sexta-feira, 20 de maio de 2016

El negro da casa.

Se ben é verdade que dende que lin a bibliografía de Malcolm X deixei de mitificar a figura del líder negro dos EUA, non é menos verdade que hai úa cita que sempre me pareceu moi interesante. Este é el relato del negro da casa. El negro da casa entraba en contacto constante coel amo, al revés que el negro das prantaciois. Tíalle moi boa lei al amo, tanto que condo el amo enfermaba lle perguntaba «que foi? estamos malo?». Se a casa del amo prendía lume, el negro da casa arriesgaba a vida se era necesario pra que non queimara a casa del amo.

Desde entós el espresión negro da casa úsase dacondo pra referirse á xente que se preocupa máis pol benestar dos que lle fain mal que pol propio.


E é que desde un tempo a esta parte parece que quixera fer amigos polo ancho el longo del Eo-Navia, a ver se acaban por decretarme persona non grata. Pero conto que hai cousas sobre las que temos que reflexionar urxentemente. Vai ben pouco tempo un amigo colgaba núa rede social el sou esmolemento porque os docentes de Gallego-Asturiano en ben de casos foran incapaces de comunicarse con soltura na lingua que imparten ou de apostrofar correctamente (dende a norma del ALLA, e non esta da MDGA que uso aquí), que xa é daqué particularmente básico. Non en vano, ben de veces falando con maestros de Galego-Asturiano e de Asturiano, vexo que asumen con moita naturalidade que é úa maría na que non lle vas meter moita caña aos nenos que xa vein cansados doutras asignaturas (das de verdade, vaia). Ademáis que al ser úa optativa, e esto é algo que non podemos perder de perspectiva, el posto del docente en moitos casos depende da súa popularidade, de que os nenos se apunten ou non al asignatura... Asumíndose como úa asignatura irrelevante, por parte de moitos padres, da maioría dos centros e, lo que é máis grave, de ben de docentes, a baza da maría é el mellor sistema pra garantizarse un posto máis ou menos estable con nenos apuntándose.

Eu vivo en Uviéu, pero polo que sei nel Eo-Navia a escena é similar a la que me pasou hoi mesmo. Estaba falado cúa nena que está matriculada en Llingua Asturiana e lle pergunto qué sabe dicir en asturiano (fala normalmente en castelán). Ela non é quen a dicirme nada...

— ¿Pero entós? ¿Nun vos deprende nada la maestra?
 — No.
 — ¿Entós qué facéis en clase?
 — Dibujar, y pintar.



Escola de Xarrio (Cuaña). Se nas escolas a lingua propia non é lingua
vehicular, se nin sequera se atende a úa formación real da lingua propia,
cómo pretendemos salvar el idioma?


Imaxino que en clase de Plástica conxugarán verbos... Eso si, a mai (non asturianofalante) convencidísima de que a súa filla ten que saber moitísimo asturiano porque sacou moi boa nota. Esto é, a maestra, seguramente sen especial maldade, é úa negra da casa, úa maestra de asturiano que asume que el asturiano non é necesario realmente pra os nenos de Uviéu e que, pola contra, se poden despexar dibuxando un pouco... Non lle perguntei (faireilo a próxima vez que la vexa), pero imaxino que a maestra falará todo en castelán, algo que é moi moi común. Se ensinas a lingua propia del lugar onde la ensinas... pra qué vas usala como lingua vehicular?

Non son namais os maestros, que ás veces parecen el chivo expiatorio de todos os males das nosas linguas. Ás veces un descubre a persoas especialmente representativas das nosas linguas (como dalgús escritores) afirmando cousas tan particulares e chamadeiras, vindo destos autores, que esto de defender la fala e que non se perda a fala dos nosos avolos pra que non se perda é moi importante, pero sen perxuicio del español. Compréndese que lo folclórico pra dalgús autores das nosas letras está moi ben, pero que naide poide dudar que el castelán é a lingua común e indivisible de todos os españoles.

Non, asina non solo non avanzamos, senón que retrocedemos. Se aquelos dos que deberíamos esperar que fosen a vanguardia da reivindicación lingüística (non creo que seña extraño esperar eso dos autores renomaos dúa lingua minorizada) son os primeiros en difundir a diglosia, el mensaxe de que el el español é máis importante nun mundo globalizado e pra España, que coa nosa lingua non imos lonxe (malotes reintegratas...) e que, fundamentalmente, escribimos como curiosidade e pra que quede constancia del que se falou dalgún día condo xa non se fale... Non, todo parece indicar que nin docentes, nin escritores, nin moitos militantes tein especial esfouto en que se poda fer, realmente, vida normal na nosa lingua (poñédele xa el nome que querades), sinón que queren manter úa sorte de status quo con condiciois amelloradas, onde se retule todo bilingüe pra visibilizar al turista a nosa fala peculiar e haxa moitos certames literarios dúa lingua que despois pode, perfectamente, ter úa situación subsidiaria del castelán, que é a lingua unificadora de verdade...

Si, somos negros. Sí, somos defensores de linguas minorizadas, pero despois asumimos el papel del negro da casa e perguntámoslle al amo cómo nos atopamos... Poñemos especial esfouto en non fer sentir fora de lugar a ese castelanofalante que despois de anos e anos vivindo na nosa terra non quer aprender a lingua da terra na que vive, al que diz que é úa falta de respeto que falemos galego delantre dél (pero falar castelán non é falta de respeto), e nunca, nunca, imos incomodar a ningún funcionario mandando un texto en outra lingua que non seña castelán...

Se os que debíamos de ser a vanguardia da reivindicación lingüística somos el negro da casa... Que non podemos esperar del resto da población? El verdadeiro misterio é que levemos un lustro del século XXI e non morrera a lingua.

Nenhum comentário:

Postar um comentário