segunda-feira, 22 de agosto de 2011

Por colquer medio necesario.



Quando eu sou tratado criminosamente, esse criminoso não tem direito de dizer como devo me livrar dele

Malcolm X
http://www.youtube.com/watch?v=2x8KgPf8Pq0&NR=1

A chegada del papa Benedicto XVI a Madrid parece ser a escusa perfecta pra establecer un estado policial unde se supuía qu'había un estado de dereto. Al calor d'úa serie de manifestacióis laicistas, dos acampados nas Xornadas Mundiales da Mocedá católica, da visita del xefe de estado del Estado Ciudá del Vaticano y dirixente máximo del catolicismo, dellos nembros del Corpo Nacional de Policía (desconozo se col apoyo ou non dos sous superiores, tanto policiales como políticos) prefiren comportarse como matóis en cunta de fello como policías, a xuicio de lo que se pode ver neste vídeo, unde úa parexa que camina pola caye (parece que volvían d'úa mani) é agredida sen mediar palabra. De paso, un periodista que cubre el suceso é tamén agredido (supuemos que nun é políticamente correcto retratar os abusos policiales).

www.youtube.com/watch?v=9zJCgUu5mtE

Despós de comprobar nel principal foro d'internet d'España pra policías os apoyos masivos a este tipo d'actuacióis, imaxino que máis d'un policía, y en especial os antidisturbios, se verán reflexados nel proceder del sou compañeiro. Resulta imposible esqueicer as palabras del activista negro Malcolm X condo dicía «se un can morde a un negro, el negro debe matar al can, seña este un can de policía ou un can de caza. Tamén se é un can de dúas patas, que xoga al can con él». Non, nun tamos dende aquí chamando á lluita armada (que nun nos zarren tan pronto el blogue, que será pouca cousa, peró xa ye tomamos cariño), tamos reivindicando el xusto dereto al autodefensa. Nun estado normal, é el Goberno, a través dos corpos policiales, el que garantiza a integridá física dos ciudadanos. ¿Peró qué pasa condo son os corpos policiales os qu'atentan contra a integridá física da xente? ¿Qué pasa condo ser policía val d'escusa pr'apalear a dous mozos que van pola caye y a un periodista que se atravesa pol medio? ¿Qué pasa condo é a policía municipal la qu'apalea a un mozo por vender cedés y, por qué callallo, por ser negro?

Os medios de comunicación, us máis qu'outros, pretenden asustarnos y meternos medo, falan con desprecio dos perroflautas (a lo primeiro perroflautas eran os acampados na Plaza del Sol, na Plaça Catalunya, na Escandalera, na Praza do Obradoiro... agora xa son perroflautas os que participan en manifestacióis laicas, y ben pronto veremos como a espresión s'estende pra todos os que nun creamos nesa España Una, Grande y Libre, digo, constitucional y plural. Y non, nun veremos violencia policial nos barrios de xente ben, nin veremos á policía cargar contra muyeres d'abrigo de bisón y homes de traxe. Imos vellos, ¡sorpresa!, cargando contra xente de clase trabayadora, de clase baxa, estudiantes, xente nova, inmigrantes, prostitutas... Y imos vellos, como nel vídeo, féndolo de forma indiscriminada y brutal (por certo, mirade cómo el policía, ante a duda, pergunta se son pelegríos y los deixa pasar, mentres á moza ye cuten porque sí).

Ésta é úa situación que, a xulgar polas reaccióis de policías nos sous foros, y á inactividá dos responsables políticos, vei repetirse. Y ún nun pode esqueicer os disturbios de Londres, emprincipiados pola morte a maos da Policía británica d'un mozo d'estrarradio, negro, visualizándose a violencia racial por parte da Policía. Y ser negro nun é solo ter un color de pel (daquén dicía qu'Obama nun é negro, é un branco de color negro), ser negro é úa situación, un estatus social, un rol social. Y se pensan tratarnos como negros igual tein que recordar el que dicía Malcolm X:

Eles sentem que estão num Estado policial. Eles se tornan hostis à polícia. Eles sentem que a polícia está contra eles. E esses pensamentos, frustrações e apreensões fazem os negros buscarem meios de se defenderem caso a polícia passe demais do límite.


segunda-feira, 27 de junho de 2011

Teoria geral do ex-amigo (Pedro Mexia)

Vei xa algún tempo que vin nel Facebook d'úa amiga un artículo mui curioso del diario portugués Público, firmado por Pedro Mexia y titulado «Teoria geral do ex-amigo». Por distintas razóis este artículo, que xa nel sou día me parecéu mui interesante, hoi téñolo máis presente que nunca, y penso que, a falta del qu'eu poda dicir sobre os ex-amigos, as palabras de Pedro Mexia son sin duda máis interesantes qu'as mías.

Chócame, con todo, el apreciación que fai sobre Podhoretz al considerar que romper úa amistá por discordancias políticas é daqué atípico. Entre toda a xente que, d'ún xeito ou outro participa en política, creo que nun conozo a naide que nun perdera ún ou varios amigos por discordancias ou por praxis políticas confrontadas. En colquer caso, coincido con Mexia condo dice qu'el que realmente nun soportan as amistades son as traicióis, os enganos y as ausencias.







A amizade é uma esperiência mais frequente que o amor, mas todos os dias ouvimos histórias sobre ex-maridos e ex-namoradas, ao passo que pouca gente fala dos ex-amigos. E ao nosso lado há amizades que acabam, como uma implosião de um edifício em ruínas, estrépito abafado e uma grande nuvem de pó. Disso fica apenas um grande silêncio.

As pessoas não gostam de reconhecer que a amizade é um laço frágil. A mitologia diz que os amigos são indestrutíveis e eternos. Há por isso um grau de decepção no fim de uma amizada que cobre de vergonha os envolvidos. Uma paixão amorosa está umbilicalmente ligada a dimensões mais superficiais e passageiras, como o aspecto físico ou o desejo sexual. Quando o amor acaba a tragédia é minimizada porque já sabíamos que "o amor acaba". O fim de uma amizade é uma surpresa mais chocante. Quando uma amizade acaba temos que reconhecer, contrariados, que a amizade, como o amor, é uma eternidade fraudulenta.

Norman Podhoretz escreveu uma curiosa biografia chamada Ex-Friends (2000), em que explica como se zangou com todos os seus amigos do meio intelectual americano. No caso de Podhoretz, as amizadas terminaran por discordâncias políticas. Creio que é um motivo atípico. A amizade suporta bem opiniões divergentes. Eis o que uma amizada não aguenta: deslealtades, traições, aunsências, crueldades, competições, impiedades. Já passei por algumas rupturas violentas, e sei que as amizades acaba porque pomos em causa o carácter do amigo (e ele o nosso). Reparem que não me refiro a amizades que se desvanecem, à intensidade que dismunui, as pessoas coas que vamos perdendo contacto aos poucos, sem premiditação, só porque mudaram os nossos hábitos ou as nossas circunstâncias. De tempos a tempos, todos temos amigos dos que já não somos amigos. Mas isso é muito diferente de um ex-amigo.

Um ex-amigo é alguém a quem um dia entregamos as chaves todas que tínhamos. Teve acceso total às nossas ideias e emoções. Um ex-amigo foi sempre um amigo íntimo. É isso o que explica o decoro antiquado com que evitamos o assunto. O ex-amigo representa um juízo ético errado. É uma mancha humana. Um momento em que nos enganamos completamente sobre a humanidade, ou sobre um humano en concreto. É fácil dicermos "eu achava que estaba apaixoado" e garantimos que confundimos o amor com uns olhos azuis. Mas com um amigo, que é um peixe de águas profundas, não temos essa desculpa. Quem é que diz "eu achava que era amigo de ele"? O fim de uma paixão revela um erro comum. O fim de uma amizade é um erro pessoal, sem direito a perguntas.

