«Un grupo cristiano asegura que hoy es el fin del mundo.»
El Comercio, 7-10-15
«Despois de esto mirei e vin úa porta aberta nel célo; e aquella primeira voz, como de trompeta, que ouguín falando comigo, dicía "sube aquí e mostrareite el que ten que suceder despois de esto"»
Apocalipsis, 4, 1
Hoi,
7 de outubre de 2015,
non vai acabar el mundo
(vaia por Dios).
E se hoi,
23 de dhulhijja
de 1436,
acabara el mundo
xa pra sempre?
Que habería fer?
Correría.
Correría pola Terra,
os valles e os montes.
Nadaría
bebería
surcaría
os mares infinitos
namais por ver os tous ollos
úa vez máis.
Suplicaría aos deuses,
al tou Deus,
á mía Deusa
(que es tu)
úa última,
úa primeira
noite.
Úa noite pra chuchar el tou corpo,
pra chuchar a túa alma.
Úa noite pra tomar mil cafés,
mil tes
con menta
e zucre
mouro.
Deitaríame al tou llado
a esperar aos xinetes
da morte
da fame
da guerra
da peste.
Contaríalles que conozo xa
a fame
dos tous chuchos ausentes,
dos tous ollos esquivos,
das túas palabras calladas;
a peste
das soledades das mías noites,
del frío del meu corpo
sintindo sen tocar,
e tan cerca!
el tou corpo;
a guerra
contra el peor dos enemigos,
eu mesmo,
el máis odioso e furibundo;
a morte
coa que me matas,
quiciabes sen sabello,
se me miras porque me miras,
se non me miras porque nada vexo.
Se acabara el mundo
deitaríame,
suavemente,
casto,
pío,
sobre ti.
Pra que non te tocara
nin llume
nin azufre.
Pra que namáis choveran porriba tou
pétalos de rosas
de claveles
de semprevivas.
Se hoi acabara el mundo,
que desventurosa desgracia!,
se acabase el día
e non puidera pasallo contigo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário