quinta-feira, 28 de novembro de 2019

Binormativismo.

Vai us anos, en concreto en novembre del 2014, publiquei un artigo neste blog titulado Gallego, nel que defendía úa postura pra nada parida na mía mente estéril, sinón presente dende, al menos, Dámaso Alonso e presente nos comenzos da reivindicación lingüística nel Eo-Navia, que a nosa fala é úa variedade del galego. Ou mellor dito, del galego-portugués, pois a mesma lingua que se fala aos dous lados del Eo é común tamén aos dous lados del Miño. E con elo comecei a cuestionar a norma presentada pola Consellería de Cultura presentada nel 1993 e asumida pola Academia de la Llingua Asturiana nel 2007.

Xa en maio del 2015 resolvín, núa mezcla de coherencia e pragmatismo, asumir a norma que a MDGA publicara en 1992, polos motivos que espriquei neste outro post.

É úa realidade que a norma asumida pol ALLA é a oficial, núa paradoxa peculiar, de ter úa norma oficial en Asturias pra úa lingua que non é ofical en Asturias. Pero con paradoxa e todo, ese non é agora el tema, a realidade é que a norma que se ensina nas escolas é a publicada nel 2007 (que ten algúas, poucas, innovaciois respecto á del 1993), que tamén é a que usan as instituciois, xa autonómicas xa municipales ou outras (como pode ser el Parque Histórico del Navia) as poucas, mui poucas, veces que fain comunicaciois na nosa lingua.

Con todo, outra realidade é que a maior parte da población eonaviega desconoce completamente colquera norma (atrévome a fer extensiva esta afirmación a úa parte nada despreciable del profesorado de Gallego-Asturiano). E úa realidable nada despreciable nun territorio como el noso, é que parte da población concienciada coel idioma cuestiona esa norma e, ou ben escribe á súa bola, ou ben escribe siguindo as normas da MDGA (máis xente de la que, a priori, pensaríamos) ou directamente escribe na norma da RAG ou outras (reintegracionista), se ven estas dúas posturas si son máis anecdóticas.

As realidades son necias, e por muito que nos emperremos, por muito que nós téñamos úa postura mui clara, as cousas son como son. Eu podo aneciar na mía postura reintegracionista, mesmo dende a postura posibilista de usar a norma MDGA (remítome aos artigos citados arriba), pero a maior parte da xente del Eo-Navia/Navia-Eo (hasta nesto confrontamos, ben de veces fatamente) escribe esclusivamente en castellano. Dos que escribimos nesta lingua (galego de Asturias/galego-asturiano/fala/eonaviego/asturgalego...), a maioría usan úa norma distinta á mía, e eso non podo obvialo.

Por outro lado, outra xente usa a norma ALLA, pero tampouco poden obviar que, pese a ser maioría dentro dos que escribimos nesta lingua, non deixan de ser minoría na nosa sociedade, como non poden obviar que non somos poucos, non tan poucos como se aveza a presupoer, os que usamos a norma da MDGA ou os que poderían usala sen problema e que, en ben de casos, non la usan pra publicar porque eso supón, case con seguridade, non publicar en Asturias.

El binormativismo galego.

As discusiois entre os defensores dúa norma ou de outra non é nova. Os aragoneses foron exemplo, durante muito tempo, de dous bloques de partidarios de dúas normas ben estremadas entre elas. Máis cerca, tamén os galegos foron exemplo de partidarios de dúas normas ben distintas. Hai diferencias importantes entre el caso galego e el aragonés, e entre ambos dous e el eonaviego. Por úa banda, en Aragón discutíuse muito sobre a norma, pero non sobre a filiación lingüística del aragonés. Nel caso de Galicia e del Eo-Navia a discusión sobre a norma ven da mao da discusión sobre a filiación lingüítica. Por outra banda, apesar de que nel Eo-Navia hai, como apuntábamos arriba, úa norma oficial e en Aragón chegaron a un acordo normativo vai pouco, en ningún dos dous casos houbo un verdadeiro proceso normalizador, onde téñamos úa parte importante da población aragonesa ou eonaviega alfabetizadas nas súas linguas ou úas administraciois que faigan uso normal delas, mentres que, ben que mal, as administraciois galegas fain uso normalmente da súa lingua na norma da RAG e a maior parte dos galegos e das galegas tein un grado alto de alfabetización en galego (coa norma da RAG), manténdose a norma de AGAL viva en sectores mui militantes.

Resultado de imagen de normas aragonésResultado de imagen de propuesta ortografica de l'Academia de l'Aragonés 
As discusiois ortográficas en Aragón non foron pouca cousa.


Temos en Galicia dous discursos lingüísticos distintos. Ún (RAG) que prantía que el galego e el portugués son dúas linguas irmás, pero estremadas. Outro (AGAL), que prantía que el galego e el portugués son, en realidade, a mesma lingua.

Podemos fer el paralelismo entre el discurso da RAG respecto al portugués coel del ALLA/Xeira respecto al galego, e el de AGAL coel da RAG/MDGA (hai que resaltar a incoherencia discursiva da RAG neste tema, pero eso daría para outro post). Nos dous casos, nel galego e nel eonaviego, temos dúas posturas lingüísticas e, en consonancia, dúas propostas normativas. Respecto al Eo-Navia cabe resaltar que úa proposta lusista nunca chegou a prantiarse. Penso que namais Crisanto Veiguela escribe con grafía reintegrada, a pesar de que el discurso reintegracioinsta chega a máis xente (a este que escribe, sen ir máis lonxe).

