terça-feira, 9 de fevereiro de 2016

[sen título]

Arráncalle todo el amor aos ollos,
todas as soledades aos versos,
todas as pasiois aos xenitales
secos
        estériles
                    orfos.

Arráncalle todos os días á vida,
toda a vida aos soños
das noites de insomnio.

Arráncalles ás coradas
todo sentir morto
e chora sonrisos,
que mañá 
ha ser outro día
pra verquer todo el sangre
nun novo engano.

Que a vida é andar
e aínda non estamos mortos.

segunda-feira, 8 de fevereiro de 2016

Dina.

Sempre
           Sempre
                       Sempre
podo contar coel tou sonriso,
mesmo condo hasta el célo mouro
chora ácido.
Sempre
           Sempre
                      Sempre
úa luz de inocencia brilla
ente tanta escuridá
nel faro dos tous ollos.

sábado, 6 de fevereiro de 2016

Polvo.

Quen vai zarrar meus ollos
condo xa cansen de ver?
Quen vai pousar a súa mao pequena
na mía cara?
Quen vai procurarme descanso
nas súas oraciois?

E hai tantos Deuses aos que rezar!
Quen vai darme sepultura
e chamarme padre?

A túa muller e fillos
non te esqueicen
non vai brillar en letras de prata
embaxo del meu nome calado.

Non me chamedes.
Non me chamedes pol meu nome.
Pra que quero eu un nome
sin letras de prata.

sexta-feira, 5 de fevereiro de 2016

Non, non somos ánxeles.

             No somos ángeles,
             ni Santos.

Daría un brazo,
este coel que choro versos,
por ser 
nin un Santo
nin un ánxel,
namáis un paisano.
Un paisano
                paisano.

Desos que se visten polos pes,
salen da casa al amaicer
e volven envoltos na noite
a chuchar á filla na frente dormida
e sentir el calor da muller na cama.
Un paisano
                paisano.

De maos fortes,
fortes brazos
e chuchos apaixonados.

Pero tocoume en sorte
ser aprendiz de ánxel,
Santo amateur
desos que fain cereixolada
pra ver el sonriso neno
dos xigantes que me levan,
bendito milagre,
aos Célos xunta Deus Padre.

Non somos Santos,
namáis homes.
Pero que duro é ser solo home,
home solo,
carne e polvo.

quarta-feira, 3 de fevereiro de 2016

Atolar.

Paretz blancas,
batas blancas
y ixa frase que retumba na mia cabeza.

Prau, Paretz crebadas. 


Dar en tolo dúa puta vez.
Polo menos que daquén lle poda poñer nome
a esta necesidá famenta
de arrancarme as coradas
e botarllas de comer aos cochos.

Dar en tolo dúa puta vez.
E que me enzarren ben fondo,
onde non me alcance el mundo
que manca
e traba feroz nas carnes.

Dar en tolo dúa puta vez.
E que me atiborren a drogas
desas que atontan aos desequilibrados
pra que el soñar desperto
deixe de torturarme fatamente.

Dar en tolo dúa puta vez.
E repetir eternamente
a mesma puta frase,
a mesma puta palabra,
como úa marmota.

Dar en tolo dúa puta vez.
E poder arrancarme as coradas
sangrantes
recubertas de lágrimas,
putrefactas.
E botarllas de comer aos cochos.

Os mendigos.

A verdá,
impórtame ben pouco
se estás inventando
toda esa vida fascinante,
todas esas necesidades sangrantes
(ás veces é tan noxento el mundo).
Se todo form parte deste negocio,
se deste negocio,
                          cousas del oficio,
forman parte os tous sonrisos
e esa fala incesante,
modulada,
que acaricia dulcemente el meu ouguido.

Esa fala incesante,
quiciabes pra matar el silencio,
a violencia
da probeza,
ou pra matar
el atronador ruído
dos meus medos miserables golpiandome nel peto.
Quiciabes chegan os berros das coradas mías
aos tous ouguidos.

Non me importa úa merda
conto hai de verdá
nesta fala desigual e,
moi al meu pesar,
xerárquica
entre dous desconlcidos.

Impórtame ben pouco
desque tou sonriso
abraza dulcemente
a este neno perdido
nas rúas frías
                     baleiras
                                  hostiles
e,
con todo, máis amables que el cuarto propio.

quarta-feira, 20 de janeiro de 2016

Rezade por min.

A Mònica, a Halima, porque falar de Deus con vosoutras
faime que non morran todas as mías esperanzas de que a
morte non seña máis que un soño.



«¡Ay Antoñito el Camborio
digno de una Emperatriz!
Acuérdate de la Virgen
porque te vas a morir».
(F. García Lorca, "Muerte de Antoñito el Camborio", Romancero Gitano)

 Banda sonora, Marcha d'Antón el neñu.



Condo por fin os meus ollos
maten a luz del mundo al meu alma,
condo el meu último suspiro
recorde todos os nomes que me fixeron chorar,
vivir,
morrer,
respirar,
condo non seña máis que carne podrecendo
(xa lo soi)
rezade por min.

Rezade por min,
vosoutras,
que Deus nada vos pode negar.
Rezade por min
que Deus non pode ter ouguidos
pral máis blasfemo de todos os homes
e a min non me ha de escoitar.

Rezade por min,
vosoutras,
que sodes fe
onde eu soi duda,
que sodes seguridá
onde eu soi medo,
que sodes Deus
onde eu soi Demo.

Rezade por min
condo os meus ollos,
cansos de chorar por nada,
vexan baleiras as concas.

Rezade por min
condo me dean lume e seña polvo
e soe por min úa gaita fúnebre,
e volva á nada.

Condo teña que sentarme nel banco
a ouguir sentencia,
a recibir segura condena,
rezade por min.

Condo se axusten as contas,
condo xa nada quede,
rezade por min,
que Deus non ha fer ouguidos xordos
á dulzura das vosas plegarias.