segunda-feira, 22 de fevereiro de 2016

Fronteiras.

A nosa fronteira era o río,
porque a da Historia nunca valera pra nada.
Aurora García Rivas, "A fronteira" (musicada por Toli Morilla).
Patètica opereta per vendre'ns esperança d'aquesta nova era anarco-liberal.
Brams, "Aldea Global".




Ben de veces topamos con xente que se denomina internacionalista e, con elo ben de veces afirma que non hai países, que non hai necesidade de falar de naciois. Fainlo, normalmente, falando úa lingua nacional con vocación de expanderse; nel caso de Asturias, en castelán, a lingua nacional española, úa lingua que ten presencia en Asturias únicamente porque é a lingua que el Reino de España impuxo como lingua dúa nación na que non había de poñerse el Sol. Non sólo falan úa lingua determinada, senón que forman parte dúa cultura determinada, tein us vezos determinados, úa gastronomía determinada, úa relixión (ou falta de relixión) determinada... En definitiva, fain parte dun corpus nacional que mantén un discurso nacional que ben de veces non necesita reclamarse como nacional (é a sorte que tein as naciois grandes, que non necesitan reivindicarse). Asina, ás veces un ten que espricar obviedades tan obvias como que a bandeira da II República é a bandeira de España durante aquel tempo, elo é, úa bandeira nacional, por moi republicana que seña (as Repúblicas son sempre nacionales, por outra banda, ou poderan ser multinacionales, pero non son anacionales).

 Despois están os que dende el españolismo, el asturianismo, el galeguismo, el ismo-ismo... reivindican a súa realidade nacional. Asina os soberanistas asturianos reivindicamos Asturias como suxeto político, que non deixa de ser úa forma de dicir que reivindicamos Asturias como realidade nacional (que pode ou non constituírse nun estado soberano, pero que é, en colquera caso, úa nación).
Temos que reconocer as nosas propias fraquezas. Non é fácil non caer en discursos esencialistas. Porque condo un afirma que tal ou cual territorio constitui úa nación ten que xustificalo. Por qué non vivimos núa especie de paraíso cosmopolita nel que toda a humanidade constituia un poblo? Pois, xinxelamente, porque non é asina. É dicir, xinxelamente os poblos existen, as distintas linguas, culturas, idiosincrasias, mitoloxías, relixiois, historia... construien distintos poblos, e mentres que os inuits cazan focas os árabes negocian en largas caravanas pol deserto. Mentres os castelaos tein úa forma de ocupar el espacio basada na concentración das casas en poblos separados entre elos, nel Cantábrico temos formas de ocupar el espacio por lugares máis entremecidos entre elos (a realidade del acceso al augua é distinta).

Pero está claro que as similitudes entre os asturianos e os leoneses ou os galegos non son as mesmas que colos inuits ou os senegaleses. Nin sequera son as mesmas as similitudes colos galegos que colos castelaos ou os aragoneses. Ben de veces condo xustificamos a nosa realidade nacional botamos mao da lingua (da lingua asturiana, pois este discurso non se articula precisamente dende el Eo-Navia), pero é obvio que pra parte de Asturias, prá parte que pretende reflexar este blog, este discurso non é válido. El discurso da lingua é el que leva a parte soberanismo galego a entender que el Eo-Navia forma parte da realidade nacional galega. Úa afirmación que, feita categóricamente e sin posibilidade de discusión, pode ser acusada de esencialista.
Non poucas veces el asturianismo contraataca con argumentos antropolóxicos (cousa que se fai tamén dende el galeguismo, en úa curiosa pugna onde louxados, caldo, empanada... tiran da nosa terra pra un lado e xugos, hurros... pral outro, ou as gaitas que según quen las mire tírannos pra un lado ou pral outro), historiográficos (con estudios máis ou menos porminorizados da fronteira) ou de voluntade política (obviando sempre el escasa repercusión que tanto galeguistas como asturianistas temos na sociedade eonaviega, profundamente española, que non internacionalista). 
A Ría del Eo non é úa fronteira zarrada,
un mundo enteiro xira alredor dus lugares
en permanente comunicación.