Entós, temos que os galegos tamén se pegan, e muito, coel tema da norma. E a pesar de que hai úa norma que é a oficial en Galicia (e aquí podemos dicir oficial con todas as letras), os galegos siguen pegándose coel tema da norma. Ademáis, cada vez máis en Galicia sale xente que pretende fer acercamentos a Portugal e al portugués, mesmo asumir que son a mesma lingua, pero sen usar a norma reintegrada. Pretendendo reintegrar doutro xeito, introducindo os neoloxismos dende el portugués e non dende el castellano, por caso.

Resultado de imagen de associaçom galega da língua
A proposta de AGAL pasa por entender el galego dentro
del dominio galego-portugués.


Neste post el que pretendo é defender que a proposta binormativa que AGAL fai pra Galicia é extrapolable al Eo-Navia, fendo este paralelismo. Onde AGAL fala del portugués ou del galego reintegrado, nós podemos falar del galego de Asturias e da norma da MDGA. Onde AGAL fala del galego na norma actual (la da RAG), nós podemos falar del galego-asturiano na súa norma actual (la del ALLA). Non falo eu de propoer a norma AGAL pral Eo-Navia porque entendo que é úa postura que está enriba da mesa en Galicia pero que a niveles prácticos non está enriba da mesa (ou se lo está, é de forma mui testimonial) nel Eo-Navia.


Entós, entendemos que hai discusiois coa norma,  nel Eo-Navia ou en Galicia, ou en Aragón, ou en Miranda del Douro ou en tantos outros lugares.Pero, qué é a estratexia binormativista? Asina lo define AGAL:

O binormativismo é a coexistência, em paridade legal, de dous modelos gráficos para representar umha mesma língua: um modelo mais local e outro semelhante ou compartilhado com um ou vários estados vizinhos. Os usos correspondentes a ambos os modelos nom têm de ser simétricos, mas é importante que ambos contem con reconhecimento legal.


El subrallado é meu. Poin, ademais, a xente de AGAL, el exemplo de Noruega ou el, quiciabes menos conocido, de Luxemburgo:
Os casos que melhor se adaptan às nossas  circunstâncias som o luxemburguês e o norueguês.
No caso do Luxemburgo, a língua culta à qual se subordinava a variedade luxemburguesa até 1986 era o alemám padrom. Um modelo parecido permitiria aos galegos e galegas usarem, para a lingua escrita, quer o português padrom quer o galego oficial atual, segundo fosse a sua conveniência. Para todos os efeitos, ambos teriam consideraçom de línguas diferentes, mas oficiais, que é o que interesa.

Vou deixar adrede fóra el tema del portugués padrón nel Eo-Navia por siguir coel esquema presentado (galego MDGA=galego reintegrado AGAL / galego-asturiano ALLA=galego RAG). Neste caso, seguindo el paralelismo, AGAL non fala del galego reintegrado nel que redactan, sinón del patrón lisboeta, asina que extrapolando el exemplo al Eo-Navia, un modelo parecido permitiría aos eonaviegos e ás eonaviegas usar, para a lingua escrita, quira el galego oficial en Galicia (norma RAG, non la da MDGA), quira el galego-asturiano oficial en Asturias (norma ALLA), considerando el galego e el galego-asturiano como linguas distintas pero oficiales as dúas a tódo-los efectos en Asturias.

El outro exemplo que presenta AGAL, el noruegués, éche ben distinto:
No caso da Noruega convivem duas normas que, ao contrário do que acontece em Luxemburgo, son consensualmente consideradas formas da mesma língua norueguesa: a bokmål, mais próxima á lingua dinamarquesa, e a nyorsk, elaborada a partir dos dialetos ocidentais do país. Todos os ciudadãos têm de conocê-las de forma passiva, mas cada pessoa e cada Administraçom pode usar a que entender. Com um modelo parecido, no contexto galego, as pessoas poderiam estudar quer um português galeguizado (bokmål), quer um galego de elaboraçom autónoma assente nas falas populares (nynorsk) para depois usar, para a língua escrita, o galego-português (com qualquer umha das suas variantes) ou o galego "oficial" atual, segundo qual fosse a sua conveniência.

Volvendo deixar fóra del debate eonaviego el portugués padrón (aínda que podemos introducilo, pero agora non vou felo), e siguindo el esquema que nos marcamos (galego MDGA=galego reintegrado AGAL / galego-asturiano ALLA=galego RAG), cun modelo parecido, no contexto eonaviego, as persoas poderían estudiar, quer un galego eonavieguizado (sería, grosso modo, el que representa a norma da MDGA), quer un galego-asturiano de elaboración autónoma, asentado nas falas populares (sería, grosso modo, el que representaría a norma del ALLA).


E esto pra que?


Se AGAL se pregunta "que ganha a língua da Galiza com o binormartivismo?", e respóndese rápidamente que con esta proposta pretenden "resolver un conflito que a muitas pessoas tem parecido negativo, tornando-o propício para a normalizaçom do idioma". Esto é "o binormativismo fomentaria a colaborçom das posturas autonomista e reintegracionista, salientando que ambas podam ter benefício para o galego".