O ex-amigo nunca nos é indiferente. Uma das minhas regras sagradas é que nunca digo mal de um ex-amigo. Isso é tanto mais estranho quanto sou capaz de dizer mal de um amigo, em casos graves. Mas um ex-amigo é como uma investigação policial inconclusiva. É um caso arquivado por desitência e que pesa na consciência. Se eu criticasse um ex-amigo é como se ele ainda fose meu amigo. E isso seria uma sensação incómoda. Ao mesmo tempo, o ex-amigo não é esactamente un inimigo. É um fantasma, uma assombração de que nos lembramos sempre, como lembramos as mulheres que amamos. O amigo entrou na Cidade Proibida e agora não nos perdoamos que ele tenha visto os leões e os archeiros. Quando nos arrepentimos de uma intimidade sexual, deitamos as culpas para a locura temporária que é o desejo. Más nunca perdoamos o entusiasmo lúcido com que fizemos um amigo e despois o perdemos. Não estamos sequer arrepentidos: estamos tristes com uma tristeza mais suportavel e mais duraroura que a tristeza amorosa.


Quando nos cruzamos com un ex-amigo e não nos cumprimentamos, pesa no coração o logro que é a fraternidade. Sem a qual a igualdade e a liberdade afinal não valen nada.


sábado, 25 de junho de 2011

Manifesto zapatista.



Nun morrerá a flor da palabra. Poderá morrer el rostro oculto de quen la noma hoi, peró a palabra que veu dende el fondo da historia y da terra xa nun poderá ser arrancada pola soberbia del poder.

Nosoutros nacimos da noite. Nella vivimos. Morreremos nella. Peró a lluz ha ser mañá prá os máis, pra todos aquellos qu'hoi choran a noite, pra quen se nega el día, pra quen é regalo a morte, pra quen ta prohibida a vida. Pra todos a lluz. Pra todos todo. Pra nosoutros el dolos y el angustia, pra nosoutros el alegre rebeldía, pra nosoutros el futuro negado, pra nosoutros a dignidá insurrecta. Pra nosoutros nada.

A nosa lluita é por fernos escuitar, y el mal goberno berra soberbia y tapa con cañóis os sous ouguidos.

A nosa lluita é pola fame, y el mal goberno regala plomo y papel a os estómagos dos nosos fiyos. A nosa lluita é por un techo digno, y el mal goberno destruye a nosa casa y a nosa historia.

A nosa lluita é pol saber, y el mal goberno reparte inorancia y desprecio.

A nosa lluita é pola terra, y el mal goberno uferta cementerios.

A nosa lluita é por un trabayo xusto y digno, y el mal goberno merca y vende corpos y vegonzas.

A nosa lluita é pola vida, y el mal goberno uferta morte como futuro.

A nosa lluita é pol respeto al noso dereto a gobernar y gobernarnos, y el mal goberno impón a os máis a llei dos menos.

A nosa lluita é pola llibertá pral pensamento y el caminar, y el mal goberno pon cárceles y tumbas.

A nosa lluita é pola xustica, y el mal goberno chíase de criminales y asesinos.

A nosa lluita é pola historia, y el mal goberno propón esqueizo.

A nosa lluita é pola Patria, y el mal goberno soña cua bandeira y a llingua estranxeiras.

A nosa lluita é pola paz, y el mal goberno anuncia guerra y destrucción.

Teito, terra, trabayo, pan, salú, educación, independencia, democracia, llibertá, xusticia y paz. Éstas foron as nosas bandeiras na madrugada de 1994. Éstas foron as nosas demandas na llarga noite dos 500 anos. Éstas son, hoi, as nosas esixencias.

El noso sangre y a palabra de noso prenderon un llume pequenín nel monte y caminámoslo camín da casa del poder y del dieiro. Ermaos d'outras razas y outras llinguas, d'outro color y mesmo corazón, cuidaron a nosa lluz y nella bebieron os sous respectivos fougos.

Veu el poderoso a apagarnos col sou soprido forte, peró a nosa lluz crecéuse noutras lluces. Soña el rico con apagar a lluz primeira. É inútil, hai xa muitas lluces y todas son primeiras.

Quer el soberbio apagar úa rebeldía qu'a súa inorancia ubica nel ameicer de 1994. Peró a rebeldía qu'hoi ten cara moura y llingua verdadeira, nun nacéu agora. Antias falóulo con outras llinguas y en outras terras. Muitos montes y muitoas historias caminóu a rebeldía contra a inxusticia. Falóu xa en llingua náhuatl, paipai, kiliwa, cúcapa, cochimi, kumiai, yuma, seri, chontal, chinanteco, pame, chichimeca, otomí, mazahua,
matlazinca, ocuilteco, zapoteco, solteco, chatino, papabuco, mixteco, cuicateco, triqui, amuzgo, mazateco, chocho,
izcateco, huave, tlapaneco, totonaca, tepehua, popoluca, mixe, zoque, huasteco, lacandón, maya, chol, tzeltal, tzotzil, tojolabal, mame, teco, ixil, aguacateco, motocintleco, chicomucelteco, kanjobal, jacalteco, quiché, cakchiquel, ketchi, pima, tepehuán, tarahumara, mayo, yaqui, cahíta, ópata, cora, huichol, purépecha y kikapú.

Falóu y fala el castellano. A rebeldía nun é cousa de llingua, é cousa de dignidá y de ser humanos.

Mátannos por trabayar, mátannos por vivir. Nun hai sito pra nosoutros nel mundo del poder. Por lluitar han matarnos, peró asina fairémonos un mundo unde entremos todos y todos vivamos sen morte na palabra. Queren quitarnos a terra pra que xa nun teña piso el noso paso. Queren quitarnos a historia pra que nel esqueizo morra a nosa palabra. Nun nos queren indios. Mortos quérennos.

Pral poderoso el noso silencio foi el sou deseo. Callando morríamos, sen palabra nun esistíamos. Lluitamos pra falar contra el esqueizo, contra a morte, pola memoria y pola vida. Lluitamos pol medo a morrer á morte del esqueizo.

Falando nel sou corazón indio, a Patria sigue digna y con memoria.


Subcomandante Insurxente Marcos.
EXÉRCITO ZAPATISTA DE LLIBERACIÓN NACIONAL.


quinta-feira, 5 de maio de 2011

Lletras y urnas.


Foto: Teatro Campoamor, Uviéu (de http://www.flickr.com/photos/chairego/5143296968/.)


Celebramos mañá el Día das Lletras Asturianas outro ano máis. Y outro ano máis pouso os didos sobre el teclado del meu ordenador pra falar del Día das Lletras. Y outro ano máis apetéceme falar da necesidá d'un Día das Lletras en Gallego-Asturiano con entidá propia, y apetéceme falar da necesidá d'un estatus llegal pras llinguas autóctonas d'Asturias que garantice non sólo a súa supervivencia, senón el sou desevolvemento al pé d'igualdá xunto col castellano (nun queremos ser a llingua pequena, porque se lo somos nin teremos posibilidá de sobrevivir nin teremos posibilidá de desarrollar as nosas vidas con dignidá, cua mesma dignidá del que nun tén que xustificarse por falar a súa llingua).

Peró penso que tén pouco xeito que fale, ano tras ano, de lo mesmo. El Día das Lletras é el Día das Lletras y, gústenos que non, a reivindicación na caye, de mao da convocatoria da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) é sempre a mesma, como el mesmo é el acto del Academia da Llingua Asturiana. Y pouco xeito tería que repitir as mías palabras del 3 de mayo del 2010. Peró con todo hai úa diferencia sustancial entre el Día das Lletras del ano pasado col d'este ano. Este ano convócanse eleccióis ben cerca del Día das Lletras, y tamos inmersos xa núa precampaña electoral que, en Asturias pinta que vei ser interesante.

As llinguas vense claramente afectadas pola política, y os que vemos na reivindicación llingüística un pilar da nosa cosmovisión nun podemos deixar d'interesarnos polas políticas llingüísticas y polas promesas que, nesta llinia, nos faigan os partidos políticos. Supoño, mañá lo veremos, que nel acto del ALLA nel Campoamor haberá ben de referencias ás eleccióis, como supoño que las haberá nel discurso da manifestación convocada pola XDLA.

Evidentemente pouco ou nada podemos esperar del PSOE ou del PP, no que tén que ver cua normalización llingüística (pois ellos mesmos reconcen que pra ellos é un asunto menor), y temos que volcar as nosas esperanzas hacia partidos máis pequenos, que vein dende IU hasta Conceyu Abiertu ou PAS(quen nun sei se arrartrarán as zunas hacia el gallego-asturiano qu'a predecesora de Conceyu, AA, ou qu'históricamente arrastróu el PAS) ou tamén BA-UNA. Estos últimos aconceyaron en Uviéu cua Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, Xeira y Trafego (Les Noticies, 5-5-11) pra, por un llado, presentaryes el sou programa en materia llingüística, y por outro interesarse polas demandas d'estos colectivos. Por certo, qu'úa cousa que resaltaron os representantes de BA-UNA foi a necesidá de qu'el gallego-asturiano apareza en pé d'igualdá col asturiano (y, obviamente, col castellano), con un mesmo estatus, cousa que dende el Eo-Navia hai que felicitar.

A lo llargo d'estas semanas é d'esperar qu'as distintas formacióis políticas con certo interés na reivindicación llingüística aconceyen cuas organizacióis de reivindicación llingüística, y é de supuer que por un llado yes faigan as correspondentes promesas y reciban as correspondentes demandas das organizacióis pro-deretos llingüísticos. Dende el Eo-Navia taremos esperando nun ser, como tantas veces, un mero apéndiz da reivindicación llingüística del asturiano (y eso é, nun vou cansar de dicillo, fundamentalmente responsabilidá nosa, da nosa capacidá de movilizar, de construir discurso y configurarnos como un elemento aglutinador da sociedá eonaviega). Y, tamén hai que dicillo, nun ser un apéndiz del asturiano pasa por ter úa llexislación propia (y nun ser sólo a coletilla, lo mesmo pral gallego-asturiano), y que se derarrollen d'úa vez por todas us plais d'actuación específica pral Eo-Navia (especialmente urxentes al hora de crear titulacióis académicas hasta agora inesistentes ou al hora de puer nos medios de comunicación a llingua del estremo occidental del país). As personas qu'optamos por desenvolver as nosas vidas en gallego-asturiano (como os qu'optan/optamos por fello en asturiano ou en colquer outra llingua) nun sólo temos el dereto d'esixir a os nosos políticos que boten a andar mididas que nos permitan el desevolvemento integral da nosa vida (tanto nel ámbito privado como nel público) nas nosas llinguas, senón que temos el deber moral de fello. Colquer forza política que negue o custione no máis mínimo el dereto de desenvolverse en plena igualdá a os grupos lligüísticos minorizados tén que ser calificado de grupo político intolerante y antidemocrático, del mesmo xeito que lo fairíamos de custionarse a igualdá dos grupos sexuales, de xénero ou raciales, étnicos ou relixosos minoritarios ou minorizados.

Nese sentido teño que recalcar a espresión minorizado frente a minoritario porque temos que recordar qu'el gallego-asturiano, pesie tar apartado dos medios de comunicación, das administracióis públicas, das escolas (unde tén úa presencia ruía) y dos elementos que xeneran poder, sigue sendo hoi a llingua mayoritaria del Eo-Navia, falado por máis del 70% da población. Somos, os falantes de gallego-asturiano y os falantes d'asturiano, úa parte da población nada despreciable nel conxunto d'Asturias (y os falantes de gallego-asturiano especialmente importantes nel conxunto del Eo-Navia). Peró lo importante nun é tanto que señamos úa parte da población nada despreciable numéricamente, é que somos úa parte da población especialmente relevante tendo en cunta a riqueza llingüística y cultural que supuemos. Esto é, somos os que femos qu'Asturias seña Asturias y non outro sito, os que damos personalidá propia a esta terra. Peró porriba d'eso, somos ciudadanos, y como ciudadanos d'un estado de dereto, nun podemos ser apartados das actividades públicas que nos corresponden pol feito de falar na llingua na que falamos. ¿Ou sería entendible qu'os falantes de castellano del Eo-Navia foran apartados da súa presencia pública por falar úa llingua minoritaria, por ser demográficamente menos representativos qu'os falantes de gallego-asturiano? Entós, ¿por qué somos precisamente a mayoría numérica os que somos apartados da nosa representación pública?

