Falo e escribo en galego asturiano, e faigolo en galego asturiano porque quero. Non lo faigo porque seña incapaz de felo en castelán ou porque non poda acceder a esta lingua. El galego é úa lingua e conforma parte dúa cultura, propia de Asturias. Esto é, non é un sistema alternativo al castelán pra poder comunicarme, embora, sistemáticamente, haxa muita xente dicíndome que en castelán podería comunicarme con máis xente. Os falantes de galego asturiano non son semifalantes, nin a súa comunicación é menos válida que la dos falantes de castelán.
Este non é un post sobre el galego de Asturias, pero si sobre deretos lingüísticos de ciudadanos e ciudadanas de Asturias, e de outras muitas partes nesta Terra.
Condo falamos das linguas de signos, avezamos a falar da incapacidade pra falar oralmente. Falouse, durante muitos anos, da desmutización, esto é, que as persoas xordas arrancaran a falar en lingua oral. Na lingua oral del Estado, todo seña dito, nel noso caso, en castelán, non en galego, non en asturiano, como ben dicía Pilar Lima, a la que sacaban de clase na hora de valenciano pra reforzarlle el castelán. A mesma Pilar Lima que declarou ser "máis conscente del audismo que da lesbofobia que sufro"
Pra muita xente, en particular logopedas, a intervención coa persoa xorda ten como finalidade desmutizar á persoa xorda coa finalidade de que se integren. El certo é que hasta hoi as persoas xordas foron educadas nesa lóxica, que se conoce como lóxica ou sistema oralista. Esto é, nas escolas específicas pra xordos os nenos xordos eran educados pra falar coa boca e non coas maos. De feito, a lingua de signos non se ensinaba nas escolas específicas pra persoas xordas, senón que os nenos e as nenas aprendían a signar imitando aos sous compañeiros maiores nel patio, mas nunca nel aula. Falamos das décadas dos 70, 80... pero non hai que esqueicer que en décadas anteriores nel patio tamén estaba prohibido signar, so pena de ser castigado, mesmo físicamente.
As linguas, todas, van xuncidas ás comunidades de falantes, culturas e experiencias comunitarias. Deste xeito, temos que pensar na vida dúa persoa xorda nos anos 80, por poer un caso que conozo mellor. As persoas xordas en Asturias pasaban a semana na escola específica pra persoas xordas e, el fin de semana, iban prá casa. Esto é, vivían máis tempo na comunidade xorda que na familia. Por outra banda, lo máis común é que os pais e mais das persoas xordas signantes non sepan signar. Por que razón a lo largo dos anos, sistemáticamente, os pais non aprenden a mover as maos como lo fain os sous fillos? Poderíamos pensar núan dexadez terrible por parte das familias, pero lo certo é que durante muitísimos anos as instituciois instaban aos pais a non signar cos fillos, porque nel sou entendemento, esto retrasaría el aparición del verdadeiro linguaxe, el oral, pois entendían as linguas de signos como meras alternativas incapaces pra desenvolver un linguaxe profundo.
Cos anos as instituciois foron cambeando de postura, lixeiramente, pois é notorio que a maioría das persoas xordas non tein boas competencias lingüísticas en lingua oral (lingua castellana), tein verdadeiras dificultades pra modular a voz, e a lectura labial non é nada xinxela. Evidentemente temos excepciois e hai persoas xordas capaces de comunicarse oralmente e ler os labios, pero hai que entendelo como a excepción, non como a norma. Asina que cos anos as instituciois que traballaban con persoas xordas decidiron usar as linguas de signos pra que os nenos e as nenas asimilaran conceptos e despois puderan traducilos á lingua oral (castelán), pero coel obxectivo último de que as persoas xordas falaran oralmente (castelán) e deixaran de lado a lingua de signos española (en adelantre LSE), porque entendíase que se úa persoa pode falar (castelán), que necesidade iba ter de signar?
