quinta-feira, 14 de maio de 2015

Proceso constituínte, motivos para el optimismo.

Nestos tempos que está tan de moda falar de procesos constituíntes cabe chamar el atención sobre a necesidade de definir que ou quen se constitui. Baxo a expresión un tanto pomposa moi ben de veces el que queda al descuberto é a demanda de reformar a Consitución española. Evidentemente que un Estado constitucional reforme a súa constitución non supón un proceso constituínte, senón úa reforma constitucional (polo demais en el Reino de España xa se abordaron varias reformas constuticionales, de maior ou menor calado, e está claro que úa reforma constitucional podería ser de fondo, é dicir, que podería abordar cuestiois fundamentales del ordenamento político del Estado). Pola contra, un proceso constituínte supón dotarse de Constitución ou constituírse (como Estado, por caso). A diferencia é que nel primeiro caso habería úas Cortes Xenerales que tomarían un texto base (a Constitución española) e reformarían máis ou menos (despóis esta reforma podería ser refrendada). Pola contra, un proceso constituínte impricaría a disolución das Cortes Xenerales, a creación de úas Cortes Constitucionales e a redacción (de cero) de úa Constitución nova.

Aclarada esta idea, que é e que significa un proceso constituínte para Asturias en clave soberanista? Por un llado poderíamos pensar nun proceso de independencia, onde Asturias se constituiría como Estado independente (dotándose, de cero, da súa propia Constitución e das instituciois al uso del colquera Estado independente). Resulta evidente que nel marco político asturiano non está a independencia del noso país, polo que condo dende el soberanismo falamos de un proceso constituínte, obviamente, nun estaríamos refiríndonos a eso. Un proceso constituínte asturiano non pode entenderse como úa maior asunción de competencias por parte del Principado (estaríamos falando entós de úa reforma estatutaria, que é importante e se fai urxente, pero que non é un proceso constituínte). Un proceso constituínte, en clave soberanista, non pode entenderse como un “seguir a onda” del proceso constituínte estatal, ainda sen definir. Un proceso constituínte asturiano en clave soberanista (e atrévome a dicir que en clave asturiana) vería a ser un proceso político, social, económico... e en definitiva, humano, pol que Asturias constitúise como axente político. Nun marco nel que as Autonomías poden ter máis ou menos competencias administrativas, pero nel que el suxeto político suposto é España (esta lóxica rómpese noutras Comunidades, pero non é el caso da nosa), Asturias vería a ser únicamente «un pedazo de España», sen maior personalidade propia que la que podan dar os cuatro tópicos que se nos poden vir a todos á cabeza. Pero sabemos que humananmente Asturias é moito máis que eso. Sabemos que hai úa identidade, úa realidade lingüística, cultural, idiosincrática, histórica... que fai de Asturias un territorio con personalidade propia. Un proceso constituínte asturiano sería, entós, llevar esta identidade propia al discurso político, á nosa propia construcción política. Constituirnos políticamente é, en definitiva, poer Asturias nel centro del mapa político e da nosa axenda. E malamente é esto daqué que se poda fer dende arriba. Os Concellos, as Parroquias, os llugares, os barrios... son imprescindibles para entender a construcción de úa Asturias realmente soberana, de un proceso constituínte da xente e para a xente, ou lo que é lo mesmo, para construir el poder popular que é imprescindible para que, de verdade, as cousas señan dende abaxo.




Un proceso constituínte, el noso, que ainda está por definir, por moitas razois (si, foron moitas as cousas que non se fixeron), pero que non está llonxe de definirse. Non está llonxe de definirse porque, de primeiras, hai úa voluntade moi clara de fello. As persoas que dende vai tantos anos llevan traballando en Asturias por un proxecto (cada quen el sou) de país tein a voluntade clara de traballar xuntos, de tender pontes, de construir un discurso colectivo... En definitiva, de fer país. Un proceso constituínte que ten moi boa traza por dúas razois; a primeira é que hai úa honestidade incuestionable, a xente que traballa por fer país ta disposta a dicir as cousas á cara, a discrepar dende a camaradería e a discutir, sen présas, sen acritude. A segunda é que hai un interés real de fer país e úa responsabilidade histórica enorme. Hai moita xente, coa que teño el honor de compartir espacios, que llevou alantre úa evolución política monumental porque comprendeu (e eso non é nada fácil) que colquera tipo de diferencia non podía quitarnos de fer país, e que non se pode fer país escruíndo a naide, nin autoescruíndose.
Un proceso constituínte, el noso, nel que teremos que poer sobre a mesa muitas cousas. Nel que haberá que falar de territorio, de cómo queremos ordenar ese territorio, de llinguas (das propias de estas terras, das que nos trouxeron de fóra, da que vein colos asturianos que vein de outras terras...), de feminismo (tamén para paisanos), de xénero, orientación sexual, de traballo, de ecoloxía, de símbolos, das relaciois con outros países, de economía, de xente nova, de xente vella, de adicciois, de deporte... de tantas e tantas cousas que convén non atropellarnos antias de tempo. Un proceso constituínte nel que, en definitiva, séñamos nosoutros mesmos os que póñamos enriba da mesa qué queremos.

Os Bloques Soberanistas son un bon exemplo del traballo en comuña del que falo. As llinias discursivas que ben de veces nos presentan organizaciois políticas como Conceyu Abiertu o Darréu, el aparición de un espacio como La Llegra, el bon rollo que vein tendo distintos centros sociales, a maior aceptación e naturalización de discursos netamente soberanistas en espacios que non formaban parte del chamado asturianismo político (quiciabes ese fora un gran error, el non entender a cantidade de espacios soberanistas que había fóra del asturianismo oficial) e, en definitiva, a constatación de úa serie de espacios políticos para el soberanismo de esquerdas e de úa serie de circunstancias que poden favorecer que estos espacios grilen poden fernos séremonos realmente optimistas.

Non se trata del optimismo fato del que asegura que todo vai ir ve porque todo ten que ir ben, pol mero desexo de que todo vaia ben. Trátase del optimismo pousado que pode ser constatado día a día.

Nese sentido, creo que hai moitas razois para séremonos prudentemente optimistas, para esfoutarse na xeira de abrir un proceso constituínte tanto para Asturias como para el movemento soberanista asturiano. Un proceso constituínte nel que se constitúa un movemento soberanista con un criterio e úas llinias de actuación unificados e, em definitiva, un proceso constituínte onde emprecipiemos a darnos voz a nosoutros mesmos e darlle voz a Asturias.





Nenhum comentário:

Postar um comentário