terça-feira, 18 de fevereiro de 2014

Atoparnos.



Asturias necesita urxentemente úa rexeneración nel sou discurso identitario como poblo. Necesítala se nun quer desaparecer como colectividá humana núa maraña identitaria mayor (territorialmente mayor, quero dicir) peró que nin é quén a ter en cunta as realidades propias da nosa terra nin quer fello, pois esa maraña territorialmente mayor ten anguano como principal seña d’indentidá a súa falta de voluntá de reconocer as diversas realidades nacionales d’España (desgraciadamente, particularmente pra os asturianistas que cremos nel confederalismo español como un xeito d’articular Asturias col resto dos poblos d’esta peleya de boi).
Asturias necesita urxentemente úa rexeneración nel sou discurso identitario como poblo, y con ello el asturianismo necesita, mui urxentemente, úa rexeneración tanto nas súas praxis políticas como nel propio discurso y a propia concencia política. Necesita úa rexeneración porque creo qu’a naide se nos escapa que nos últimos dez anos a caída en picado da presencia del movemento asturianista na sociedá asturiana ven a chamarnos el atención sobre as cousas que nun se fixeron ben, as cousas que sí que se fixeron ben (que las houbo y las hai) y sobre os camíos que nun debemos siguir (en muitas ocasióis cabería dicir os camíos que nun debemos siguir outra vez). Punto y aparte supueiría falar dos camíos que si hai que siguir, cuestión ésta prá que nun teño úa solución máxica, xa qu’os camíos a siguir habrán ser os que nos marquemos, como movemento y como sociedá, entre todos.
 
Peró quiciabes el primeiro paso, intuyo, podería ser reconocer por un llado á propia sociedá asturiana y el propio movemento asturanista. Ver únde confluyen y únde nun confluyen (porque é evidente qu’en muitos terreos nun confluyen, porque de confluir teríamos na Xunta Xeneral máis d’un partido asturianista y úa búa montueira de políticas que defenderan a nosa identidá como país). Aquí cadaquén poderá sacar as súas conclusióis d’únde nun confluímos y d’únde podemos confluir. Eu podería fer, como poderéis fer cada ún de vosoutros, úa llista máis ou menos llarga, peró a resgo de qu’esa llista pudera ser tomada como úa acusación, vou omitilla. Con todo, hai úa serie de cousas que, en búa parte por ser xa un llugar común, podo dicir aceptando que todos podamos entonar un mea culpa (eu el primeiro). Y é evidente qu’al asturianismo, por hache ou por be faltóuye capacidá pra sentarse a falar colos outros, col resto d’organizacióis ou personas que puderan sintirse incruídas nel concepto asturianista. Perdemos en ben d’ocasióis por zunas personales ou por competir polos  mesmos nichos organizativos (xa fora competir por un nicho electoral, os partidos, xa fora por competir en hexemonía del discurso, los partidos y los non partidos), ou por nun ser quen a ver os matices na concepción d’Asturias como realidá política que pudera haber (eu, inevitablemente, y anque agora pase os máis dos meus días en Uviéu, nun podo evitar darye a este análisis úa óptica eonaviega, y dende el Eo-Navia cabe resaltar úa particular paranoya dende el asturianismo del Eo-Navia y dende el asturianismo del resto d’Asturias sobre a cuestión llingüística y a súa vinculación cua cuestión identitaria, cuestión da que xa faléi muitas máis veces, y da que seguiréi falando máis pronto que tarde).





El sábado pasado presentóuse en La Madreña (el centro social okupado na capital asturiana) un espacio apellidado espacio d’encontro da esquerda soberanista asturiana y de nome chamado La Llegra, tomando el nome da ferramenta que s’usa pra fer galochas (que nosoutros tamén chamaríamos llégara/légara). Trátase d’un espacio físico na Madreña, peró tamén d’un espacio político nel que construir úa idea de país. Nun se trata d’úa organización, y con ello nun responde a un discurso partidista concreto nin a úa forma concreta d’interpretar eso que chamamos, con daqué d’imprecisión peró con bombo abondo, fer país. Peró... ¿Qué é fer país? Fer país é, primeiro de nada, reconocer el propio país. Reconocer a personalidá propia d’Asturias. Úa personalidá que parte del reconocemento d’un poblo, el poblo asturiano, y d’úa cultura. Y d’úas llinguas, dúas llinguas (perdonade el xogo malo de palabras), anque ás veces, incomprensiblemente, haxa qu’insistir nesta idea dentro del propio movemento asturianista, que forman parte da nosa realidá y que, inevitablemente, as dúas terán que formar parte de colquer movemento que quira chamarse nacional asturiano.

Peró non sólo con cuestióis llingüísticas y territoriales se fai país. Un movemento que quira representar á xente d’Asturias ten que recoyer as necesidades y inquietudes específicas da xente d’Asturias. Esto é, un movemento que quira representar á xente d’Asturias ten que falar de feminismo, peró non llimitarse a reivindicar demandas feministas máis ou menos reconocibles por todo el mundo, senón debatir muito y mui profundamente sobre os conceptos masculino/femenino, sobre as sexualidades, as masculinidades novas y, tamén, as feminidades novas. Mesmo sobre a negación ou a reconstrucción da feminidá y a masculinidá. Falar de trabayo y de cómo construir texido llaboral neste país que ten na emigración moza a súa principal seña d’identidá. Falar de realidades económicas, sociales y individuales das que muitas veces el asturianismo foi un ausente, da prostitución, das economías sumerxidas, das economías non llegales, del tráfico de drogas ou el roubo de cobre. Falar das comunidades migradas, d’outras comunidades con personalidá propia mui marcada (como poden ser os xitanos, entre máis outros), da súa cultura, da súa llingua, da súa vida. Falar de relixón, das distintas comunidades relixosas d’Asturias (¿daquén sabe daqué da comunidá musulmana nel noso país ademáis de poder dicir qu’esisten?).

Falar d’enerxía (La Llegra ten programada úa actividá en torno á enerxía), falar d’armas y dos postos de trabayo qu’en Uviéu y en Trubia xeneran, falar de refrescos, de barcos... Falar de movementos nacionales vecíos (de dentro y de fóra del Reino), d’aragoneses, de gallegos, de cataláis, d’occitanos, de sardos... Y fer paralelismos colos asturianos. Falar de música, falar de cultura, y falar del texido económico que nun tamos xenerando (al contrario del que fain outros países del noso entorno). Falar de colonialismo. Y non usar términos sen afondar en qué significan. Esplicar (y, en consecuencia, entender) qué quer dicir qu’úa sociedá ta colonizada nel s. XXI. Debatir sobre a razón de ser d’un poblo, sobre se os poblos son a priori o a posteriori d’un discurso de construcción da identidá. Falar d’Asturias y dos poblos que comparten tanto con Asturias, del outro llado del Cordal, del outro llado del Eo, del outro llado del Deva, y falar de qué podemos fer en común con poblos que comparten situacióis (y llinguas, y llazos familiares, y realidades cotidianas) con nosoutros. Os poblos que comparten con nosoutros el carbón del Cordal, el mesmo mar, os mesmos montes (colos que máis d’úa vez litigamos por el uso y a pertenencia d’esos montes) as mesmas necesidades del gado, da educación, del tresporte. Falar de por qué é máis fácil y máis viable ir d’Uviéu a Madrid qu’a Ferrol. Falar por qué atravesar Asturias de punta a punta é como atravesar un mundo. Falar das propias prioridades territoriales na nosa Asturias. Falar da descentralización pra con España, peró falar da descentralización da propia Asturias, da necesidá de qu’ir de Cuaña a Grandas nun seña menos viable qu’ir de Cuaña a Uviéu, y eso a pesar de qu’a xente de Grandas ten que baxar a Xarrio al hospital (y eu falo dos casos que conozo, non por fer eonavieguismo, sinón por fer asturianismo, por fer país asturiano, outros casos similares teremos nel Centro, nel Oriente ou nel outro Occidente que fala con ḶḶ y ten brañas ás qu’alzar, y taría ben poder sintir falar d’ellos á xente que los conoce y que los vive).




Un espacio político d’encontro asturianista, d’encontro da esquerda soberanista, ten que falar de soberanismo. Definir soberanismo (porque taría ben saber se todos tamos falando de lo mesmo condo usamos esta palabra), y falar de todas as formas de soberanía. Tamén da soberanía económica y social. Falar de moneda social, falar de pequeno comercio, falar da terra que se llabra...


Peró sobre todo, un espacio d’encontro soberanista ten que servir pra falar. Pra falar muito. Y pra dialogar, non pra que cadaquén vaya el día que ye toque a relatar el sou monólogo, pra que despóis outra persona ou outro colectivo relate el sou monólogo alternativo ou complementario. Un diálogo que ten que ferse sempre cuas mentes abertas. Porque como vei pouco me dicía un gran amigo, Asturias sería un gran país de nun ser polos asturianos. Y se queremos fer d’Asturias un país distinto a éste que nos esmole agora, lo mesmo temos qu’empricipiar por cambiar os paradigmas dos asturianos, empezando polos paradigmas d’estos asturianos que pretendemos ser el motor d’este cambeo.

Dende aquí quero saludar esta nova iniciativa qu’é La Llegra, esperando atopar puntos d’encontro importantes pra crernos, nosoutros os primeiros, que vivimos nun país pol que merece a pena trabayar.





Nenhum comentário:

Postar um comentário