Etiquetas
- Cultura(s) (2)
- É o que há (13)
- Epístolas (2)
- Eunavieguismo (11)
- Integraçom (4)
- Leituras (5)
- Língua(s) (32)
- LSE (2)
- Mobilidade (1)
- Poesía (178)
- Política (70)
- Relatos (4)
- Sexualidade (3)
- Soberanismo e autonomismo (17)
- Traduções (2)
domingo, 12 de julho de 2015
A patria que eu quero.
Para os tous pes
abonda a mía patria.
Que non señas estranxeira
na terra dos de meu.
Para el meu descanso
abondan os tous ollos,
el silencio dos tous llabios,
el tou mirar pousado.
Non hai máis patria
que la que dá descanso.
Non hai máis patria,
non quero máis patria,
que el tou suspiro.
Que lo lleve el aire,
que el aire lo lleve,
que non hai patria sen alas,
que el mundo é grande
e el meu corazón pequeno.
Pequeno como úa noz.
Como úa noz na que caben,
ai se quixeras metellos!,
os suspiros da xente de tou,
a tua patria,
el mundo enteiro.
E os chuchos da inmensidá,
os que para ti guardas.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário