domingo, 7 de março de 2021

As follas de afeitar (e os chamados micromachismos).


Recordo meu último día de instituto, aló pol 2004, cuando acabei el bachiller. Estábamos emocionados porque acabábamos ese ciclo das nosas vidas e agora íbamos a fer outras cousas. Pra dalgús, os menos, a súa etapa educativa acababa aí, pra outros comenzaba úa etapa nalgún ciclo formativo e pra outros nalgúa facultade, mesmo algún iba marchar fóra, a Salamanca, a Madrid, a Vigo... A maioría marcharíamos pra Uviéu. Eso significaba marchar da casa, ir á cidade... En definitiva, un cambio importante nas nosas vidas. E recordo que comentábamos entre nós, e cos profesores, qué íbamos fer de agora en adelantre, qué íbamos estudiar, que plais tíamos pral futuro... Abríase daqué parecido á vida adulta.

Daquela eu fía por deixar úas barbas que aínda non medraban e xa discutíamos en clase e nel patio sobre cuestiois de xénero (el meu instituto foi un gran referente nesto e en educación afectivo-sexual), discutíamos sobre política e había un grupín de profesores e un grupín de alumnos mui activos que salíramos ás rúas contra a invasión de Iraq (tódolos sabados ás 10 da mañá nel Parque Campoamor), en mobilizaciois educativas (chegáramos a cortar a nacional 634), sacando pancartas pola ventá apoiando as mobilizaciois dos traballadores del estaleiro (que está xusto enfrente del instituto) ou levando un dosier á Xunta Xeral esixindo que se posicionase a favor da República Árabe Saharaui Democrática. En definitiva, foi el instituto un espacio onde medramos académicamente, pero sobretodo medramos na nosa condición ciudadana. Non sen confrontaciois, como aquela vez que víu el Exército a fer úa campaña de promoción (e reclutamento).

A cousa é que todo aquelo acababa e comezaba outra etapa, lonxe de Navia. E despedíamonos dos profesores. Núa destas, cuando fun recoller as últimas notas, dixéronme que pasara por xefatura de estudios, que tían un detalle pra min. Al ir á xefatura topeime con dous compañeiros, aos que lles dixeran el mesmo. Bon, qué seria? 

Cheguei á xefatura e obsequiáronme con as follas de afeitar que abren este post, obsequio publicitario de Gillette. Féxome certa gracia, porque como dixen, daquela eu fía por deixar úa incipiente barba (daqué colo que bromeamos el profesor que me deu as follas e eu), e porque, honestamente, parecíame un pouco úa carallada. Un rollo de "agora xa es un paisano" que golía un pouco a naftalina. Pero qué sei eu, Gillette fixéralles chegar estas follas e repartíronlas, non tía máis... Ou si? Al salir cos dous compañeiros cos que me topara vimos un grupo de compañeiras que nos dixeron con certo ritintín 

—Que, xa fustes coller el regalo?

—Ui, si, por?

—Porque pra vosoutros hai regalo e pra nosoutras nada. Parécevos normal?

A verdade é que ningún dos tres nos paráramos a pensar naquelo. Supoño que asumimos que del mesmo xeito que a nós nos deran aquelas follas de afeitar como un xesto simbólico de que xa íbamos prá vida adulta (como dixen arriba, un xesto que golía un pouco a naftalina), a elas lles darían dalgúa outra carallada.

—Pero bon, muller —intentaba quitar ferro un compañeiro— , pero é úa carallada, úas follas de afeitar, xa ves...

—Xa, pero non é pol regalo, é pol xesto, nosoutras tamén estudiamos aquí, tamén acabamos agora el instituto. É el detalle, ou pra todo el mundo ou pra naide.

A cousa transcendeu e un grupín de mozas foi queixarse a dirección. El centro escusouse dicindo que non houbera mala fe, que elos non compraran nada, que foi Gillette quen lles mandara aquelo sen elos pidilo, que era úa campaña publicitaria de Gillette e que como llo regalaban, pois repartíronlo entre os alumnos que acababan el bachiller... Úa alumna respondera que se era úa campaña de Gillette, que tamén vende follas se depilación femenina, ben podían ter un obsequio prás alumnas e que se non, el centro debería ser quen lle recordara á empresa que aí tamén estudiaban mozas ou, sen mais, declinar el regalo de Gillette. Lo curioso é que en realidade el centro si caera na conta en que Gillette estaba obsequiando namais aos alumnos varois, pero, xinxelamente, asumiron que ás alumnas non lles iba parecer mal.

El centro reconoceu el sou error. Hai que dicir que, al menos cuando eu estudiei, sempre foi un centro con úa gran sensibilidade feminista, non quero con esto crucificar a aquel equipo directivo (dirixido por úa muller e con úa xefa de estudios, por certo). Pero mesmo sendo un centro nel que se presupoía úa actitude que podéramos chamar progresista, puido darse este incidente. El centro pediu perdón, e con esto as compañeiras quedaron medio contentas, pois elas non pedían nada material, senón que se las tuvera en conta.
Pasaron os anos e estas follas quedaron esqueicidas nun caxón, porque, como comentei, xa daquela comecei a gastar barba e, al principio, non la arreglaba nada con cuitela. Condo comecei a usar cuitelas pra amañar un pouco a barba, nunca tirei destas porque tía aquel amargor de ter sido fonte de discriminación ás mías compañeiras, aunque tampoco me deu nunca por tiralas. Vai pouco topeilas por algún caxón e, case 20 anos depois, comecei a usalas. E hoi estaba amañando un pouco as barbas e, víspera del 8 de Marzo, recordei aquel episodio nel que estas follas de afeitar da fotografía chegaran ás mías maos, vai case 20 anos.

E é que mesmo nos espacios supostamente máis igualitarios pode darse un episodio como este, nel que naide quer fer mal, pero óbviase á metade da poboación (penso que, naquel momento, debía haber máis alumnas de bachillerato que alumnos), ou asúmese que non pasa nada...

E precisamente dende os centros educativos, dende Infantil hasta os niveles universitarios ou os ciclos formativos, ten que poerse especial énfase en construír úa sociedade igualitaria, onde non teña cabida ningún tipo de discriminación, por simbólica que seña.

Pode que este relato pareza úa carallada, agora que temos el fascismo golpeando dende as instituciois especialmente al movemento feminista. Agora que muita xente vai bramar nas redes contra as mulleres que se mobilizan coa escusa da pandemia, cuando miraron pra outro lado cuando se manifestaba el fascismo botando contra xudeus e... e si contra feministas, pero quiciabes muito dese mirar pra outro lado comezou mirando pra outro lado con caralladas como la das follas de afeitar, asumindo que non pasa nada, que namais son úas follas de afeitar... Namais é un color, namais é un xoguete, namais é un piropo...

Nenhum comentário:

Postar um comentário