Nel noso caso, el paralelismo parece máis que evidente. El movemento de reivindicación lingüística nel Eo-Navia xebróuse xa nas orixes en dous grandes bloques (con muitos matices e muitos puntos intermedios, máis del que ás veces quixemos ver), un que poderíamos chamar, con muitas aspas, "galeguista", representado nos 80/90 pola MDGA, e outro que podemos chamar, coas mesmas aspas, "asturianista", representado nos 80/90 por Xeira. Apesar de que el galeguismo en Galicia e el asturianismo nel Centro de Asturias (onde realmente se move el asturianismo) avanzaron muito na súa consideración mutua, e hoi podemos ver organizaciois asturianistas falando del galego de Asturias e organizaciois galeguistas reconocendo el asturianía del Eo-Navia, el propio Eo-Navia quedou á marxe de estos avances nas relaciois entre el galeguismo e el asturianismo, e no que esto influi na normalización del noso idioma. Quedamos, os eonaviegos, enquistados nel conflicto dos anos 90, mentres el conxunto del asturianismo e del galeguismo (atrévome a dicir el conxunto de Asturias e Galicia) avanzaron por outros camíos.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilj-uww56wSxRdmLpsEiK4PkAS1tYjozdUkazZPrRmobknf097YA4HOfrOX3oStjSXbGgYary3RzBwAWHr65wk7ziSh_2eTKNv7__8Xv-FRyYNpRJ0EMb4DgnFlIiA8sp_u4QSr0UbN596/s1600/normas+MDGA.jpgResultado de imagen de normas gallego asturiano
Das diferencias del movemento de reivindicación lingüística nel
Eo-Navia nos 80/90 xurdeu a aparición de dúas normas distintas.


AGAL, na súa proposta, non esconde que hai puntos fracos. Asina lo espoin elos:
Por um lado, introduzir o ensino da ortografía portuguesa mas aulas de galego faría que os sectores do galeguismo mais adversos ao reintegracionismo sentissem questionada a independência da língua galega.

Por outro lado, generalizar o ensino do portugu
ês como segunda língua estrangeira (com um padrão lusitano uniforme, mesmo fonético), para além de nom ser priotário no orçamento da Administaçom pública, que está a permitir que a Extremadura e outras Comunidades venham a liderar no futuro a relaçom com Portugal, poderia colidir com o uso ativo das modalidades em construçom do português galego (refletidas da Ortografia Galega Moderna), que deveriam ser reconhecidas no futuro polas instituões do português a nivel internacional, asunto que fica fora neste momento.

Evidentemente, soi conscente de que, por un lado, de aceptar el binormativismo á norueguesa, pode resultar duro para a xente que defende el galego-asturiano como úa lingua distinta del galego e del asturiano porque se aceptaría a posta en práctica da grafía dos que pensamos que é úa variedade del galego. Pois discusión non é se poemos ou non un apóstrofo (de ser asina, a solución sería máis xinxela, como se pode dicir que lo foi en Aragón, pero a discusión non é ortográfica solamente). 

Por outro lado, el sistema luxemburgués, que entendo que non é el que convence máis á xente de AGAL, e non é el que me convence a min, pois incorporaría el uso, non xa da norma da MDGA, sinón da norma da RAG, pero nel uso dúa lingua entendida como distinta. Esto é, entenderíamos a escritura en galego RAG como poderíamos entender a escritura en catalán.

Con todo, el binormativismo á norueguesa pode ser aceptable pra todos, xa que supón aceptar legalmente el que é xa úa realidade social. Que hai xente que escribimos nesta lingua coa norma da MDGA e outros coa norma del ALLA. E se ben cabe a discusión filolóxica ou sociolingüística, a niveles pragmáticos, podemos deixar de lado el por qué lo femos dun xeito ou doutro e practicar a discrepancia na convivencia.

Estamos núa situación particularmente ruía pral Eo-Navia. El aparente fortaleza que tían dalgúas organizaciois, desapareceu. Al lado ou enfrente desas organizaciois parecían boligar outras organizaciois, outra xente que fía cousas núa direccion ou outra. E entre us e outros sumábamos (apesar de que poucas veces quixemos sumar) un peteirín amañoso de organizaciois e de xente que foi diluíndose nun silencio preocupante.

Non son tempos pra ver de quen foi a culpa. Nin sequera de analizar quen tuvo que responsabilidade. Pra eso tempo haberá condo limpemos un pouco as mancaduras. Quiciabes é tempo de axuntar forzas. Pero eu non lle podo pidir a naide que se axunte a min arrenunciando al sou discurso, aos sous vezos e á súa norma. Del mesmo xeito non estou disposto a aceptar que naide mo pida a min. Si podemos, úrxenos, diría eu, pidirnos e obrigarnos a nós mesmos a renunciar aos nosos prexuicios, aos nosos roces, e axuntar pasín a paso, respetandonos e apreciándonos os us aos outros, escribamos núa norma ou nel outra, porque todos nós queremos luitar pola nosa lingua (chamémosla como la chamemos) e pola nosa terra.

Aquí a mía proposta, que como xa dixen, non é el resultado del meu xenio intelectual, máis ben probe, sinón úa solución na que outros traballan pra elos e nós podemos traballar pra nós. Non é posible que haxa publicaciois eonaviegas en galego-asturiano con textos nas dúas normas? Mesmo asociaciois e organizaciois eonaviegas que se presenten al mundo nas dúas normas? Pode ser que, sen grandes esparabanes, asumamos que el que escribe na outra norma nin é menos nin ten por qué ser invisibilizado? E esta pergunta fáigola, que conste, hacia os dous lados.


Nel 2017 escribín sobre a Xuntanza de Roxíos. Escribín, parafraseando, en realidade, as palabras de outra asistente, que "necesitamos establecer relaciois de amabilidade". Son palabras ben guapas, pero necesitan levarse á práctica. Axuntar xente de distintas sensibilidades e xantar xuntos é bon, pero se despois cada un volve prá súa casa e siguimos mirando de costas pral outro, pouco amañamos. Penso que esta proposta binormativa coincide con aquel espíritu de Roxíos que, apesar de que algún pesara lo contrario, non foi resucitar úa MDGA 2.0, xa que de ser asina non cabería esta proposta, sinón a defensa única dúa norma determinada. Agora haberá que ver quen se vai sumando a esta empresa. E haberá por fer que seña un espacio cómodo pra todo el mundo, que naide se sinta marciano.

Resultado de imagen de castropol
Imos fer boligar a nosa terra?
Imos fer boligar a nosa lingua? 

segunda-feira, 4 de novembro de 2019

A casa patrucia.

y vólvese dolo noutro anoitecer
d'outro inverno 
d'outra vida máis, 
feita d'aquel mesmo sangre.
              Xosé Miguel Suárez, A casa patrucia. 

Non era mala casa, 
a casa patrucia. 
Non era desas casas grandes, 
ás cuatro auguas, 
pero érache úa boa casa. 
Os vellos cambiaran el piso 
de madeira de pino
por caoba americana. 
As ventás de bon castañeiro
deran paso a outras de aluminio, 
mais cos tempos. 

Nunca tuveron grandes eiros, 
pero si us mazueiros
que se extenden hasta a lende, 
entre algún pexegueiro, 
limueiros pequenacos
que paren
descumulanes limois. 
Aquela naranxeira, 
nenía dos ollos del pai. 
As figueiras fillas
da figueiroa del vecín
e a xoia da coroa, 
a noceira que deitada medra
asomeñando a quilla dun barco. 

Un pouco máis abaxo xace, 
en eterno descanso, 
aquela mula que morrera, 
como morría a xente, 
cansa dos traballos. 

E úa pedra 
arrancada á terra
que sirve al reposo. 
Al abrir os ouguidos al chorar
del río
que aló abaxo
corre enrabiado
a morrer al mar.

Como as vidas nosas.



segunda-feira, 28 de outubro de 2019

Os galegos.

Os pasados 25, 26 e 27 de outubre tuven a maravillosa oportunidade de estar en Chantada (nel encontro poético luso-galaico, del que xa falarei) colos meus grandes amigos Quique Roxíos e Isabel. Anduvemos por Lugo, Monforte e a Ribeira Sacra (Chantada, Belesar e A Ermida). Puden observar varias cousas que son ben distintas en Galicia e Asturias. Sen querer con elo fer de menos nin Asturias nin al asturianismo, creo que muito podemos aprender.



Sonche xente rara, 
os galegos. 
Sonche raros
e chaman ás rúas
rúa. 
Chaman ás estradas
estrada. 
Sonche xente asina de rara. 

Non tein, 
os galegos, 
Ayuntamiento,
tein daqué que chaman 
Casa do Concello.

As súas rúas mesmas, 
sendo rúas,
non son como as asturianas. 

Os galegos de Lugo
pasían entre bustos
de Pondal
                  Castelao
                                 Rosalía. 

E de Rosalía falan, 
e dicen que era galeguista. 
Non como os asturianos de Ḷḷuarca 
que saber non saben
das cartas entre el bon Galo e el de Pría. 
Que falan, 
os asturianos de Ḷḷuarca, 
de falieḷḷas
e da Sección Femenina
bailándolle a La Regalina.
Ou afirman que Nené
escribía algo
en bable.
Sonche como os asturianos de Cuaña, 
que falar falan en fala. 

Sonche chamadeiros os galegos. 
Nas súas rúas poin placas 
recordando ás Irmandades da Fala, 
as xuntanzas nacionalistas de Monforte. 

Non como fai a mía terra, 
que por esqueicer esqueice el esqueizo. 
Que Castripol foi de Asturias capital 
durante a francesada, 
que as palabras máis vellas
escritas en lingua galego-portuguesa
sonche vilanovesas. 

Que houbo minas de ferro
que xuntaban terras franquías
e terras holandesas.

Que un funicular 
acercaba el mar
ás terras grandalesas. 

Sonche raros de collois
os galegos estos. 
En Lugo tein muralla
e non la desmontaron
con grúas,
como ben fixeron os uvedíos, 
nin la deixaron de noxo caer, 
como ben fain os naviegos. 

Sonche xente rara, 
que peonalizan Lugo
e mais Pontevedra. 

Sonche raros
e aos nenos lles falan
en galego! 
Como fairán os nenos pra entendelo? 

Parecera que non quixeran, 
os galegos, 
ser tan castellanos como debecemos
a este lado del Eo. 







terça-feira, 15 de outubro de 2019

Non deixemos que nos silencien.

El peor que pode pasar condo se perde a calidade democrática non é a perda en sí mesma, senón que esta se dea sen que a ciudadanía seña conscente ou, pior aínda, sen que lle importe gran cousa. Aínda é pior que haxa xente que se alegre da perda democrática porque considere que hai outras cousas máis importantes, por caso a nación. Este é el caso del que pasou el 1 de Outubre de vai un par de anos, condo pudimos ver a parte da ciudadanía berrando aquelo de "a por ellos". Hoi, gran parte da ciudadanía española estará ben contenta de que haxa xente condenada a prisión por querer decidir sobre el sou futuro del xeito nel que, supostamente, deciden as sociedades democráticas, votando.


Úa cousa na que se está insistindo dende algús medios catalais é na idea de que el interpretación que el Tribunal Supremo fai del delito de sedición abre as portas para que colquer protesta pública poda ser considerada sedición, xa que se considera sedición a resistencia al autoridade con intención de cambiar el orde establecido. Esto resúltanos preocupante como soberanistas, como defensores del autodeterminación, como demócratas... Pero mesmo resulta preocupante como ciudadanos del Reino de España. Por muito que un puidera defender a unidade indiscutible de España, esta sentencia e este precedente vai volvérselle en contra condo colquera manifestación poda ser considerada sedición. Bon, colquera menos as que fain os chamados señardosos nel Valle de los Caídos, que, embora desobedezan abertamente as indicaciois da Guardia Civil, non sufren ningúa consecuencia, nin los escorren a toletazos.

El Estado, asina, impón a súa razón de ser porriba de colquera outro criterio. E failo impoendo a Lei, pero tamén desenvolvendo todo el aparato propagandístico que ten al alcance. Porque al final, úa mentira repetida mil veces (como que el procés foi un acontecemento chen de violencia), convírtese núa realidade.

En Asturias daqué sabemos del aparato propagandístico del Estado. Esta semana os medios de comunicación (recordemos que el principal medio de prensa escrita en Asturias foi fundado por Falange) bombardéannos coa visita del rei de España nus premios que, prá prensa asturiana e española, dá a Asturias úa proxección internacional que, a pouco que ún consulte a prensa internacional, pode ver que non se axusta á realidade.

Úa propaganda que presenta úa Asturias berzo de España, frente aos malois catalais, sen maior personalidade propia. Úa propaganda que se asenta en a visita da princesa Leonor e sous augustos pais (Canteli dixit) que, como xa pasou condo veu á coronación como señora deste Principado en Cuadonga, bota mao del esencialismo máis rancio e sempre ligada aos poderes fácticos, el Exército e a Igrexa. El ano pasado na Basílica de Cuadonga, pretendendo rememorar al rei Polaio, este ano na Catedral, imaxino que coa exposición da Cruz da Victoria e la dos Ánxeles. E claro, nesta augusta foto non pintan ben os tres traballadores de Vesuvius enzarrados en folga de fame na Catedral. A pergunta é obrigada, que van fer con elos? Porque lo mesmo acabamos concruíndo, entre aplausos rexios, que os traballadores de Vesuvius están sendo sediciosos e atentan contra España e ún dos sous pricipales símbolos, a Coroa.

 Los trabajadores de Vesuvius animan a los representantes de la plantilla instantes antes de entrar en el Sasec, en Oviedo. / JUAN LLACA

Pero non se preocupen os traballadores de Vesuvius, se los botan da Catedral, sempre podrán arroparse coa bandeiroa xigante que el alcalde uviedín, Alfredo Canteli, pretende poer na Escandalera, porque España, a España monárquica, cadaldía máis militarizada, represiva, é a nosa prioridade.

E el pior non é que elos lo faigan, sinón que nós llelo deixemos, que nos enganen e nos desinformen, como se dice agora, que non nos arrouben el relato.

Na esquerda soberanista asturiana temos claro que levan anos querendonos impoer un relato falso. Un relato dúa Asturias idílica núa España exemplar. Dúa Asturias na que a industria non pecha, na que a xente non perde os postos de traballo ou non traballa precariamente e disfrutamos da sidra e os cachopos núa España que é un estado de dereto onde todos somos iguales, onde non se encarcela a naide polas ideas políticas, apesar da sentencia al procés, a pesar da sentencia aos rapaces de Altsatsu (daqué fairían), porque non hai abuso que non poda taparse cúa bandeiroa e coa sonrisa feliz da nena Leonor, descendente directa de Polaio. Mexan porriba de nós e toca dicir que chove. Por eso ointe estuven na concentración de apoio aos traballadores de Vesuvius na Plaza de la Catedral d'Uviéu e na Escandalera en apoio aos presos políticos catalais. Por eso hei estar na Escandalera contra os Premios da Vergoña, que non tein el obxectivo de premiar el arte, a ciencia, a concordia... senón de aprovetarse da proxección de personalidades reconocidas pra branquiar a Monarquía, a mesma Monarquía que arengou ás Forzas del Orde a quitar urnas e que arengará a quitar del medio as protestas dos traballadores, como dos que agora están en folga de fame en Asturias. Non queremos ser cómplices del engano al que se somete al noso poblo.

Por eso vos animo tamén a arrimarvos polas conferencias e actos que a plataforma Luitando pola Soberanía ten preparados neste Semana Republicana, na Llegra (El Postigu Baxu, 40, Uviéu), que empricipia hoi mesmo.

E, por suposto, anímovos a estar el venres ás 17:00 berrando alto que nin temos reis, nin somos vasallos, nin imos aceptar el sentimento antidemocrático que nos queren inocular.

 

domingo, 6 de outubro de 2019

Patria covarde.

El diputado de Vox, Ignacio Blanco, fue más allá argumentando que no tenía sentido levantar «barreras» en un parlamento en el que todo el mundo se entendía en castellano.
El Comercio, 1-10-19.


Esta patria covarde
comida polo medo
                           pola traición 
                                             polo esqueizo,
nin é patria
nin é nada.

Éche úa cárcele 
de sí mesma, 
filla de Urano
e pai de Cronos. 

Un extraño ser que se devora 
sen deixar nada. 

Úa cárcele que silencia as linguas nosas, 
úa patria castellana
que arrenega de todo conto asturiano seña. 

Úa patria castellana 
capaz de silenciar as nosas voces 
e afogar os nosos corazois. 

Úa patria apátrida
de si mesma. 

Qué fixeche Asturias mía, 
para deixar de chamarte patria. 


terça-feira, 4 de junho de 2019

Carta a un pai (II).


Como quixera eu

todas as miserias túas.
Morrer con vida
e non vivir morrendo.

Teño hoi na mesa, 
a máis probe de tódaslas mesas,
un pouco de queixo
e pan de antointe.

Teño hoi as miserias túas
e a cachola fervente
interrogándome cadaldía
qué neno
              qué nena
estou botando al mundo.

Interrogándome cadaldía
qué mundo estou semando
prá nena
            pral neno.

E teño hoi
un corpo tibio
esperándome espido nas noites
nas que,
canso del mundo,
retorno pra repousar os ollos,
el corpo,
el espíritu.
Núa cama na que podo,
como a gata que se fai paxarella
ferme e referme
e renacer feito un home
novo.

Quiciabes todos os homes señan
un home novo
al erguerse cada mañá.

Teño hoi,
xahora,
todo el que podía ter,
e non boto en falta
nada.

E,
al fin,
hoi soi el home máis rico de tódolos homes
na mesa máis probe de tódalas mesas,
con un pouco de queixo
e pan de antointe.

E,
al fin,
podo pechar os ollos,
rir ás gargalladas
e descansar.

E,
al fin,
esto,
esto
era a felicidá.

domingo, 19 de maio de 2019

Espazos.

Os espazos políticos, culturales e económicos nos que un país se desenvolve son fundamentales para, por úa banda, a relación coel resto de países del mundo e, por outra banda, para el súa composición, para el discurso que el país elabora sobre sí mesmo, tanto cara afora, aos demais países, como cara adentro, al propio país.

Gran parte da concencia nacional depende desto, por esa razón é para os franceses tan importante a Francofonía, para os españoles a Hispanidade ou para os Portugueses a lusofonía. Pero tamén  para os arxentinos ou os mexicanos (el país con máis hispanofalantes del mundo) é importante a Hispanidade ou para os angolanos e mozambicanos é importante a Lusofonía e para os quebequeses e os senegaleses a Francofonía. E nestos últimos casos, a Francofonía é importante para os quebequeses para formar parte dun espazo internacional sen ter que pasar por Ottawa, pero para os senegaleses supón por un lado el resgo de siguir ligados a úa relación colonial con Francia, nun país onde el única lingua nacional é el francés (el mesmo podemos dicir de Angola e Mozambique respecto a Portugal), pero al tempo supón que nun país onde el woloff aspira a convertirse en lingua nacional e este grupo étnico é el mayoritario y máis prestixiado, outros grupos étnicos/lingüísticos, pomo os poule, os mandinga ou os serere, podan manter úa relación nacional, non sempre harmoniosa, colos woloff.

Non sólo a cuestión lingüística é la que se toma en conta al hora de construir espazos internacionales, temos espacios culturales e/ou relixiosos, como a Liga Árabe, xeográficos/económicos, como a Unión Europea, a Unión Africana, a identidade panlatinoamericana... militares, como a OTAN, económico-financieiros, como a Eurozona, a Confederación Financieira Africana, Mercosur, ALBA...

En definitiva, os poblos del mundo, e os Estados (que nin sempre se corresponden colos poblos, nin sempre defenden os intereses dos poblos) relaciónanse entre sí de muitas e mui variadas formas.


Os poblos sen estado temos tamén marcos de relación. Asina, os poblos del Arco Atlántico temos el marco extraordinario que nos dá el celtismo. Apesar de que a Liga Celta confórmanla os países de lingua celta, Asturias e Galiza temos presencia nel marco celta, en puntos de encontro de indiscutible valor, como el festival intercéltico de An Orian e outros muitos, tendo nós festivales de relevancia internacional, como el de Avilés ou el de Tapia (en Asturias), ou el de Ortigueira (en Galiza).

Celticidade.

Nel marco cultural, apesar de que non falta quen quer ver nel celtismo desvaríos etnicistas, el celtismo supón dun gran interés para Asturias no que toca a identidade e al reconocemento nel mundo, xa que é un espazo internacional nel que nos presentamos como asturianos, non como españoles (como pode pasar coa Hispanidade), fémoslo sen pasar por Madrid e, ademais, nas nosas linguas (nel mundo folk asturiano, al contrario del que pode pasar nel escocés ou nel bretón, a producción cultural faise nas linguas propias del país), a través da cultura propia (embora haxa quen poda prantiar úa excesiva irlandesización da nosa música) e da identidade e simboloxía propia.



Imagen relacionada          Resultado de imagen de bandera bereber
Bandeiras celta e amazigh. Embora non haxa úa liga amaigh, existe
úa identidade amazigh internacional.

El espacio celta, ademais, podería servirnos, de coller un cariz máis aló de lo meramente cultural, para crear un mercado atlántico, un mercado cara as Isllas Británicas ou Bretaña. Esqueicimos que Asturias foi (primeiro de que a Coroa Española antepuese os intereses naranxeiros valencianos aos asturianos) un importante exportador de cítricos ás Isllas Británicas? Un espacio político, ademais, para establecer solidaridade nel marco europeo entre os nosos países.


Hispanidade e Lusofonía.

Asturias forma parte da Hispanidade a través de España e da lingua castellana, pero non é sólo a lingua a relación que temos coa Hispanidade. Úa cousa que para os que reivindicamos as linguas propias de Asturias pode doler reconocer é a relación que temos con boa parte del mundo a través del castellano, e non podemos pretender que non hai relación entre el castellano e que as nosas comunidades fora del país están fundamentalmente en América Latina. E, mui especialmente, as comunidades organizadas. Cuba, Arxentina, Venezuela... están chías de Centros Asturianos que representan a nosa diáspora. Sí, temos úa diáspora máis moderna en Suiza ou Alemaña e, inda máis moderna, nel Reino Unido, pero non é nin tan numerosa nin está igual de organizada.

Fendo política ficción, úa hipotética República Asturiana non debería salir da Hispanidade, aunque seña namais polas nosas históricas relaciois con América Latina.

E, embora a emigración asturiana e as relaciois de Asturias con Brasil non señan las que mantemos con Cuba ou Arxentina, a Lusofonía é un espazo que debemos defender. Debemos defendelo mui especialmente dende el Eo-Navia, xa que somos el Asturias lusófona, el Asturias que mellor espricaría por qué temos que formar parte da Lusofonía.

Aquí caben dúas interpretaciois. É el Eo-Navia, non Asturias, quen debe formar parte da Lusofonía. É Asturias quen ten que formar parte da Lusofonía. Eu entendo que Asturias toda ten que formar parte da Lusofonía. Primeiro, porque é coerente coel discurso de que Asturias ten dúas linguas nacionales, el galego e el asturiano. Non, non acepto el discurso de a oficialidade del asturiano e del galego-asturiano nel sou ámbeto territorial, esa lóxica que fae que el asturiano seña a lingua de Asturias e el galego-asturiano úa especie de lingua rexional. Pero ademais, entendendo que a nosa lingua é el galego-portugués, ábrensenos ás portas da Lusofonía, como se lles abriron aos galegos. E ábrensenos aos eonaviegos e al conxunto de Asturias. Porque, sen un Estado forte, en número importa. A lingua asturiano-leonesa (tamén León podería entrar na Lusofonía) ten un parentesco coa lingua galego-portuguesa indiscutible, un parentesco que vai máis aló de seren dúas linguas románicas da Penisula Ibérica. Se el galego e el castellano son linguas irmás, el galego e el asturiano son linguas xemelgas. Al final, se Guinea Ecuatorial entrou dentro da Lusofonía (coa xida da población lusófona), non vai poder entrar el Asturias asturianofalante?

Galiza, neste sentido, abriunos úa porta enorme, al ser el primeiro territorio que non é un Estado soberano en entrar na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa, permitindo que os galegos paricipen nun espacio internacional cultural, pero tamén político e socio-económico.

Bandeira CPLP.svg.png

Mui probablemente foi a través del reintegracionismo que el galeguismo dos anos 80 accedeu aos discursos anticoloniales angolanos e mozambicanos, paradóxicamente a través da lingua del colonizador portugués, un colonizador que, todo seña dito, non ten el peso que ten España na Hispanidade, xa que el contrapeso de Brasil (úa potencia emerxente de referencia en América Latina), desprazou a Portugal como mai e señora da lingua.

Iberismo e gallaecismo.

E se Galiza nos abre a todos os asturianos (galegofalantes e asturianofalantes) as portas da Lusofonía, como abriron as portas da celticidade, e como nós podemos abrirllas aos leoneses (galegofalantes e asturianofalantes), Uviéu pode abrir as portas del gallaecismo.

Os galegos levan a honra ser el destín del Camín de Santiago, sendo el Camín un caudal cultural que vertebrou Europa condo as nosas naciois collían forma. Foi Alfonso II quen, dende a Catedral de Uviéu, inagurou a pelegrinación a Santiago. As súas cidades están irmanadas (pouco se nota en Uviéu a diferencia de irmanamento con Santiago e con Tampa, condo para os uviedíos non poden significar lo mesmo a cidade estadounidense e a capital galega). As dúas cidades son capitales de dous países que, como espuxen arriba, máis que irmaos son xemelgos, dúas cidades catedralicias con un peso histórico importante. A unión xacobea (falo de cultura, non de relixión) ben podera ser a columna vertebral da unión del Noroeste peninsular. Galiza, Asturias, el País Leonés e Cantabria temos ven de intereses en común a defender nas estructuras españolas (agora que puemos a oficialidade enriba da mesa, non teríamos máis forza traballando coa xente de León?), a defensa dos mesmos intereses mineiros, dos mesmos intereses gandeiros, agrarios, pesqueiros, ferroviarios... A defensa dun corredor cantábrico, non é pouca cousa para contruir un marco noroccidental.

Un marco noroccidental que pode extenderse al Norte de Portugal, con úa relación importante nese entorno que, kilómetro arriba, kilómetro abaxo, marca a antigua Gallaecia.


E, nestas, chegamos al iberismo. Para los que nalgún momento fumos federalistas, el iberismo é un pouco úa forma de revivir aquel amor platónico da mocidade. Se España pode ser ou non federal (dicía Castelao que España non é nin federal nin federable) é un debate nel que non vou entrar neste post. Que Asturias non é úa República independente e que non parece que non vaia selo próximamente é úa evidencia. Que se queremos concebir Asturias como suxeto político temos que partir dese feito, non sería daqué que debéramos perder de vista. Europa (UE mediante ou sen contar coa UE) é un referente evidente, pero dentro del Estado español necesitamos texer redes. Asina lo ven, por caso, os partidos políticos que forman parte de Agora Repúblicas están texendo úa rede estratéxica nel marco europeo partindo del marco español. Non, Gaza, Finlandia ou Gales (apesar del celtismo que defendemos arriba) non ten as relaciois con Asturias que León, Andalucía ou Aragón. É evidente que el Reino de España marca as nosas relaciois, gústenos ou non. El iberismo é un xeito de relacionarnos con Aragón, Cataluña, Andalucía... nun marco español (que nos ven imposto), intentando que Madrid perda el peso hexemónico. Ademáis, iberismo é, para nós, establecer maiores relaciois con Portugal, lo que casa coel gallaeicismo del que falábamos arriba e coa Lusofonía, ademais de fortalecer as relaciois del Asturias asturianofalante con Miranda del Douru (e lo útil que é para recuperar relaciois coel León asturianofalante).


Marco europeo e mundial.

Para el soberanismo asturiano el intenacionalismo é de relevancia vital. Dende parámetros máis marxistas ou máis libertarios (ambos mui presentes nel asturianismo), el internacionalismo é peza clave na nosa ideoloxía. Evidentemente, por europeístas que séñamos, el Unión Europea que pon vallas (nel continente europeo e nel continente africano, España mediante), que nega asilo aos refuxiados e deixa que el Mediterráneo seña úa enorme fosa común subacuática, non é el noso referente. Non é el noso referente a OTAN imperialista que invade países e aniquila poblos, nin el Banco Mundial ou el Fondo Monetario Internacional.

Pero non podemos darlle ás costas á realidade. Non, non vivimos na República Popular Asturiana, vivimos nel Principado de Asturias, máis que nos pese. Con todo, nada nos quita de texer redes con otros poblos. As diásporas son a ferramenta principal. As comunidades asturiana pol mundo e as comunidades del mundo en Asturias tein que servirnos para texer redes con outros poblos. Esto pasa por reconocer aos inmigrantes e aos emigrantes como persoas que pertencen a dous poblos, al poblo de orixe e al de destín. Por entender que onde vemos un senegalés, un francés, un marroquín ou un italiano, pode que debéramos ver a un diola de Casamanza, un bretón ou un occitano, un rifeño ou un sardo.


 de}}}República del Rif Bandera d'Occitània
Flag of Sardinia, Italy.svg  Resultado de imagen de bandera gitana

 Bandeiras de Casamanza, República del Rif, Occitania, Sardeña, dos uigures de Sikian e del poblo xitano.


A nivel estratéxico, non somos un estado, pero podemos luitar por acabar coa hexemonía dos EUA, fomentando actividades culturales, económicas e políticas con estados dos cinco continentes, especialmente aquelos que pol sou peso político disputan a hexemonía estadounidense, xa a nivel mundial (China ou Rusia), xa nos distintos contintentes (Angola, Venezuela, Exipto...).


Conclusiois.

En definitiva, se el soberanismo asturiano quer construir país, debe construir país hacia adentro, revitalizando as linguas, a economía, a identidade, os recursos económicos e humanos de Asturias. Pero é igual de relevante contruir hacia afora. Participar en marcos internacionales nos que nos reconozan e nos reconozamos, que nos sirvan de altavoz e nos lexitimen, xa que a mera voluntade dun poblo de ser (se é que esa voluntade existe) non lexitima nada se naide máis lo reconoce (a política internacional está chía de exemplos).

Al séremonos un poblo sen estado os marcos máis políticos, máis económicos, poden estarnos pechados, pero non los culturales (celticidade, lusofonía, hispanidade, gallaecidade...), dos que poden xurdir, piano piano, outros marcos, imprescindibles para ser e estar con tódolos poblos del mundo.