ni Santos.
Daría un brazo,
este coel que choro versos,
por ser
nin un Santo
nin un ánxel,
namáis un paisano.
Un paisano
paisano.
Desos que se visten polos pes,
salen da casa al amaicer
e volven envoltos na noite
a chuchar á filla na frente dormida
e sentir el calor da muller na cama.
Un paisano
paisano.
De maos fortes,
fortes brazos
e chuchos apaixonados.
Pero tocoume en sorte
ser aprendiz de ánxel,
Santo amateur
desos que fain cereixolada
pra ver el sonriso neno
dos xigantes que me levan,
bendito milagre,
aos Célos xunta Deus Padre.
Non somos Santos,
namáis homes.
Pero que duro é ser solo home,
home solo,
carne e polvo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário