En 1952 el Exército de Paquistán ocupaba Bangladesh. Foi el 21 de febreiro deste ano que un nutrido grupo de falantes de bengalí se manifestaron polos sous deretos lingüísticos e as autoridades paquistanías abriron fougo contra elos. Esta triste efeméride conmemora dende el ano 2000 el Día da Lingua Materna, decretado pola UNESCO.
A lingua materna pode ser úa lingua minoritaria (ou minorizada) ou úa lingua maioritaria (ou maiorizada). Tan lingua materna é el galego-portugués (minorizada nel Reino de España, pero maiorizada porriba das linguas orixinarias en Brasil, Mozambique ou Angola) como el castelán. Tan lingua materna é el galego-portugués en Asturias ou en Galicia ou en Portugal como en Angola ou en Guinea Bisau pra aquelos que la teñan como lingua, del mesmo xeito que tan lingua materna é el castelán en Castela ou Andalucía como en Arxentina, Bolivia ou Asturias pra aquelos que naceran con esta lingua.
Pero normalmente esta efeméride celebrámosla os falantes de linguas minorizadas (por moi reintegracionistas que nos póñamos, os falantes de galego-portugués de Angola non tein moito que celebrar nin reivindicar neste día, si os de Asturias e si os angolanos que non falan galego-portugués). Pero ademais, esta efeméride acaba sendo a da lingua materna e de adopción. Asina os que, por hache ou por be temos en Asturias el castelán como lingua materna, acabamos celebrándola ben dende el galego, ben dende el asturiano, ben dende as dúas, como linguas de adopción que son. Porque acaban sendo as linguas que usamos nel noso día a día e, aínda máis importante, acaban sendo as linguas coas que nos identificamos. Porque si, a lingua é, núa gran medida, un factor de identificación persoal e grupal.
E como identificador grupal cabe falar das linguas maternas nos colectivos, que non tein por que coincidir coas linguas maternas dos individuos. Porque del máis de millón de persoas que habitamos en Asturias estímase que namáis falamos asturiano úas 550.000 persoas (100.000 persoas como lingua materna, a primeira cifra paréceme un pouco inflada, xa que el a Wikipedia en asturiano da outros datos e el ALLA penso que fala de 300.000) e que namáis falamos galego úas 45.000 (diz Wikipedia, que a min paréceme un número inflado). Esto é, a maioría dos asturianos tein como lingua materna... el castelán. Pero con todo, aceptamos e entendemos que de ningún xeito el castelán é lingua materna de Asturias.
Cabe perguntarse como é posible que as linguas maternas de Asturias non señan a lingua materna da maioría dos asturianos, e a resposta témosla todos ben clara. El proceso de sustitución lingüística en Asturias foi tan intenso que a maioría dos asturianos perdeu a súa lingua. Asina, condo un asturiano, como eu, ten como lingua materna el castelán, trátase de un asturiano fillo e neto de asturianos (nel caso concreto) que tían como linguas maternas el asturiano e el galego. Asturianos que, por mil e úa razois, recuperan as linguas que non lles transmitiron, e que a nivel individual non son as súas linguas maternas, pero a nivel grupal si. Esto é, sen falar dende el berzo galego ou asturiano, sintímonos parte del corpus de galegofalantes ou de asturianofalantes (ou as dúas), nun proceso de naturalización dúa lingua que vai moito máis aló de aprender a falar úa lingua e ser capaz de desenvolverse nela con relativa facilidade, nun proceso que imprica fer túa úa lingua (nel meu caso dúas linguas) que por relación familiar, por relación xeográfica (afortunadamente non existe en Asturias ningún lugar onde non seña posible sintir úa das linguas propias de Asturias) e por amor á propia terra e a propia cultura (a pesar del proceso de aculturización que sufrimos sistemáticamente) nunca foi allea.
Con todo, penso que neste tipo de efemérides tampouco hai que esqueicer aos que naturalizan úa lingua que non sólo non é a materna estrictamente, senón que lles é del todo allea. Por caso, as personas que vendo de fora asumen el galego e/ou el asturiano como linguas propias.
Os falantes patrimoniales son moi importantes na reivindicación de colquera lingua, pero os neofalantes tamén lo son, especialmente naquelas linguas en serio retroceso, se non que lles pergunten aos falantes de córnico.
Asturias non é Cornualles, pra lo bon e pra lo malo. Pra lo bon, aquí as nosas linguas non morreron. Pra lo malo, non teño claro que se morreran mañá houbera úa masa de asturianos tan esfoutados en recuperalas como pasou col córnico. Pero en colquera caso, a revitalización lingüística del asturiano e tamén del galego de Asturias (sempre asumimos que a situación nel Eo-Navia é de boa salude, é nada máis lonxe da realidade) pasa por un lado porque a xente que xa non fala as nosas linguas (ben porque elos deixaran de falalas, ben porque deixaran de falalas pais e avolos) las recupere, e por outro lado porque xente que nunca tuvo as nosas linguas nel sou referente lingüístico las asuma como propias.
Porque, al contrario de lo que ben de veces se prantía nos nosos lemas, nos nosos discursos... el que falaban os nosos avolos pode ser moi importante, pero máis importante vai ser el que falen os nosos netos. Tamén os netos dos que non falan galego nin asturiano.
Nenhum comentário:
Postar um comentário