segunda-feira, 9 de fevereiro de 2015

Carta del que soi á que é.

Mui querida amiga:

Váleme un mundo que sepas,
valeríame se namáis lo barruntaras,
que esisto.
Que aquí tou.
Valeríame muito máis
se barruntaras que soi.
Porque tou
pero, porriba de todo,
soi.

Soi eu.
Soi hoi.
Hoi soi eu,
que é un xeito de dicir
que hoi soi tu.

Os tous oios son infinitos de penumbra
insondables
a os meus oios  fugaces de tristura.
Os tous oios son profundos
como os tous silencios,
i os meus oios,
os meus
son de silencio,
como as palabras que escribo,
las que nun digo
por medo.
Medo a atopar ouguidos xordos
como os meus xordos llamentos.

Esas palabras nas que eyaculo
todo el medo que llevo dentro.
Esos silencios colos que me falas
de toda a forza túa que me afoga
de alegría.

Soi i nun tou.
Taría sendo tou.
Quen sabe.
Quen sabe
se es porque soi.
Quen sabe se tas
i soi eu, que nun soi
quen a vello.

I aquí tou,
sempre tou,
tou sempre.

Sempre tou;
el que eu soi,
Moisés.

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2015

Que fato que soi.

Pra ti, que anque che escribo (anque te escribo) ben sei que nun me lles.


«E fico a pensar
que mundo tan parvo
onde para ser escravo é preciso estudar.
Sou a geração em casinha dos pais,
se já tenho tudo, para que querer mais».

                        Deolida, Parva que sou.


Únde quedaron aquellos mozos tollos?
Únde quedaron aquellos soños rotos?
Aquellos soños de xente ceive
que quería ser llibre.
De xente que pensaba ser llibre
i nun taba nin ceive.

Aquellas maos al aire,
aquel desasosego dos naide,
aquel querer todo,
aquel querer tollo.

Soi da xeración sin remuneración.
Aquella que estudia prá escravitú.
Aquella que berrou con emoción
pol sou dereto inalienable
                                          indiscutible
                                                            incombustible
de ser llibres pra casar i procrear
como lo foron as madres i as volas.
De ter llibertá a fartar
pra comulgar con rodas de molín,
sin farina nin molieira
pero con chapas de caldeira na faltriqueira,
como colquera fiio de vecín.

Saliamos todos á calle!
Úrxe fer a revolución dos coches,
das vacaciois ben llonxe i dos broches!
Como non, dos ifones pra tuitear cada detalle
de esta imparable revolución
que nos trae novas ideas,
anque cheiren a veias.
Das ideas de caxón.

Queremos fiios i marido,
que pra daqué somos muieres.
I darïe al mundo todo el sentido
que ten cumprir colos nosos deberes.

Os nosos deberes.

Os nosos deberes.

Os nosos deberes.

Faite un home, ten fiios, failos medrar, bótalos al mundo i morre

morre

morre

morre.

Que naide te aparte del tou maior soño, del tou destino de llibertá:

Pagar as lletras de un bon coche.



PD: Porriba de todo, nun penses en soñar con daqué distinto al que teis que soñar.

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Sonrisa.

Se eu soubesse que morrendo
tu me habias de chorar,
por uma lágrima,
por uma lágrima tua,
que alegria
me deixaria matar
Fado portugués.


Se eu soubese que morrendo
tu habías de sonrir,
por úa sonrisa,
por úa sonrisa túa
qué alegría!
deixaríame matar.

Se eu soubese que marchando
alló ben llonxe,
á terra de naide
                         á terra dos naide
                                                    á terra del esqueizo
habían de enalar na túa gorxa
mil i úa gargaiadas,
alegres paxarellas
por úa risada,
por úa risada túa,
qué alegría
unde xela el Inferno
deixaríame llevar.

Non, nun quero eu,
que vou querer!
ver nin úa llágrima
baxando por min nos tous papos.
Nun quixera ver colorados
os oios de célo nubrado
misterioso
                radiante
                             opaco.

Se eu soubese que morrendo
tu me ibas a chorar,
por úa llágrima,
por úa llágrima túa,
qué agonía!
volvería despertar.

segunda-feira, 12 de janeiro de 2015

Asturianos.


Col atentado contra Charlie Hebdo muitos franceses pergúntanse por un llado polla súa seguridá i pol outro polla integración da población musulmana na República. I con ello, polla integración dos inmigrantes na República. I con ello polla integración dos inmigrantes de segunda, terceira i cuarta xeración na República. 

I, polo que vexo nas redes sociales en España muita xente se fai a mesma pergunta. I en Asturias tamén, mesmo dende entornos asturianistas ou mesmo soberanistas pode xurdir, i parece que en dalgús casos xurde, a pergunta, cómo integramos a os inmigrantes de primeira, segunda, terceira ou cuarta xeración? I eu nun podo deixar a pergunta ei, sen darme cunta de todo lo que ello imprica (con úa voluntá esplícita ou non, eso é outro tema). Asina que empricipiemos pol principio, polo básico. Qué é un inmigrante? A pergunta parece estúpida, pero pra nada lo é. Un inmigrante, parece claro, é, diznos el diccionario, úa persona que «inmigra ou inmigrou recentemente», entendendo inmigrar como «entrar nun país estranxeiro co fin de establecerse nel». Esto é, un inmigrante é, por definición, úa persona que se move de un llugar a outro. Agora a pergunta é... Cómo se pode ser un inmigrante de segunda xeración? Porque, poñamos por caso, se meus pais veron a Asturias dende Senegal, inmigraron, pero se eu xa nacín en Asturias... Cómo pode ser inmigrante daquén que naceu aquí? I se en cunta de inmigrar os meus pais fixéronlo os meus volos? I se foron os meus bisvolos? Porque ser inmigrante de segunda xeración é compricado, pero sello de terceira, cuarta ou quinta xeración inda parece máis raro. 

Mesmo xente que nun naceu en Asturias pero que veu aquí xa de mui pequena... Son inmigrantes en algúa forma? Pode ser inmigrante daquén que nun conoce máis país que este? I os fiios adoptados por pais asturianos? Ese Xuaco i esa Gadía que adoptan úa nena en China, un nenín nel Congo i ie poin Xabiel ou Palomba? (ou Kevin ou Jennifer, qué máis dá), son asturianos? 

Parece que a maioría de nosoutros aseveraría que son asturianos i que el asturianía nun ta nel color da peleia... Pero dudaría máis dos fiios de esa familia senegalesa, rumana ou marroquía. I é que tal parece que os asturianos poden ser mouros, pero xa eso de rezarïe a Alá... I non, este tipo de posturas nun las defende namáis ese asturiano conservador i católico, el ateo de esquerdas tamén parece ter reparos. 

I el asturianismo se pergunta se mañá en Asturias poden ser un problema i cómo podemos integrallos... Digo eu que quizáis el primeiro paso pra integrallos é nun vellos como outra cousa, asumir sen problemas que son asturianos i que forman parte da sociedá asturiana, i del mesmo xeito que naide pretende integrar a daquén de Cangas, de Morcín ou da Veiga, haberá que pensar del mesmo xeito hacia as personas que son de Parres, de Cangas, de Morcín ou da Veiga, por mais que el sou color de peleia nun se corresponda col que esperábamos topar en Parres, en Cangas, en Morcín ou na Veiga, por máis que teñan nomes que nun señan os máis usuales en Parres, Cangas, Morcín ou a Veiga, ou por máis que ie recen a un dios al que nunca primeiro se ie rezara en este país (polo demáis, nun teño eu ningún interés en que ie recen a ningún dios, pero tampouco me xenera ningún tipo de prexuicio nin de problema que mañá llevanten en Muías úa mezquita). 

Xa lo dixera Dixebra, y xa lo cantamos todos, «somos toos indios de la mesma tierra», pero, como diría Orwell, us máis que outros, porque mentres que parece que us lo son por dereto propio outros tein que esforzarse en demostrar que lo son, en demostrar que nun son un problema, que nun son conflictivos i que nun van matarnos a todos. 

I é que condo toca sacar as bandeiras nacionales á calle a meior forma de fer país igual é deixándolas en casa. Condo toca fer país, a lo meior temos que ter mui mui claro qué tipo de país queremos fer i quen é parte de él.

quinta-feira, 8 de janeiro de 2015

Prestábame.

Prestábame valtar toles muries
que puedan medrar ente tu y yo.
Prestábame contar tolos díes
qu'hai a la to piel.

Prestábame que nun hubiere palabres
en tolos llabios del mundu,
namás aliendu
de to boca a les mios coraes.

Prestábame que nun hubiere distancia
que percorrer
ente tu y yo.

Pero haila.
Por eso prestábame percorrela.
Llegar.
Algamate.

quarta-feira, 24 de dezembro de 2014

Navidá.

Todos os poblos de Europa (i de outras partes del mundo, en ben de casos tras a colonización europea) tein marcado nel sou almanaque a Navidá (ou Nadal, que dos dous xeitos se conoce en Asturias, seña en gallego ou en asturiano, esta festividá). El noso non é menos, i naturalmente a Navidá forma parte de a nosa realidá cultural. Forma parte da nosa realidá cultural porque, gústenos máis ou menos, somos un poblo de fortes raigaños cristianos (independentemente de que despois séñamos úa sociedá máis ou menos laica ou de que cada ún de nosoutros seña máis ou menos creiente, agnóstico ou ateo), i tamén pola mesma cultura precristiana que supón en maior ou menor midida (non vou eu a poerme esencialista) un nexo de unión dos poblos europeos (i é que non fai falta poerse especialmente esencialista pra aceptar que os poblos de Europa temos un nexo civilizatorio común que pode estenderse máis pra alló de Europa).

Vai pouco David Guardado escribía un artículo en La Nueva España, sobre el nataliegu (desconozo qué nome tería esta tradición nel Eo-Navia, anque faise difícil pensar que aquí non esistira, habería que fer trabaio de campo sobre este tema na nosa terra). Desconozo todo lo relativo a esta tradición nel Eo-Navia como desconozo outras tradiciois navideñas (fálase en outras partes del mundo de personaxes a lo Papá Noel como el Apalpabarrigas, L'Anguleiru, el Olentzero... i desconozo se a tradición popular nos diz daqué de esto nel Eo-Navia). Tradiciois que ben de veces reinvéntanse. Fala David Guardado nel sou artículo (que aproveto pra dicir que me pareceu mui interesante i prestoume llello) da reinterpretación del Olentzero, que pasaría de ser un tronco que caga llambionadas a ser un señor que reparte regalos, «que dende la primer metá del sieglu XX popularizóse como una alternativa autóctona a Papá Noel». Úa alternativa que, en non poucas ocasiois, ten úa llectura política, como el Apalpabarrigas o L'Anguleiru, ou como a reivindicación dos Reis Magos como lo de noso frente al Papá Noel americano (sen caer que, xa de mao, el nome que se ie dá en gallego, como en español, ven del francés, frente al nome estadounidense Santa Klaus).

I é que el de noso non en poucas ocasiois lleva úa bandeiría nacional da mao... El que naide parece cuestionar i pral que non parece necesitarse alternativa é el caracter profundamente comercial de todo esto. Querse dicir, aquí lo noso pral que xiringa a bandeira española son os Reis Magos, i el Papá Noel é úa ofensa al ser patrio (sen entrar a prantearse que podan esistir na peleia de boi outras tradiciois como as que tamos comentando). Pral que xiringa a asturiana lo de noso ha ser L'Anguleiru (i xa hasta teño visto adaptaciois que pretenden figurar un anguleiru remontando el Nalón i, despois, el Narcea pra poder chegar ás terras de Tinéu a repartir regalos... nun recordo en qué relato pra nenos lo vin, pero vinlo, pretendendo panasturianizar úa figura que, polla súa propia naturaleza é marineira), del mesmo modo que pral que xiringa a bandeira gallega el Apalpabarrigas será lo de noso. Non falta el cosmopolita que reivindica el Santa Klaus (pra qué castellanizallo/galleguizallo chamándolo Papá Noel, que somos cosmopolitas i falamos en inglés) que reivindica un aprecio polas culturas del mundo... i que en consecuencia ta pensando na Navidá xa dende el primeiro día de Acción de Gracias (cosmopolitas somos, á metrópoli imperial miramos).

Pero... Que imprica reivindicar lo de noso? Mui fácil, reivindicar lo de noso imprica querer ter al Santa/Reis Magos/Anguleiru/Apalpabarrigas/Olontzero... nel centro comercial de turno, repartindo entre os nenos os xuguetes de moda, colgando en forma de peluche das ventás... (por certo, a quen rediós se ie ocurriu el horterada tan de moda de us anos pra acó del manto del Neno Xesús nas ventás?), en definitiva, reivindicar lo de noso non deixa de ser úa manera de xenerar un producto de consumo máis pra un público específico (que es cosmopaleto? consume Santa Klaus, que es máis español que a cabra da Llexón nun concerto de Isabel Pantoja con úa camiseta da Iniesta? consume Reis Magos. Que namáis erguerte sólo pensas en llevantar pedras? Olontzero é a túa opción. Se te baxas el himno de Asturias tocado por Xuacu Amieva de politono, sen duda L'Anguleiru poderá remontar os ríos hasta A Estierna se fai falta. Que teis un póster de Seivane na parede i acosas por Twitter a Carlos Núñez? El propio Beiras vendrá a túa casa a apalparche a barriga mentres durmes. A cousa é que coias daqué que é lo máis anti-comercial pra poder mercallo (se hasta el Che i Camarón se parecen estampados en úa camiseta, que máis dá?).


I a cousa é que eu gosto muito da Navidá. Gosto de tar en casa, colos meus (si, eso fáigolo todo el ano), gosto de esas noites que amanecen xugando ás cartas i teño esta festividá apuntada nel meu almanaque cultural (que pra daqué teño os meus raigaños culturales nese sincretismo cultural que se deu condo el nacemento del Rei dos Xudíos se sobrepuso sobre el Nacemento del Sol Invicto ou Saturnalia i estos sobre el Solsticio de Inverno). Pero non, non gosto nada de esas colas interminables nos centros comerciales, de esa obrigación de fer regalos (que se note que son caros ou que non se note que son baratos), en definitiva, non me gusta nada que as nosas tradiciois acaben sendo, sen máis, un obxecto de consumo, un obxecto de escaparate i de exotismo autocomplacente.

Non sei, quizabes seña eu mui raro, pero prefiro ver un tronco de carbaio queimando na cocía i servindo de finxo prá lleña del ano ou úas foias de acevro á porta que un anguleiru made in Taiwan colgando da ventá. 

En colquera caso, celebrédeslas como las celebredes, deséovos felices festas, bon Nadal i un miior ano novo.


quarta-feira, 10 de dezembro de 2014

Delantre dos oios.

«O querubim gostou de ver aquele sonriso. No céu também se sorria muito, mas sempre seraficamente e com uma ligeira expressão de contrariedade».
(José Saramago, Caim).
«Nun teño intención d'entar
nel tou reino dos cielos;
pol resto, eu xa sei
únde queda el inferno».
 (María José Fraga, Terra de Pataricos).


Unde foi que posou el ánxel
aquella tremorosa mao
senón nas túas tetas?

I ver a túa sonrisa
i todo el que oculta;
el que guardan os tous oios,
el que guardan a os meus oios
el que se esculca
i non se divisa.

 I sentirte tan llonxe
como a min mesmo me sinto.
I sentirte tan cerca,
apertando meu corpo como un cinto,
el que amarra meus calzóis
pra que non caigan,
pra que non faigan
que boten a volar as pasiois.


Unde foi que posou el ánxel
aquellos tremorosos oios
senón foi en ti?

Será que aquel que dixo
«A lluz seña feita»
nunca foi?
Será que si que foi
el que te quixo
xunta min, dereta?
Será que hei vagar eu sin descanso
como vagou el probe Caín?
será que tamén llevo a morte en min?
Ou pode que acorde de este disenso?


Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa llingua
senón nos tous llabios?

I non me importa.
Si el que dixo «señan todas as frores»
esistiu ou nunca foi.
I nun me importa
porque todas as frores sodes hoi.
I el tou arume espárdese como por folles
de úas gaitas que soan tremorosas
anunciando úa morte segura
i quen sabe se a tortura
de morrer nas terras pantanosas
que tán llonxe dos tous brazos atentos,
dos tous chuchos apasionados,
país de castellos, dragois i portentos
del que quen sabe se tou xa desterrado.


Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa palabra
senón nel tou sexo?

I hei migrar al Oeste,
i hei de atopar os tous oios.
I hei correr hacia el Leste
i hanme alcanzar os tous chuchos.
I hei beber da túa llingua
                                         da túa frente
                                                             del tou peto.


I hei de saciarme nel tou sexo, beber todo el augua que hasta ei chega, correndo por todo el tou corpo, dende el manantial dos tous oios

llimpios.