A cuestión da fronteira non é úa cuestión que afecte namais al Eo-Navia, anque davezo é esta a fronteira que máis nos quita el soño, non xa á xente del Eo-Navia, senón doutras partes de Asturias. Nel discurso nacional asturiano está por definir a cuestión territorial, asina vai pouco vía núa rede social úa reivindicación respecto al lugar de Sayambre que me deu que pensar. El análisis vía a dicir que Sayambre é un territorio asturiano, que se a xente de Sayambre podería decidir ser leonesa políticamente, pero son asturianos... Non vou a entrar a discutir sobre el asturianía ou a leonesidade de Sayambre, lugar que non conozo en absoluto, pero gustaríame falar del concepto de fronteira que non somos a superar. El asturianismo vese obrigado a prantiarse el asturianidade del Eo-Navia ou de Peñamellera, dentro del territorio oficial, e de Sayambre, Babia e Ḷḷaciana fora del territorio oficial; e dalgúa vez entran na dicotomía La Liébana, Ḷḷuna ou mesmo A Fonsagrada (máis raramente).

Salen enriba da mesa argumentos como que a xente de Sayambre vai al instituto a Cangues, como se a xente de Peñamellera non fora al insituto a Unquera ou la de Grandas á Fonsagrada, se a xente del Eo-Navia ten como referencia Ribadeo, como se a xente del Eo-Navia galego (noutra ocasión falarei del Eo-Navia asturiano e del Eo-Navia galego, pero vamos, refírome a toda esa zona galega fronteiriza con Asturias) non tuvera el hospital de Xarrio como úa gran referencia ou non xirase tamén en torno a lo que hai deste lado del río.

Falamos del territorio e pretendemos ter un discurso internacionalista dende lo nacional (outros pretenden ter un discurso internacionalista dende un cosmopolitismo que al final acaba mirando pra Nova York, pra Londres ou pra París, pero non pra Armal, nin pra Uadagudú, nin pra Nuuk), pero al final el internacionalismo é namais úa solidaridade ambigua con outros poblos (e que poblos, porque solidarizarse colos presos vascos é máis fácil que solidarizarse colos presos galegos, solidarizarse coa loita palestina é máis fácil que mirar á situación rifeña, solidarizarse col Kurdistán é máis fácil que mirar prás razois prá independencia de Sudán del Sur). Pero non estamos sendo nada revolucionarios en cuestiois de fondo.

Cuestionamos as fronteiras que nos impón el poder, as fronteiras provinciales dúa España que aspira á homoxeneización dos sous (sous nel sentido máis posesivo da palabra) territorios, aos que aspira a españolizar, non sólo idiomáticamente, pero non cuestionamos el discurso da fronteira. Pra entendéremonos, Asturias é un país, Galicia é un país, Cantabria é un país, el País Leonés é un país... e son países con fronteiras, como todos os países. Pero aparece a confrontación, os galegos dibúxannos un mapa que incrui el Eo-Navia, os asturianos dibuxamos (ás veces) un mapa que incrui Ḷḷaciana, Babia e Sayambre, os cántabros... «del Seya al Nervión»... E a confrontación dase por onde trazamos a fronteira, pero non pol sentido en sí da fronteira.

        

A emancipación dos poblos acaba solapando distintos proxectos
nacionales sobre us mesmos territorios, ás veces chegando á 
compreta negación del proxecto nacional vecín.
É posible descolonizar os nosos países deste xeito?



Asina acabamos caendo nos mesmos vicios que os proxectos nacionales colonizadores, proxectos nacionales como el español, el francés, el portugués (non esqueizamos el soberanismo das Azores e de Madeira, nin el colonialismo que acabou colapsando el Estado Novo de Salazar). El vicio de expander as súas fronteiras un pelín máis pra aló, a maioría das veces con un ambiguo se a xente del lugar quer, pero el feito democrático non quita del desexo de que a xente del lugar caiga da burra, vexa a luz e se dean conta de que naturalmente forman parte de tal ou cual nación. E por suposto, tomámonos fatal que os vecíos faigan el mesmo e non aceptamos que úa parte del noso (outra vez a posesión) territorio poda deixar de formar parte dél, a pesar de que formalmente aceptamos ese discurso de el que diga a xente que naide nos creemos realmente.
 
E é que as fronteiras deixan dentro e deixan fora. E é que, evidentemente, non todos somos iguales, non todos falamos as mesmas linguas, non todos temos a mesma cultura, a mesma relixión, a mesma idiosincrasia, a mesma realidade histórica... Pero as fronteiras non son nunca zarradas, nin no físico nin no intelectual, nin no emocional. A xente cruzamos as fronteiras e levamos, traemos e levamos (como dicía Aurora García Rivas) terra pegada nas zocas.

Non sei se neste blog xa falei del galeguismo del Eo-Navia e dúa compañeira cuañesa que entende que el Eo-Navia é Galicia. Non, non vou discutir neste post sobre ese feito, nin sequera sobre a identidade concreta del Eo-Navia. Próximamente falaréi del Eo-Navia asturiano e del Eo-Navia galego e das dúas terras de fronteira aos dous lados del Eo, pero eso ha ser pra outro post. Como dicía, teño úa amiga cuañesa galega. E ela ten un colega cuañés asturiano. Esto é, eu entendo que el Eo-Navia ha formar parte del proxecto nacional asturiano, e ela entende que ha formar parte del proxecto nacional galego. Cadaquén temos os nosos argumentos pra defender úa postura ou outra, e cadaquén temos a nosa identidade política e nacional persoal. A identidade nacional é un asunto colectivo, por suposto, pero tamén é úa cuestión individual, xa que as colectividades malamente se poden entender sen as individualidades.

Entendo que esto que vou contar é berrar nel deserto; entendo que, por máis que nos queramos chamar revolucionarios, acabamos reproducindo os discursos del poder. Lo certo é que os proxectos nacionales, como vemos, solápanse us porriba dos outros. E esto é asina porque en realidade hai certos territorios que poden entrar en distintos proxectos nacionales (as naciois son proxectos, logrados ou por lograr, pero proxectos, non realidades absolutas e estancas). E sendo proxectos, é comprensible que distintas persoas nesos espacios abracen distintos proxectos, sen que eso teña que vivirse como úa traición nin un crime de leso patriotismo, senón como úa opción política distinta. Opciois políticas distintas que poden ser antagónicas ou compatibles... E, persoalmente, creo que son compatibles.

Apricándolo al Eo-Navia, pero apricable a colquera outro territorio (de Asturias ou del mundo), é completamente aceptable que el soberanismo galego e el soberanismo asturiano nel Eo-Navia señan aliados políticos, sobre manera condo el que temos enfrente é moito máis grande e poderoso, e amenaza con fer desaparecer a nosa cultura (poñámoslle el apelido de galega ou el de asturiana, ou el de eonaviega, fifti-fifti, ou como quéramos chamala). Porque pra min el soberanismo é, sobre todo, úa cuestión de indixenismo. E eso é daqué que non lles entra na cabeza a ben de autodenominados cosmopolitas, que non entenden que en Europa os poblos indíxenas tamén existimos, que non ven a nosa realidade cultural e a necesidade de mantela anque seña por mera biodiversidade, porque non somos suficentemente exóticos aos sous ollos cosmopolitas.

A cultura del Eo-Navia, la de Peñamellera, la de La Liébana, la de Ḷḷuna ou la de Sayambre son las que son, as súas realidades sociales, antropolóxicas, históricas... son las que son e aparecerán nestos territorios rasgos galegos e asturianos, asturianos e cántabros, leoneses e asturianos... que realmente fain factible que aparezan os distintos proxectos nacionales nestos territorios. Aliarse con soberanistas galegos pra defender a lingua del Eo-Navia, a cultura del Eo-Navia, a ecoloxía del Eo-Navia, a nosa economía, el noso dereto a decidir, sobre el territorio, sobre a economía, sobre a vida... é lo único razonable, pois elos, como nós, defenden aquelo de «defender a terra» que tanto xiringamos os distintos soberanistas. Nada máis hai que aceptar certas realidades que, polo demais, son difíciles de non aceptar sen caer nel absurdo. Caen nel absurdo os asturianistas que defenden que nel Eo-Navia non se fala galego ou los que negan rasgos galegos como certos rasgos gastronómicos, como caen nel absurdo os galeguistas que falan de Polaio como rei galego (Cangues d'Onís, ehem...) ou que fain de menos a importancia da relación del Señorío de Castripol coa mitra uviedía. Aceptando estas realidades básicas, cadaquén decidirá se quer darlle máis peso a úas cousas ou a outras e, en consecuencia, se quer abrazar distintos proxectos nacionales, pero partindo del aceptación del outro proxecto nacional. Elo é, eu non acepto namáis que Galicia, León ou Cantabria señan poblos soberanos, senón que os proxectos nacionales de estos países podan expanderse polos mesmos territorios polos que se poden expander el noso proxecto nacional, territorios como el Eo-Navia, como Ḷḷaciana, como Sayambre o La Liébana... nos que temos que decidir se confrontar con distintos proxectos nacionales, colos compañeiros que defenden lo mesmo que nós pra os sous países, ou se queremos fer irmandade.


Image result for mohías
As patrias e os países son moito
máis que bandeiras, himnos e
fronteiras nun mapa.

Pasa todo por entender que os nosos proxectos nacionales son máis proxectos de poblos (nel sentido identitario) que de terras. El poblo asturiano componse dos asturianos, vivan onde vivan, del mesmo xeito que hai asturianos que viven fora de Asturias e non deixan de ser asturianos (esto non quita nada pra que as persoas que vivan en Asturias e naceran fóra señan ou non asturianos, son debates distintos). Del mesmo xeito, nun mesmo territorio poden coincidir distintos corpus nacionales, podemos coincidir asturianos, galegos, cántabros, leoneses... sendo vecíos pero pertencentes a poblos distintos. Asina, condo falo coa mía amiga cuañesa, non é raro que digamos «vosoutros os asturianos», «vosoutros os galegos»... porque anque séñamos del mesmo concello, formamos parte de dous corpus nacionales distintos, que se encontran nun mesmo territorio sen que eso teña por que supoñer un drama, un trauma case bélico pol que el soberanismo asturiano teme aos tanques que esperan del outro lado del Eo pra caer sobre nosoutros e el soberanismo galego choramiquea porque Asturias ocupa el sou territorio como se esto fose Bosnia.


Al final, os superrevolucionarios soberanistas non restructuramos el discurso sobre a fronteira, namais pintamos distintas fronteiras, pero col mesmo discurso que nos impón el poder. Discutimos sobre cuáles tein que ser as fronteiras, pero non sobre qué ten que ser úa fronteira. Porque al final, as fronteiras, como daqué zarrado, impenetrable, invariable, acaban por ser moi útiles aos estados (existentes ou en proxecto) pero moi pouco útiles pra os poblos.

Quer dicir esto que temos que renunciar aos nosos proxectos políticos? Non. Quer dicir que non hai países e que non é relevante reclamar un proxecto ou outro, xiringar úa bandeira ou outra? Eu non lo creo, creo que é moi relevante... Pero temos que pensar pra que e pra quen estamos xiringando esas bandeiras, que hai detrás delas. Temos que pensar que, ademáis, os poblos son variables e as fronteiras, afortunadamente, nin son zarradas nin indiscutibles. Antias de discutir que territorios forman parte del noso proxecto nacional, que territorios deixamos dentro desas fronteiras, igual temos que refer el término fronteira, pra que as fronteiras definan, pero non escluan, que non deixen necesariamente dentro e fora.

5 comentários:

  1. Como galego que simpatiza (e muito) com Astúrias, gostava de che dar os parabéns por este artigo, complexo e esclarecedor (e, já agora, muito acima do nível de pensamento de boa parte do asturianismo, e ainda de uma porção não pequena do nacionalismo galego).
    Abraço.

    ResponderExcluir
  2. A discriminación da zona Navia-Eo en Asturias é un feito. Os habitantes desa zona sufrimos ese mobbing cultural, ese maltrato oficial é poucas son as protestas. Non se entenderían. Taría mal visto.Pero él asturismo foi, e inda é en muitos xeitos, complice dese maltrato. A solidaridá necesita dúas medidas importantes: Reivindicar a oficialidá del gallego nas tierras Eonaviegas con carácter incluso previo á oficialidá del asturiano. Él galego xa é oficial al outro lado del Eo cousa que vulnera el principio de igualdá. En segundo lugar é importante xebrar a Academia da Llingua Asturiana del gallego asturiano e crear úa Instancia Técnica del Goberno del Principado que coordine el proceso coa colaboración que necesite da Acamdemia da Lingua Galega. Oposición haberala. Pode que muita na zona Navia Eo pero as ideas liberadoras empezan por daquén que ten a iniciativa de propuellas. Estas dúa defendeulas nel sou tempo úa asociación da zona que conseguiu el reconocemento del galego/asturiano núa lei del Principado: A MDGA. Pode que na comarca xa exista un clima diferente e esa defensa sería recibida con normalidá.

    ResponderExcluir
  3. Gracias Ulmo. En realidade non digo nada novo, pero por desgracia hai que siguir dicíndolo.

    Quique, en parte estou de acordo contigo, pero... en parte. Por suposto que el galego ten que oficializarse en Asturias, pero... Por qué "antias" que el asturiano? As dúas comunidades lingüísticas están sendo marxinadas en Asturias, nen os falantes de asturiano tein dereto a dicir "nosoutros primeiro" nen os falantes de galego tein dereto a dicir "nosoutros primeiro". Hai que oficializar primeiro el catalán que el aragonés en Aragón? Hai que reconocerlles más deretos lingüísticos aos habitantes de L'Alguer que al resto dos sardos? En Bretaña oficializamos primeiro el bretón ou el galó? En base a qué? E en Castela e León? Oficializamos primeiro el vasco de Trebiñu ou el galego del Bierzo (onde tamén se fala asturiano)? Temos en conta el decreto de oficialidade del mirandés pra oficializar el asturiano-leonés en Asturias e nel País Leonés? El galego-portugués ten que ser oficial nel Eo-Navia porque xa é reconocido en Galicia ou porque é reconocido en España? Reconocémoslo porque tamén é reconocido en Angola?

    Por suposto que el galego de Asturias non lo pode regular el ALLA. Úa cousa é que nos distintos países haxa distintas academias, como pasa col galego-portugués (quero dicir, a RAG non opera en Portugal), col catalán... e outra cousa é que seña el academia dúa lingua a que regule outra... Nese sentido a naide se lle ocurreu que el Institut d'Estudis Catalans regulara el occitano del Valle de Arán, e aló fixeron un Insituto propio pra lingua occitana en Cataluña (insisto, como a RAG non opera en Portugal). Pol demais, é evidente que as políticas del ALLA nel Eo-Navia foron na linia máis islacionista posible, pretendendo acercar as variedades del Eo-Navia al asturiano e alonxalas del galego (os falantes de asturiano non son culpables de esto), pero tamén é verdade que a RAG ten que fer máis esforzos, por un lado, pra acercarse realmente á Lusofonía, por outro pra incluir el galego "esterior" (mal nomato), porque, por caso, el noso léxico queda fora del DRAG ou non se atende na norma a ningún rasgo noso (asina, mentres a norma galega non acentúa, por poñer un caso tonto, el pronome "el", na norma da MDGA vense obrigados a acentualo, porque en galego existe el artigo "el", anque seña dialectal).

    Polo demais, lo razonable sería úa boa relación entre el ALLA e a RAG (como la hai entre el Institut d'Estudis Catalans e el Institut d'Estudis Occitans). Tamén insisto en que a RAG debería apostar realmente pola Lusofonía. Por certo, os catalais prantiaron que dende a lingua catalana poden manterse relaciois coa Francofonía (foi un prantiamento del presidente Mas), el asturiano e el galego tein un orixe común (non falo del latín, que é obvio, falo del romance común del que proceden) polo que non sería ningúa tontería prantiar relaciois entre a Lusofonía e os falantes de asturiano. Por suposto, entre os asturianos falantes de galego e os galegos mesmos e a Lusofonía.

    El enemigo del Eo-Navia non é ese galego terrible que pintou el asturianismo, a piques de caer sobre el Eo-Navia con tanques escondidos na Fonsagrada, pero tampouco é el asturiano terrible que pintou el galeguismo, ese que quer "impoñer el bable de Oviedo e Mieres, e dicir «les vaques»". El enemigo maior del galego de Asturias está en Uviéu, si, claro, porque en Uviéu están os que nos gobernan, pero é que os que están nel Principado e na Xunta Xeral son tan enemigos del galego como del asturiano (acaso estamos vendo un avance enorme da lingua asturiana?), del mesmo xeito que el peor enemigo del galego en Galicia está en Santiado (acaso el que calenta as poltronas nel Pazo de Raxoi non é un antigaleguista e un antigalego?) A nosa lingua morre, e é sustituída pol castelán, non pol asturiano (tampouco pol "galego da TVG", moi al contrario del folclore de boa parte del asturianismo). Por un castelán, todo seña dito, con acento da casa, máis un castelán de Miudes que de Valladolid.

    ResponderExcluir
  4. Sobre a discriminación, sí, fomos discriminados por un proxecto de Asturias que mirou namais pra as Concas del Caudal e del Nalón e pra un proxecto marciano de "Cidade Astur", por ese famoso triángulo Uviéu-Avilés-Xixón e pol famoso "oito asturiano" (Uviéu-Avilés-Xixón-Concas Mineiras). Pero non é menos certo que el resto del Occidente tamén foi discriminado. Se en Cuaña estamos discriminados non lo están menos en Degaña ou en Somiedu. El Oriente non turístico (el interior, fundamentalmente todo el que non era Llanes e Ribeseya) tamén foi discriminado, e Peñamellera sufríu un dos maiores esqueizos del administración asturiana.

    Del mesmo xeito en Galicia houbo un maltrato sistemático de todo el que non fora a Galicia costeira (el tópico de Galicia e el mar, que deixa fora de ese constructo á provincia de Ourense, el interior de Lugo...). Asina, dende Santiago naide recordou a esistencia de Negueira, da Fonsagrada, de Navia de Suarna... Úas terras (prestaríame falar dello nel futuro) con úa identidade de fronteira, de "interland" que non é menor que neste lado da fronteira. Elo é, se en Cuaña ou en Castripol a xente fala en terceira persoa "dos asturianos" (de Ḷḷuarca pra aló), en Barreiros falan en terceira persoa "dos galegos" (de Lourenzá pra aló), daqué que sempre nos pasou desapercibido fundamentalmente porque falan a mesma lingua que "os galegos" (tamén en Veiga ou en Viḷḷapedre, ou en Viḷḷayón e Parḷḷeiru falan a mesma lingua que "os asturianos", por certo, anque señan un territorio máis pequeno que el Eo-Navia que fala galego). Pero el sentimento de "interland" dase aos dous lados da fronteira entre as comunidades autónomas de Galicia e Asturias, e nos dous casos é fruto de que el discurso identitario se xerou ben lonxe, nas órbitas de influencias del Centro de Asturias e nas órbitas de influencia da costa atlántica galega, ben lonxe, ambas, das terras asturianas entre el Eo e el Navia e das terras galegas entre el Eo e el Navia (que son tan estensas como as asturianas).

    ResponderExcluir
  5. Moisés. A discriminación en Asturias da cultura gallega propia de Asturias é un feito. Se en Llanes existise úa danza que se chamase La llucha sería reconocida como esencia asturiana, al nivel del pericote ou da danza prima. Pero A Lluita de Boal quén la conoce. E conocella é respetar a súa esencia.
    El asturianismo cometeu, al meu xeito de entender, un error pero eso nun quere decir que eu considere enemigo al asturianismo. El gallego é un idioma socialmente máis vivo en Asturias quel asturiano. Considero que incluso se poderían provocar reivindicacióis concretas nos que recurrir aos tribunales, al Tribunal Constitucional é Tribunales Europeos pos dase a situación que falantes de galego de Ribadeo tein us dereitos que non son reconocidos pra un falante de galego da Veiga. Opino que extratéxicamente el asturianismo cometeu úa gran equivocación coel galego de Asturias, algo que non pasou en Cataluña coel aranés. En Navarra el euskera é oficial en parte del territorio.
    Penso que conseguir a oficialidá del gallego en parte de Asturias houbera sido e sería un paso intermedio que facilitaría úa futura oficialidá del asturiano. Pero si mañá fain oficial el asturiano e dicen que pral galego inda nun se dan as condiciois eu firmo. Se el asturiano fose oficial faltaría menos pra que lo fose a nosa fala.
    Naquelos anos de lluita e reivindicación asistin a un encontro de escritores traductores e editores. Xuán Bello, Pablo Ardisana, Berta Piñán,Ignacio Iglesias, Sánchez Vicente, Sixto Cortina, Suso de Toro... Suso nun me fexo nin caso e nun foi solidario coel irmao asturiano gallegofalante. Pero Sanchez Vicente, el líder asturianista díxome que el gallego de Asturias nun existía. Gran error. Perdeu lexitimidá pra súa defensa da oficialidá del asturiano...e parte del Principado tía como idioma el que era declarado oficial na Comunidá Autónoma vecía.
    Desconozo se Sanchez Vicente reconoceu a súa equivocación. El ano pasado presentaron en Boal un libro sobre Benjamín López, el poeta Boalés. Él fai el prólogo e presentou el libro. Despós houbo úa se charlas nas que se lle explicóu a todo el mundo que a fala é un idioma propio que nun é gallego nin asturiano. Nun sei lo que dixo Sánchez Vicente.
    Pero a idea que planteo é extratéxica. El asturianismo debería liderar a lluita da oficialidá del gallego en Asturias. Nun lo van a liderar os enemigos comunes que ocupan escaños, executivo, universidades e medios de comunicación. E a capacidá reivindicativa da nosa terra é demasiado fraque.
    É úa úa idea constructiva. Esa é a mía intención.
    Un abrazo.

    PD. Teis un blogue de categoría. Muitas gracias.

    ResponderExcluir