sexta-feira, 6 de novembro de 2015

Han chamar.

«Saludo a la fábrica del llanto,
por su trabajador soy bienvenido».

Skalariak, Despídeme.

«Que vienen, vienen, vienen
los lentos, lentos, lentos,
los ávidos, los fúnebres,
los aéreos carniceros».

Miguel Hernández, Canción del antiavionista.

 
Han chamar,
ás altas horas da madrugada.
Han chamar
á túa porta.

Na cabeza dos nenos ha quedar,
xa pra sempre
el cantar á morte
cantar das botas covardes nel terrén.
Han chorar os vellos,
feitos nenos,
el zumbido dos morteiros
entre as penas.

Han chamar,
ás altas horas da madrugada,
en todas as portas
nas que nun tea a marca del cordeiro.
Han ser todos os valles
valles de llágrimas.

Han chamar,
polos primoxénitos,
polos pequenos,
polos medianos,
polos homes,
polas mulleres,
polos vellos.

Han raparnos as cabezas,
cortarnos os collois,
os senos.
Han violarvos,
violarnos,
e derrumbar os nosos corazois
e que traicionemos aos compañeiros.

E é que
a todo home de ben,
a toda muller de ben,
han caerlle, tarde ou temprano,
dúas hostias,
un tiro
ou úa puñalada.

domingo, 1 de novembro de 2015

Pra ti as mías pequenas andolías.

Mil e un mortos.
Mil e un mortos.
Mil e un mortos!
Nos mares
                nas terras
                               nas noites.

E nin úa sola mao
que sosteña
os fusiles
             os cuitellos
                             a morte
dos que matan os soños,
dos que matan os futuros,
dos que devecen
por arrancarche,
pequena,
as túas pequenas maos da inocencia.


Alegres
          combativas
                           vivaces andolías
non deixedes que arramplen,
asasinos,
os eiros.
Os eiros nos que hei semar
as anadas dos meus pequenos.

Alegres
          combativas
                           mortales andolías
andade!
traédeme llixeiras el cuitello,
andade!
pra rabuar os pescozos 
dos que se alimentan
das barrigas dos meus neníos.

Pequena,
dorme tranquila,
hei cortar eu por ti
todas as gorxas voraces.
Que naide te manque!
Dorme.
Dorme tranquila,
pequena.
Soña coas andolías.

terça-feira, 27 de outubro de 2015

Buscando a Deus.

«I tots,
tots plens de nit,
buscant la llum,
buscant la pau,
buscant a Deu,
al vent el mon.» 

Raimon, A vent.

E sigo buscándote.
Búscote nun par de ollos,
nun par de llabios,
nun par de maos,
nun par de soños
que ben sei que hei abortar
nun duro despertar.

E sigo querendo
                        devecendo
                                       suplicando
por todos os tous milagres,
anque seña el del Apocalipse
que me lleve a todos os Infernos
de ausencias e fracasos,
de medos e desvelos,
de días de ausencias
e noites de soledá.

E sigo postrándome,
santiguándome
despois das abluciois;
maldecindo con palabras duras
(aquellas que Xobe non se quixo permitir)
reclamando
                  con desesperación
como un neno,
a fin de contas,
que me digas
«aquí estou»
e me faigas cómplice
da túa Creación.
Anque seña en forma de abrazo
e soño non abortado.
Anque seña en forma de ollos abertos
nunca pechados.

quinta-feira, 22 de outubro de 2015

Hana al wa9t, chegou el tempo.

«Concece un prazo aos incréulos. Concedelles un respiro!»
                               Corán, 86:17.

Fatal al wa9t,
xa pasou el tempo.

Xa pasaron todos os tempos.
Os tempos da espera,
os tempos das desesperanzas todas.
Pasou el tempo del tempo.

Xa chegou el tempo,
hana al wa9t.
Os tempos da acción,
os tempos dos días feitos,
non soñados.

Xa chegou el tempo.
El tempo del tempo.
Chegou pra pasar
                           pra quedar
                                          pra ser.

Pra ser tempo
de futuros,
non de pasados.
De presentes
xa nunca máis ausentes.
Pra ser tempo.
Meu tempo.
Quiciabes
el tempo noso,
inshallah!

E abrir os ollos
costa sempre tanto.
É tan duro espertar,
tan dolorosos os partos.

Non entra a lluz
nos ollos que están pechados.
Non sale a lluz
dos ventres balleiros
                              semente morta.