Pero dende que en Europa se xeralizan as escolas pra persoas xordas, nos anos 20, hasta que estas escolas aceptan as linguas de signos como un paso previo á desmutización, as persoas xordas van conformando comunidade. Úa comunidade frente a úa sociedade que demasiadas veces daba a espalda ás persoas xordas. Cabe destacar, neste punto, que as escolas pra persoas xordas estaban en maos del Igrexa por úa razón, el altísimo grado de abandono de nenos xordos ás portas de igrexas ou en mosteiros (en Uviéu deixábanlas nel torno de Les Pelayes), colo que os mosteiros víanse con un auténtico problema al ter que ferse cargo de nenos xordos dos que se desconocían os proxenitores.
Úa sociedade que, en ben de ocasiois, enzarraba aos nenos xordos, como aos nenos con discapacidade intelectual, nas cuadras cos animales, sendo úa práctica habitual hasta mui ben andado el século XX, e que, en outras ocasiois, infantiliza, aínda hoi, e negou deretos civiles hasta vai nada. Esto non lo digo pra victimizar á comunidade xorda, sinón pra explicar el por que e el como a comunidade xorda foi avocada a certa endogamia e cómo xerou úa identidade ben forte e úa comunidade mui arraigada, identidade e comunidade que non xira, embora dende fóra avece a verse asina, en torno á incapacidade pra ouguir, senón ás linguas de signos. Topando úa diferencia importante na definición al hora de estremar entre persoa xorda e persoa con discapacidade auditiva, sendo que as asociaciois máis oralistas, como APADA (Asociación de Padres y Madres de Deficientes Auditivos, atención al feito de ser úa asociación de pais de xente xorda, non da xente xorda ela mesma) tenden a falar de discapacidade auditiva, mentres as signantes falan de xordeira, como el Asociación de Personas Sordas de Oviedo (ASO), Asociación de Personas Sordas de Gijón, de Avilés (ASA)... Federación de Personas Sordas del Principado de Asturias (FESOPRAS), Confederación Nacional de Personas Sordas de España (CNSE)...
Davezo se fala de Persoas Xordas, con maiúscula, e persoas xordas, con minúscula, como esplica Aroa Cortés Suárez nel sou traballo de fin de Grado:
Para denominar a las personas sordas es conveniente que se tenga en cuenta la diferencia entre "Sordo" y "sordo". El el primer caso se refiere a una persona cuya lengua vehicular para comunicarse es la lengua de signos, además se identifica con el colectivo de personas sordas y se considera parte de ella, por lo tanto forma parte de una asociación de personas sordas.
Aroa Cortés Suárez, Treball de Fi de Grau,
Grau en Traducció i Interpretació, Universitat Pompeu Fabra, Barcelona, 2017.
Esto é, dende al menos os últimos cen anos, condo empeza a escolarización das persoas xordas en Europa, temos úa visión da xordeira dende fóra, que é a que controlou as instituciois dedicadas á xordeira (con matices e acercamentos, ben é certo, pero nas que rara vez estaban representadas as persoas xordas e que nunca foron dirixidas por persoas xordas) e a comunidade xorda, que ben é verdade que foi a xerar instituciois propias, como a Universidade de Gallaudet, nos EXA, ou meter a cabecía en Universidades de persoas ouguintes como la de Alacante ou a Complutense de Madrid, pero que de ningún xeito marcan el axenda política nin educativa, al menos nel Reino de España, pois, volvendo a Aroa Cortés, "el problema se origina en los padres oyentes con hijos sordos, ya que son prácticamente nulas las ocasiones en las que los médicos conocen y recomiendan la lengua de signos", e lo mesmo pode dicirse, esto xa son palabras mías, de logopedas e AL, salvo gloriosas excepciois, que por suposto que las hai.
