«O querubim gostou de ver aquele sonriso. No céu também se sorria muito, mas sempre seraficamente e com uma ligeira expressão de contrariedade».
(José Saramago, Caim).
«Nun teño intención d'entarnel tou reino dos cielos;pol resto, eu xa seiúnde queda el inferno».(María José Fraga, Terra de Pataricos).
Unde foi que posou el ánxel
aquella tremorosa mao
senón nas túas tetas?
I ver a túa sonrisa
i todo el que oculta;
el que guardan os tous oios,
el que guardan a os meus oios
el que se esculca
i non se divisa.
I sentirte tan llonxe
como a min mesmo me sinto.
I sentirte tan cerca,
apertando meu corpo como un cinto,
el que amarra meus calzóis
pra que non caigan,
pra que non faigan
que boten a volar as pasiois.
Unde foi que posou el ánxel
aquellos tremorosos oios
senón foi en ti?
Será que aquel que dixo
«A lluz seña feita»
nunca foi?
Será que si que foi
el que te quixo
xunta min, dereta?
Será que hei vagar eu sin descanso
como vagou el probe Caín?
será que tamén llevo a morte en min?
Ou pode que acorde de este disenso?
Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa llingua
senón nos tous llabios?
I non me importa.
Si el que dixo «señan todas as frores»
esistiu ou nunca foi.
I nun me importa
porque todas as frores sodes hoi.
I el tou arume espárdese como por folles
de úas gaitas que soan tremorosas
anunciando úa morte segura
i quen sabe se a tortura
de morrer nas terras pantanosas
que tán llonxe dos tous brazos atentos,
dos tous chuchos apasionados,
país de castellos, dragois i portentos
del que quen sabe se tou xa desterrado.
Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa palabra
senón nel tou sexo?
I hei migrar al Oeste,
i hei de atopar os tous oios.
I hei correr hacia el Leste
i hanme alcanzar os tous chuchos.
I hei beber da túa llingua
da túa frente
del tou peto.
I hei de saciarme nel tou sexo, beber todo el augua que hasta ei chega, correndo por todo el tou corpo, dende el manantial dos tous oios
llimpios.
Nenhum comentário:
Postar um comentário