Todos os poblos de Europa (i de outras partes del mundo, en ben de casos tras a colonización europea) tein marcado nel sou almanaque a Navidá (ou Nadal, que dos dous xeitos se conoce en Asturias, seña en gallego ou en asturiano, esta festividá). El noso non é menos, i naturalmente a Navidá forma parte de a nosa realidá cultural. Forma parte da nosa realidá cultural porque, gústenos máis ou menos, somos un poblo de fortes raigaños cristianos (independentemente de que despois séñamos úa sociedá máis ou menos laica ou de que cada ún de nosoutros seña máis ou menos creiente, agnóstico ou ateo), i tamén pola mesma cultura precristiana que supón en maior ou menor midida (non vou eu a poerme esencialista) un nexo de unión dos poblos europeos (i é que non fai falta poerse especialmente esencialista pra aceptar que os poblos de Europa temos un nexo civilizatorio común que pode estenderse máis pra alló de Europa).
Vai pouco David Guardado escribía un artículo en La Nueva España, sobre el nataliegu (desconozo qué nome tería esta tradición nel Eo-Navia, anque faise difícil pensar que aquí non esistira, habería que fer trabaio de campo sobre este tema na nosa terra). Desconozo todo lo relativo a esta tradición nel Eo-Navia como desconozo outras tradiciois navideñas (fálase en outras partes del mundo de personaxes a lo Papá Noel como el Apalpabarrigas, L'Anguleiru, el Olentzero... i desconozo se a tradición popular nos diz daqué de esto nel Eo-Navia). Tradiciois que ben de veces reinvéntanse. Fala David Guardado nel sou artículo (que aproveto pra dicir que me pareceu mui interesante i prestoume llello) da reinterpretación del Olentzero, que pasaría de ser un tronco que caga llambionadas a ser un señor que reparte regalos, «que dende la primer metá del sieglu XX popularizóse como una alternativa autóctona a Papá Noel». Úa alternativa que, en non poucas ocasiois, ten úa llectura política, como el Apalpabarrigas o L'Anguleiru, ou como a reivindicación dos Reis Magos como lo de noso frente al Papá Noel americano (sen caer que, xa de mao, el nome que se ie dá en gallego, como en español, ven del francés, frente al nome estadounidense Santa Klaus).
I é que el de noso non en poucas ocasiois lleva úa bandeiría nacional da mao... El que naide parece cuestionar i pral que non parece necesitarse alternativa é el caracter profundamente comercial de todo esto. Querse dicir, aquí lo noso pral que xiringa a bandeira española son os Reis Magos, i el Papá Noel é úa ofensa al ser patrio (sen entrar a prantearse que podan esistir na peleia de boi outras tradiciois como as que tamos comentando). Pral que xiringa a asturiana lo de noso ha ser L'Anguleiru (i xa hasta teño visto adaptaciois que pretenden figurar un anguleiru remontando el Nalón i, despois, el Narcea pra poder chegar ás terras de Tinéu a repartir regalos... nun recordo en qué relato pra nenos lo vin, pero vinlo, pretendendo panasturianizar úa figura que, polla súa propia naturaleza é marineira), del mesmo modo que pral que xiringa a bandeira gallega el Apalpabarrigas será lo de noso. Non falta el cosmopolita que reivindica el Santa Klaus (pra qué castellanizallo/galleguizallo chamándolo Papá Noel, que somos cosmopolitas i falamos en inglés) que reivindica un aprecio polas culturas del mundo... i que en consecuencia ta pensando na Navidá xa dende el primeiro día de Acción de Gracias (cosmopolitas somos, á metrópoli imperial miramos).
Pero... Que imprica reivindicar lo de noso? Mui fácil, reivindicar lo de noso imprica querer ter al Santa/Reis Magos/Anguleiru/Apalpabarrigas/Olontzero... nel centro comercial de turno, repartindo entre os nenos os xuguetes de moda, colgando en forma de peluche das ventás... (por certo, a quen rediós se ie ocurriu el horterada tan de moda de us anos pra acó del manto del Neno Xesús nas ventás?), en definitiva, reivindicar lo de noso non deixa de ser úa manera de xenerar un producto de consumo máis pra un público específico (que es cosmopaleto? consume Santa Klaus, que es máis español que a cabra da Llexón nun concerto de Isabel Pantoja con úa camiseta da Iniesta? consume Reis Magos. Que namáis erguerte sólo pensas en llevantar pedras? Olontzero é a túa opción. Se te baxas el himno de Asturias tocado por Xuacu Amieva de politono, sen duda L'Anguleiru poderá remontar os ríos hasta A Estierna se fai falta. Que teis un póster de Seivane na parede i acosas por Twitter a Carlos Núñez? El propio Beiras vendrá a túa casa a apalparche a barriga mentres durmes. A cousa é que coias daqué que é lo máis anti-comercial pra poder mercallo (se hasta el Che i Camarón se parecen estampados en úa camiseta, que máis dá?).
I a cousa é que eu gosto muito da Navidá. Gosto de tar en casa, colos meus (si, eso fáigolo todo el ano), gosto de esas noites que amanecen xugando ás cartas i teño esta festividá apuntada nel meu almanaque cultural (que pra daqué teño os meus raigaños culturales nese sincretismo cultural que se deu condo el nacemento del Rei dos Xudíos se sobrepuso sobre el Nacemento del Sol Invicto ou Saturnalia i estos sobre el Solsticio de Inverno). Pero non, non gosto nada de esas colas interminables nos centros comerciales, de esa obrigación de fer regalos (que se note que son caros ou que non se note que son baratos), en definitiva, non me gusta nada que as nosas tradiciois acaben sendo, sen máis, un obxecto de consumo, un obxecto de escaparate i de exotismo autocomplacente.
Non sei, quizabes seña eu mui raro, pero prefiro ver un tronco de carbaio queimando na cocía i servindo de finxo prá lleña del ano ou úas foias de acevro á porta que un anguleiru made in Taiwan colgando da ventá.
En colquera caso, celebrédeslas como las celebredes, deséovos felices festas, bon Nadal i un miior ano novo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário