ofendido pola Cai de los Moros de Xixón (hai outra rúa a Munuza, gobernador moro en Xixón que fora CUÑADO de Polaio... pero para que aprender Historia), e óbviase, por caso, que el Camín de Santiago (gallegonos, gallegonos!!!!) ou Catedral de Uviéu naceron con esa monarquía asturiana aliada de Carlomagno... E non (mamía que cansado estou de xustificarme pensando en persoas concretas) non se trata de vanagloriarse de pasados gloriosos previamente mitificados nin de poñerse agora a reivindicar a Alfonso II como referente político, trátase de entender cómo colquer visión que se dá de Asturias dende el alplatuarbeyismo (que como digo, vai máis alá del programa este) é cimprona e zafia.

E non sería un problema se non tuvese repercusión na sociedade. Se non vísemos pola rúa á xente repetindo os estereotipos fabricados e propagados pol ente público de comunicación desta Comunidade Autónoma, se non vísemos á xente repetindo as frases, os tópicos, a visión zafia del noso país, dúa das nosas linguas (el outra, na que estou escribindo, obviase sempre), da nosa xente... A final, acabamos sendo un burdo estereotipo de nós mesmos, acabamos crendo que dende Asturias non pode salir cultura, non poden salir ideas que non señan violentas e pseudotribales, non pode salir ningúa estructura social de progreso... Porque al final os asturianos somos comedores de cachopo que pegan hostias (oh, que machos somos e como nos pesan os collois!) descendentes dun pavo que andaba dando morrillazos pol monte... Tópicos que calan na nosa xente e que, en consecuencia, fain que os asturanos téñamos úa visión sesgada e ridiculizadora de nós mesmos. Úa visión que dende el poder (a televisión é poder) se nos vai metendo pouco a pouco nas vidallas núa extraña mezcla de grandonismo e autoodio, de complexo de superioridade-inferioridade (avezan a ser as dúas caras dúa mesma moeda) e os papadores de televisión que somos repetimos como autómatas programados para repetir el que a tele vomita.

Ou nos damos conta de cómo a ideoloxía del que nos odia (el que odia a nosa cultura, a nosa terra, á nosa xente, as nosas linguas...) vai calando entre a población e somos quen a establecer un discurso de masas alternativo ou van comernos con patacas. Queren alienarnos dende el humor pacato. Non lle riamos as gracias al que nos humilla. Entendamos que non é úa carallada, que é importante porque están en todas as nosas casas dende el púlpito de poder del noso século.

Nenhum comentário:

Postar um comentário