Xa venceu el prazo,
fat al wa9t,
hana al wa9t.
Respiremos os incrédulos
porque hai lluz nos tous ollos.
Lluz que me invita a crer.

quinta-feira, 8 de outubro de 2015

7:00 AM

Hoi erguinme odiándote.
A ti
que tanto te quixen.
A ti
que tanto te quero.
A ti
que non te conozo.

A todos
e cada un
dos seres humanos
que infestan esta Terra.

Hoi erguinme chen de odio.
Odiándome
un pouco menos
a min mesmo.

Botándome
un pouco menos
as culpas del mundo.
Sumido
un pouco máis
na desesperanza
de saber 
que depende el mundo
de vosoutros.

E non quero
Non quero meu mundo
pequeno
            fráxil
                   delicado
nas vosas maos,
nas vosas garras.

Hoi despertei
querendo cobrarme,
úa sola vez que seña,
todas as llágrimas.
Las que eu chorei,
las que choraron tantos.
Hoi erguinme
sen importarme miga
as llágrimas túas.

Eu tamén teño dereto
a estar enfadado sen razois,
sen ter que dar esplicaciois.
Eu tamén teño dereto
al odio llibre,
al odio ceibe.
Eu tamén quero
as pequenas
                 ou grandes
miserias del ser humano,
deixar de xogar a ser un santo.

E salio da casa
fendo por fer que esqueizo
todo el que escribo,
poendo,
úa vez máis,
a mesma máscara,
coa que vos teño
enganado.

E ben sei que non es culpable.
Non dixen que fora xusto
nin lóxico.

quarta-feira, 7 de outubro de 2015

Fin del mundo.

«Un grupo cristiano asegura que hoy es el fin del mundo.»

                   El Comercio, 7-10-15

«Despois de esto mirei e vin úa porta aberta nel célo; e aquella primeira voz, como de trompeta, que ouguín falando comigo, dicía "sube aquí e mostrareite el que ten que suceder despois de esto"»

                   Apocalipsis, 4, 1 

Hoi,
7 de outubre de 2015,
non vai acabar el mundo
(vaia por Dios).

E se hoi,
23 de dhulhijja
de 1436,
acabara el mundo
xa pra sempre?

Que habería fer?

Correría.
Correría pola Terra,
os valles e os montes.
Nadaría
           bebería
                      surcaría
os mares infinitos
namais por ver os tous ollos
úa vez máis.

Suplicaría aos deuses,
al tou Deus,
á mía Deusa
                 (que es tu)
úa última,
             úa primeira
noite.

Úa noite pra chuchar el tou corpo,
pra chuchar a túa alma.
Úa noite pra tomar mil cafés,
mil tes
        con menta
                      e zucre
                                mouro.

Deitaríame al tou llado
a esperar aos xinetes 
da morte
            da fame
                       da guerra
                                    da peste.

Contaríalles que conozo xa
a fame
dos tous chuchos ausentes,
dos tous ollos esquivos,
das túas palabras calladas;

a peste
das soledades das mías noites,
del frío del meu corpo
sintindo sen tocar,
                          e tan cerca!
                                          el tou corpo;

a guerra
contra el peor dos enemigos,
eu mesmo,
el máis odioso e furibundo;

a morte
coa que me matas,
quiciabes sen sabello,
se me miras porque me miras,
se non me miras porque nada vexo.

Se acabara el mundo
deitaríame,
suavemente,
casto,
pío,
sobre ti.
Pra que non te tocara
nin llume
nin azufre.

Pra que namáis choveran porriba tou
pétalos de rosas
                        de claveles
                                        de semprevivas.

Se hoi acabara el mundo,
que desventurosa desgracia!,
se acabase el día
e non puidera pasallo contigo.

terça-feira, 6 de outubro de 2015

Dúas cousías.

Non quixo hoi a mía sorte
que viran os meus ollos
os tous ollos.

Non quixeron hoi os tous ollos
ausentes
            esquivos
                        soñados
que ameicera el día para min.

___________________

Serán todos os versos
palabra perdida?,
palabra morta?

Desangraranse as mías venas
con cada gota de tinta derramada?
Será en vano todo este sentimento
finxido
         interpretado
                          recitado?
Abre os ollos.
Abre as ventás dos meus soños.
Que entre a lluzen min
a través das túas miradas.