terça-feira, 17 de novembro de 2015

Je suis musulman.


«Cuando los nazis vinieron a buscar a los comunistas,
guardé silencio,
porque yo no era comunista.
Cuando encarcelaron a los socialdemócratas,
guardé silencio,
porque yo no era socialdemócrata.
Cuando vinieron a buscar a los sindicalistas,
no protesté,
porque yo no era sindicalista.
Cuando vinieron a por los judíos,
no pronuncié palabra,
porque yo no era judío.
Cuando finalmente vinieron a por mí,
no había nadie más que pudiera protestar.»

(Martin Niemöller)



Condo en xeneiro deste ano foi el atentado contra a revista satírica parisina Charlie Hebdo, tocou falar da islamofobia crecente nesta Europa de liberdade. Tocou falar da demagoxia e da doble moral que fai que rirse dos mortos dos atentados del Cairo seña liberdade de expresión e rirse dos mortos de Charlie Hebdo seña apoloxía del terrorismo.



Porque úa cousa é que nun exercicio de etnocentrismo absurdo e racista entendamos que é máis merecedora de conmiseración úa desgracia que asocede en Europa que úa que asocede en Oriente Medio ou en África e outra cousa é entender que é lexítimo fer burla coa desgracia dos outros e inadmisible fela colos mortos deste lado del Mediterráneo.





Que fai que úa de estas dúas portadas

seña admisible e el outra non?



E é que, xa non é que non lle quéramos dar a mesma importancia a úa vida europea que a úa vida árabe, a cousa é moito máis dañina que el cimpre eurocentrismo. A cousa é que úa vida árabe non nos causa ningún tipo de conmiseración porque «xa se sabe... nestos países...».



Pasou lo de Charlie Hebdo e a comparación fíase obrigada para todos os que entendemos el mundo de forma global e non racista. Que diferencia á portada que satiriza a morte del exipcio da portada que satiriza á morte del francés? Que diferencia el sufrimento del exipcio del sufrimento del francés?



E chegou Siria. E chegou el chamado a acoller refuxiados (cabería perguntarnos tamén por que non chega ese chamado para acoller refuxiados de outros conflictos, pero eso xa dá para outra vez). E chegaron os discursos racistas e, moi particularmente, envoltos núa crecente islamofobia. Aquelos que dicen que estamos metendo al enemigo na casa (e é que os que están avezados al linguaxe militarista, porque non entenden nin queren entender outro, sempre falan e términos bélicos, os que queren naturalizar). E el amenaza de que os sirios iban poer bombas, quitarnos el traballo, roubarnos as mulleres e erguer minaretes como rascacelos en cada lugar de Europa fexo presencia axina.



Dende que el Estado Islámico chamou ás portas del Kurdistán (coa complicidade asasina de Turquía e da UE) e entrou en Siria, nel Reino de España os medios de comunicación tuveron úa única obsesión, mostrarnos imaxes de imais (presentados únicamente como imais, sen maior matización) reclamando Al-Ándalus. Tal parecera que a morte de millois de persoas en Siria, Iraq, el Kurdistán, Turquía... non importaran nada, senón que el que importaba era úa máis que improbable invasión del Reino de España, con mapas que nos recalcaban lo cerca cerquísima que estamos del mundo árabe (el Estado Islámico, Siria, Afganistán, Marrocos, Alxeria... que máis dará se son todos árabes e musulmais... todos moros).





Asustar á población europea
 e moi en particular á española
coa amenaza musulmana foi construíndo 
un clima de medo hacia os invasores 
escondidos detrás de colquera musulmán.


A manipulación informativa tampouco é nova, como non é novo el sentimento antimusulmán (que al final é tamén antiárabe, núa sociedade que non distingue moi ben os dous conceptos) que os medios de comunicación estenden por todo Occidente. Asina, dende el atentado contra as Torres Xemelgas el 11 de setembre del 2001, os musulmais foron el coco que asustaba a todo el mundo. E xa en aquel entós se quiso visibilizar un mundo musulmán que, sen escepciois, era hostil a todo-lo occidental (asina coas imaxes de palestíos celebrando os atentados, que resultaron ser falsas, como un periodista estadounidense denunciou). Pero a veracidade é lo que menos importaba. Anque despois a todos nos quedase claro que era úa patraña, na primeira imaxe grabada nas nenías dos nosos ollos estaban aquelos señores árabes, musulmais, con xilabas que pisotiaban úa bandeira dos Estados Unidos xusto el día que os Estados Unidos acababan de sufrir aquel mortal golpe (non importa a efectos emocionales que as imaxes foran de 10 anos antias nin que Gaza sufra constantemente ese terror).





El yihadismo tamén soubo aprovetar esta realidade, de golpe el enemigo occidental que los invadía, podía servirlles para captar adeptos á súa causa. Non sólo nel Oriente Medio, senón nel corazón de Occidente.



El Reino Unido e a República Francesa xogaron un papel clave. Na República Francesa, avezados a falar de inmigrantes de primeira, segunda, terceira... xeración (como se un puidera ser inmigrante na terra na que nace) atoparon úa población musulmana, normalmente de orixe árabe (en Francia foi importante a migración alxeriana, antigua colonia francesa) na que a Republique de la liberté, egalité et fraternité non puxera ningún esfouto en integrar na sociedade francesa. Us musulmais que por procesos económicos, sociales... de guetización e marxinación social, non se sentían parte da República Francesa, pero tampouco dos países dos que chegaran os sous pais ou os sous avolos, xa que eran países nos que nunca viviran e onde podrían ter familia, pero non chegaban a ter lazos reales. Orfos de colquer referente social, non era de estrañar que algún vira nel yihadismo úa salida.



E chegou Charlie Hebdo, aquela revista cola que todo el mundo se solidarizaba. Aquel je suis Charlie (naide puxo un je sui Le Cairo, senón que fixeran burlas daquelas mortes). E Marie LePen sacou el artilleiría pesada. Son os musulmais, elos foron...



Tamén al sur dos Pirineos se xogou a ese xogo. Memorable (por cutre) fora a campaña difamatoria de Democracia Nacional contra os inmigrantes árabes~musulmais (nunca lles interesou fer a diferencia).



A campaña de Democracia Nacional pretendía que

era a población musulmana a que poía esos letreiros

amenazantes. Por certo, el texto en carácteres árabes

non quer dicir nada, son carácteres postos al tun-tún. 



Como nel caso estadounidense, nel Reino de España tamén se botaba mao da difamación para crear un entorno islamófobo. Un entorno que impediría a integración real das persoas musulmanas e xeraría úa brecha entre os musulmais e os non musulmais moi interesante para a estrema dereta e, anque fora de rebote, para el yihadismo.



E chegaron os atentados masivos de esta semana en París e en Beirut (despois tamén en Quenia). E todos volvimos ser París (pero naide foi Beirut nin Quenia). E chegou el medo aos musulmais outra vez. En realidade sempre estuvera aí. Al menos dende el 2001 estaba aí.



E volveron os nervios, volvéu el acusación, foron os musulmais. Por máis que instituciois importantes nel estado como a Junta Islámica Española, la Federació Islámica de Catalunya ou a Comunidad Musulmana Ahmadiyya condenaran el atentado (con máis présa que colquera outro atentado que el Estado Islámico ven comentendo nel Oriente Medio). E volveu a reproducirse sen medo a islamofobia. Xa non importa ser ou non políticamente correcto.


Xunto ás xa consabidas bandeiras da República Francesa para mostrar a condena aos atentados (moitas en perfiles de musulmais) as redes sociales empezan a encherse de logotipos como el de arriba, e empezan a verse discursos xenófobos demandando que volvan aos sous países (como se este non fora el sou país) ou mesmo declaraciois de escritores de renome como Arturo Pérez-Reverte que, lonxe de chamar á calma, son úa chamada á violencia en toda regla, con afirmaciois como «Es la guerra santa, idiotas» ou «la Europa de ideas serenas, democracia, cultura y dignidad está asustada, estupefacta y en fuga». Declaraciois verquidas en Twitter que, dito seña de paso, non sei por que os medios fain de altavoz, xa que non considero noticiable nin os artículos de opinión nin moito menos os tuits dun señor, por moi escritor e académico da lingua española que seña. Xa non imos entrar nas declaraciois de grupos da estrema dereta como Plataforma per Catalunya, Democracia Nacional... que xerannos menos interés. Si el de dalgúas persoas da prensa, como Isabel San Sebastián, que declararía en Twitter: «Espero manifestaciones masivas de musulmanes condenando #AtaquesParís y gritando que ALÁ NO QUIERE ASESINATOS. El silencio es cómplice.»




Eso a pesares de que outras imaxes como esta tamén inundaban as redes.



Al acabar a Primeira Guerra Mundial, Alemaña vivía sumida na desesperación. Naquelos momentos de desesperación os alemais necesitaron un chivo expiatorio. De daquén tía que ser a culpa... E el antixudaísmo histórico xa en Europa lles daba un obxectivo fácil, os xudeos. E asina foi. Os xudeos cargaron con todas as culpas habidas e por haber. Non tardaron en aparecer marcados os negocios dos xudeos coa estrela de David e a peor das acusaciois posibles, «xudeo».




Os musulmais son hoi el que foron os xudeos, el chivo expiatorio. Os xudeos venderan Alemaña al enemigo, foron elos os que lle fixeron perder a guerra... Ben, esto hoi a todos nos parece retórica fascista, pero esa retórica fascista ben que vendeu nel sou momento e calou na población alemana e europea.



Hoi parece moi evidente que os musulmais son os malos malísimos que atentan contra as nosas vidas, que nos poin el peligro, que queren recuperar Al-Ándalus... Pero non é máis que retórica fascista.


Por esta razón, a xente que participamos de un ou outro xeito nel grupín humano de Pero quién dice que en Oviedo no hay nada fixemos esta foto, pequena, humilde, pero na que queremos remarcar que somos úa comunidade, non dúas, úa sola. Que non hai posibilidade de marcar úa brecha entre as persoas pol sou orixe, a súa etnia, a súa condición sexual, a súa relixión... E que cos compañeiros musulmais e as compañeiras musulmanas, se nos tocan a úa, tócannos a todas.




#jesuismusulman

Nenhum comentário:

Postar um comentário