Esto é, al largo del último século, e probablemente é condo mellor lle foi a comunidade xorda, houbo úa sorte de evanxelización das persoas xordas nel oralismo, entendendo que había que desmutizalas. Esto é interpretado por úa comunidade xorda cúa cultura e úa identidade forte como úa agresión, pois coel afán de integrar ás persoas xordas, en realidade preténdese diluilas, como diría Irene González, Psicóloga de APADA, "uno puede ir por la calle y hablar con una persona sorda sin darse cuenta de que lo es, están perfectamente integrados", úa afirmación que amostra máis un deseo de diluir que de integrar.
Ben, que pasa anguano que temos prótesis e implantes cocleares? Primeiro de nada, a tecnoloxía é importante, pero hai que baxar un pistón, xa que se hoi nos venden os implantes cocleares como a cura da sordeira (a sordeira non é úa enfermedade, é úa discapacidade, e a persoa xorda implantada pode ouguir coel implante, pero sigue sendo xorda), lo mesmo se vendía vai cinconta anos con outros aparatos (recomendo encarecidamente ver a película Mi nombre es Jonha, que trata el tema e podedes ver aqui). Por suposto que hai que aprovetar a tecnoloxía, teño un neno implantado, pero se por falar inglés non deixo de ser asturiano, e se podo falar inglés pero tamén teño dereto a falar galego (mesmo que non seña a lingua dos meus pais!), a úa persoa xorda, que por máis que leve un implante é xorda (e as baterías se acaban, os implantes se estropean, os que se poden meter nel mar son inaccesibles...), a lingua se signos é un dereto, el acceso a intérpretes e a cultura na súa lingua é un dereto.
Pode cuestionarse esto dende el asturianismo? Porque todos entendemos perfectamente a TPA en castelán, non é máis integrador falar castelán? Non, porque eso non nos integra, nos dilue. Del mesmo xeito coas linguas de signos.
Por outra banda, hai úa escola anguano que aposta pol bilingüísmo, pero por un bilingüísmo desequilibrado, cúa lingua A, a lingua oral (castelán), e úa lingua B, a LSE. Porque muitos profesores, pedagogos, logopedas... caeron na conta de que el neno que pudo desenvolver un linguaxe signado, desenvolve máis rápido e mellor el linguaxe oral, pero como el obxectivo é acceder al linguaxe oral (a través da lingua castellana), e non acceder al linguaxe, a secas, asúmese que adquirido el linguaxe signado (a través da LSE), debe accederse el oral e abandonar el signado, porque como me dixo vai pouco úa AL, "lo importante es que desarrolle el lenguaje", a lo que lle respondín que el linguaxe signado é linguaxe e ela repuso, "bueno, es una alternativa al lenguaje", ainda que os lingüistas ten ben definido que el linguaxe signado é linguaxe e as linguas de signos son, eso, linguas.
Esto é, imos ensinar galego, ou asturiano aos nenos, pra que aprendan inglés mellor, e negarlles despois falar en galego porque el inglés é máis integrador. El obxectivo educativo, expresado por AL en distintas escolas, é que el neno esqueiza a lingua que xa sabe... pra integralo.
Esto é, imos ensinar galego, ou asturiano aos nenos, pra que aprendan inglés mellor, e negarlles despois falar en galego porque el inglés é máis integrador. El obxectivo educativo, expresado por AL en distintas escolas, é que el neno esqueiza a lingua que xa sabe... pra integralo.
En contra de esos razonamentos aparecen organizaciois de pais de nenos xordos que si están en contacto coas organizaciois de persoas xordas, e apostan por un bilingüísmo equilibrado e inclusivo, como a catalana Volem Signar i escoltar, que sacaron úa interesante guía, en catalán e castelán, La Malva és sorda.
Porque a relación entre organizaciois dedicadas á xordeira, e mui en particular entre os logopedas (el Coco, prás persoas xordas) e a propia comunidade xorda, nacida de máis de cen anos de exclusión, ten que deixar de ser vertical, non cabe falar de desmutizar aos que son xordos, non mudos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário