terça-feira, 27 de outubro de 2015

Buscando a Deus.

«I tots,
tots plens de nit,
buscant la llum,
buscant la pau,
buscant a Deu,
al vent el mon.» 

Raimon, A vent.

E sigo buscándote.
Búscote nun par de ollos,
nun par de llabios,
nun par de maos,
nun par de soños
que ben sei que hei abortar
nun duro despertar.

E sigo querendo
                        devecendo
                                       suplicando
por todos os tous milagres,
anque seña el del Apocalipse
que me lleve a todos os Infernos
de ausencias e fracasos,
de medos e desvelos,
de días de ausencias
e noites de soledá.

E sigo postrándome,
santiguándome
despois das abluciois;
maldecindo con palabras duras
(aquellas que Xobe non se quixo permitir)
reclamando
                  con desesperación
como un neno,
a fin de contas,
que me digas
«aquí estou»
e me faigas cómplice
da túa Creación.
Anque seña en forma de abrazo
e soño non abortado.
Anque seña en forma de ollos abertos
nunca pechados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário