todas as lluces,
todos os ollos,
os meus ollos,
quen los botaría en falta?
Se non salira úa palabra máis
da mía gorxa,
del meu bolígrafo,
destas maos balleiras,
quen choraría por ellas?
Probablemente
naide.
* * *
Xesús alzóu a voz e berrou:
«Llázaro, érguete e anda!»
Palabras balleiras
de vidas balleiras,
balleiras coradas.
Pero Llázaro nunca andou.
Aínda menos mal.
Non tía ónde ir.
* * *
Inxectarse señardá
dos tempos que non foron
é,
probablemente,
el xeito máis fato
de suicidarse.
Querer soñar
sen abrir os ollos
é,
probablemente,
e xeito máis fato
de vivir.
Inxectarse e valor
para vivir realmente
é,
probablemente,
el xeito máis heroico
de morrer.
Quiciabes
feliz.
* * *
«algunes llàgrimes han difuminat les lletres de velles cartes que repassaves».
Autoodi - Foscor (Brams, Aldea Global)
Ás veces,
ás veces demasiadas veces,
teño señardá infinita
de lo que tu
(tu
todos os tus
tu)
e eu puidimos fer.
Del que puiden ser
xunta ti
(ti
todos os tis,
xunta ti).
Ás veces,
ás veces demasiadas veces,
teño señardá de ti.
Outras veces,
son infinitamente máis estas veces,
teño señardá de min.
Ás veces búscome
e non soi quen a atoparme
senón en ti
(en ti
en todos os tis,
en ti).
Mal coñazo condo non te atopo.
Mal coñazo condo me atopo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário