quinta-feira, 18 de fevereiro de 2016

Pero que merda é esta?

Que cárcele é esta
sin barrotes nin guardiais?
Que cárcele é esta
da que naide quer salir?
Que cárcele é esta
que enzarra corazois
nun mundo de corpos ceives
de mentes secas?

Pra que son as tapias dos cementerios
se naide quer salir
se naide pode entrar?
Que camposanto é este
que se está mellor dentro que fora?

Que palabras son estas
que non dicen?
Que silencios son estos
que non calan 
e morden feroces
nas carnes dos homes?

Que perguntas son estas
sen respostas
nun mundo que responde
al que nada me importa?

Que merda é esta
que non se arregla
nin con versos
nin con balas.

domingo, 14 de fevereiro de 2016

Terrorista.

Salir ás rúas baleiras
esquivando xente opaca
de sonrisos falsos,
corazois de pega.

Salir ás rúas baleiras
a deixar que el mundo
te meta outra volta
úa hostia na puta cara.

Espertar,
día si,
día tamén.
Espertar nun mundo escuro.
Eso
é terrorismo.

Coches bomba volando centros comerciales.
Úa inmolación
en sagrado holocausto
e el ruído del meu kalasnikov
recargando balas
ente tanto sangre.
Eso
é namais poesía.

14 de febreiro.

E que imos celebrar hoi?
Neste día mouro nel que
cautivos e desarmados,
derrotados por calellas sin destino
perdimos os nosos últimos obxectivos.

E que imos celebrar hoi?
Senón as nosas derrotas e miserias
entre tanto desfile victorioso
dos vencedores desta guerra
que é quererte?

E qué imos celebrar nós?
Senón as soledades dos nosos días
e úa promesa nel aire,
nunca cumprida,
de ter victorias que celebrar?

E qué imos celebrar nós?
Se a golpe de kalasnikov
quixéramos matar a todos os que celebran
as victorias del Corte Inglés
sobre us corazois grises.
Grises como pra deixar que lles digan
cónto costa el amor que habría queimarlles as coradas
como se fora a mesma soledá.

sexta-feira, 12 de fevereiro de 2016

Ojti.

E que non me teñas medo.
E que non esquiven os tous ollos
os ollos meus.

E que os sentimentos nobres 
                                            limpos
                                                      sinceiros
non señan úa razón
pra abrir mares
                       distancias
                                      desertos
entre tu e eu.
E que pódamos ser irmaos,
sin dobres intenciois,
sin enganos.

E que non me teñas medo
e poda verte como a úa irmá.
E podas verme
como a un irmao.

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2016

Fat al wa9t.

Un delos dixo: "Conto tempo pensan que quedamos aquí?" Responderon: "Quedamos un día ou parte dun día". Dixeron: El noso Señor sabe mellor conto tempo permanecimos".
        Corán 18:19.

¿Qué nos pasó?, pasónos el tiempu per enriba, güei nun tragamos nin saliva. 
        Dixebra ¿Qué nos pasó?


Fat al wa9t
xa pasou el tempo,
e pasoume porriba.
A quen podera sorprender?
Fat al wa9t
xa pasou el tempo
tornado inclemente
                              incompasivo
                                                  inmesericorde
como tou
               meu Deus
vengativo.

Fat al wa9t
por sempre,
sin volta.

Sin volta penetra a caxa
nel nicho aberto.
Sin volta
nin máis ruído
que el choramicar xordo
dun corpo xa sin ánima.

terça-feira, 9 de fevereiro de 2016

Queima nena queima.

Quen vai zarrar os meus ollos
condo cansen de ver?

Quen vai zarrar os tous ollos
de cristal?

E os dous imos arder nel Inferno
como a vasoira núa incineradora,
cada quen el que merez.

Imos vernos
nel Inferno.
Imos vernos
e has chorar.
Todas as mentiras,
os silencios ensaiados,
as palabras baleiras
has chorar.

Queima nena queima,
porque vas arder
na eternidá del Caldeiro.
Daqué bon tía que ter
el descenso al Aberno.
Vai pagar a pena
se vexo al Demo esfollarte
como a un conexo.

Cago en mi madre.

Cago en mi madre: Expresión que se usa pra mostrar sorpresa por daqué.


Cago en mi madre,
al final el mundo non vai ser tan escuro
anque non me alumes tu,
todo ollos,
todo labios,
todo chuchos
sempre pra outro,
nunca pra min.

Cago en mi madre,
al final el mundo
vai ser a luz da inocencia,
dos ollos abertos
aos versos inacabados
deste andar perdido.

Cago en mi madre,
al final vou sonrir
nun trozo de papel
escrito pola inocencia nena
das maos novas.

Cago en mi madre,
quen mo iba dicir.