Os partidos políticos asturianos tein que garantizar estos deretos, y tein que garantizallos pra todos os ciudadanos d'Asturias, dende el requeixín máis occidental hasta el requeixín máis oriental, dende os picos y valles del sur, hasta as prayas y as arribadas del norte del país. Y nosoutros, os ciudadanos emolidos polos deretos llingüísticos (tanto os que formamos parte del movemento de normalización como os que non) temos que tar vixilantes pra qu'as promesas que nos podan fer hoi, señan realidades mañá. Pra que, nunca máis, a llingua que falemos seña escusa pra botarnos de llado como ciudadanos de segunda ou terceira.



Cartel da manifestación convocada pra mañá pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, Estación del Norte-Uviéu, 19:30h.

terça-feira, 19 de abril de 2011

Y nesto foise el MECA.



Pra min, que nun vivín máis que de llonxe el movemento anti-LOU (anque tuven el oportunidá de participar activamente nas manifestacióis que montáramos nel IES Galileo Galilei de Navia) y que nun vin senón os últimos coletazos da FAU, el movemento estudiantil (ou polo menos el movemento universitario) empezóu cua oposición a Boloña. Nun é sólo qu’eu empezara a involucrarme máis activamente neste movemento coa oposición a Boloña, senón que desque el non á guerra d’Iraq perdera puxo, a Universidá asturiana sería un ermo reivindicativo hasta qu’aparecéu el Boloña non. Y a resistencia antiboloñesa duróu tres anos, hasta que xa nun houbo máis que fer y s’imprantaron os Graos, os plais d’escelencia universitaria y un réxime universitario que pasaba por subir as tasas y unificar facultades (como nel caso da nova y llustrosa Facultá de Filosofía y Lletras).

A custión é que parecía ser que perdéramos, porque Boloña acababa impuéndose, peró nada máis llonxe da realidá, xa qu’el movemento estudiantil que parecía dormitar, despertóu con Boloña hasta el punto de ser a encher cayes y facultades con estudiantes airados que berraban contra un sistema que nun yes tía en cunta nin pra ben nin pra mal. A partir d’ei articúlase el movemento estudiantil, das distintas Asambleas de Centro que van aparecendo en Facultades y Campus aparece úa Coordinadora d’Asambleas qu’acaba derivando nel Movemento Estudiantil Crítico y Asambleario (MECA), que pretende transcender el movemento anti-Boloña y convertirse nun movemento estudiantil que trabaye polos intereses dos estudiantes nun sentido máis amprio, deixando de ser un movemento “anti”.

Como dicía el cantar, «y en esto llegó Fidel», y nesto chegóu el MECA, pisando forte, con posibilidades reales de botar fóra a os corruptos del Conseyo d’Estudiantes y impuer úa representatividá real y asamblearia del alumnado. Pouco duraría a felicidá del MECA. Como pasa con todos os movementos, nun tardarían en querer aprovetarse d’él pra promocionar proxectos partidistas, nos que nun me vou meter, porque nun é d’eso del que veño a falar. Discrepancias que, ou ben foron insalvables ou ben nos lo pareceron ou ben, por hache ou por be, nun tuvemos agayo pra salvar. Como fora, el MECA acabóu diluíndose nas Asambleas de Centro, volvéndose, a lo menos “a priori” a úa situación aparecida a la anterior da costrucción del MECA. El trabayo volvía a recaer sobre cada Facultá y a niveles prácticos el autonomía pasóu a ser case total, dependendo a interacción entre Facultades máis que nada da voluntá das propias Facultades.



Vamos situarnos nel Milán, qu’é a Facultá na que, pra ben ou pra mal m’encuandro eu. Nel Milán, esta situación que describimos como d’autonomía de Facultades nun pasóu a significar, como podera parecer, úa organización horizontal y asamblearia, dende el momento qu’aparecen controversias y desconfianzas que fain, sobre todo, qu’el Asamblea del Milán seña, máis que nada, úa organización con un carácter máis ou menos asambleario, peró non úa auténtica Asamblea, en tanto que nun esiste úa convocatoria aberta al alumnado. Peró mesmo el carácter asambleario d’esta organización que recibe como nome “Asamblea Aberta del Milán” se ve discutido dende el momento nel que nin sequera os sous nembros (nin sequera aquellos que son representantes d’alumnos) son convocados, ou dende el momento que se conspira ás costas d’ún dos representantes (eu, por certo) pra tomar decisióis contrarias a os acordos xa tomados con outras organizacióis. A situación é tal que determinadas personas somos escruídas da nova llista de correo interna (é el que tein as tecnoloxías dixitales) sen recibir resposta ante as nosas perguntas (que formulamos por cauces estraoficiales, al carecer de cauces oficiales pra formulallas).

Y nesto chegóu el MECA, y acabábase a pachanga, y nesto foise el MECA, y acabóuse el asamblearismo nel Milán. Ben sei que noutras Facultades (menos neste garbanzo mouro qu’é El Milán) sigue trabayándose coas mesmas directrices qu’hasta agora, peró a falta d’un control efectivo superior fexo que se acabara colquer forma de “centralismo democrático” (y ben saben os dioses qu’eu soi el mayor defensor das estructuras horizontales), convertindo esta Facultá nun chiringuito de cuatro. Ben sei que se me pode dicir, y se me diz, qu’hai ferramentas efectivas pr’acabar col chiringuitismo éste, peró honradamente, nin vexo qu’haxa naide máis que poña esfouto pr’acabar con este chiringuitismo (salvo honrosas y escasísimas escepcióis), nin teño forzas pra lluitar contra os que se supón que son os meus compañeiros, nin teño del todo claro que prantar úa resistencia para botar a andar úa verdadeira Asamblea nel Milán seña realmente efectivo. Y sobre manera, y pódenme chamar derrotista, egoísta ou vendido, nun teño miga claro que séñamos os que xa se supón que tamos con un pé fora del Milán os chamados a reestructurar el asamblearismo corrompido.

Daquén pode pensar qu’escribo este post únicamente para fer daño, peró en realidá fáigolo ante el ausencia de cauces pra mostrar el meu descontento, por un llado, y pra denunciar públicamente a situación que probablemente nun conozan os máis dos que forman parte d’este conturbernio que se fai chamar “Asamblea Aberta del Milán”.

Con esto, nada máis me queda que dicir d’este tema, nun sendo que supoño que teño que darme por escruído del proxecto del Asamblea del Milán, se ben é certo qu’hasta agora naide me comunicóu nada.

quarta-feira, 16 de fevereiro de 2011

El Academia da Llingua Asturiana convoca úa Proba de Conocencia de gallego-asturiano en Tapia.


IES "Marqués de Casarego" de Tapia.


«El día 26 de febreiro, sábado, ás 10 da mañá nel Instituto de Tapia, el Academia da Llingua Asturiana, por conta da Secretaría Llingüística del Navia-Eo, convoca úa Proba de Conocencia de gallego-asturiano de carácter oral y escrito.

Os sous destinatarios son, básicamente, os ciudadanos y ciudadanas del occidente d'Asturias que quiran acreditar a súa competencia llingüística, al marxe da súa condición profesional y titulación académica.

Esta proba, de contidos llingüísticos básicos, é diferente da que s'ha fer nel mes de mayo, espresamente destinada a os docentes d'Educación Primaria y Secundaria, que tein que demostrar úa conocencia llingüística máis fonda pra poder acceder llougo al "Curso de Capacitación en Gallego-Asturiano".»

El prazo pra matricularse acaba el 24 de febreiro.


FONTE: Falaviva