Aprovetando as festas uviedías ayer tuven tomando úa botellía de sidra con us bus amigos a os que conozo desque vin pra Uviéu. Con ún d'ellos quedara primeiro y falando, falando, pergúntame qué penso sobre el proceso soberanista de Cataluña. Un tema que probablemente téñamos máis que trillado al llargo dos anos, peró que sempre é recurrente.
Confeséile lo que todo el mundo que me conoz xa sabe, qu'eu nunca fun independentista, y qu'úa búa montueira d'anos relacionándome con ben de xente (mui bus amigos) independentistas nun fixeran qu'abrazara estas ideas, peró qu'el contacto con xente nacionalista española (cuidado, dalgús d'ellos tamén mui bus amigos, qu'úa cousa é úa cousa y outra cousa é outra cousa) y sobre todo, el contacto crecente del nacionalismo español nos medios de comunicación, nas cayes... da mao, precisamente, del proceso soberanista catalán, tán féndome cadaldía máis cercano ás tesis independentistas. Aquí é unde outro bon amigo me diría «sempre lo fuche, Moiso». Realmente eu sempre me sintín atraído por un modelo confederal, úa sorte de federalismo pimargaliano dos distintos poblos d'úa hipotética República Española ou, por qué non, d'úa hipotética Unión de Repúblicas Ibéricas, incruíndo nel proxecto a os ermaos portugueses (peró non como úa anexón de Portugal a España, sinón como úa unidá de poblos, unde os distintos poblos da Península Ibérica tubéramos a soberanía necesaria pra desarrollarnos, lo que ven sendo a diferencia entre a solidaridá y el colonialismo).
Peró a realidá é necia, muito máis qu'os soños tresnoitados d'un romántico decimonónico, y prantiar úa unidá ibérica hoi é úa marcianada anacrónica. Pasa qu'el marco d'unidá superior neste momento histórico nun é un marco nin español nin ibérico, sinón europeo. Ahí qu'el modelo soberanista catalán aposte pola independencia de Cataluña peró sempre dentro da Unión Europea. Úa aposta que me parece compretamente errónea, porque a Unión Europea nun deixa de ser un proxecto que nun aprobo pra nada. Un proxecto estrictamente capitalista, nel que precisamente a soberanía dos poblos se pon en tela de xuicio (mesmamente, a castración da soberanía alimentaria dos poblos, que fai que colquera llabrego asturiano, andaluz, alentejano ou calabrés, dependan dos mercados pra poder producir y pra poder ferse con semente, semente que manipulan xenéricamente pra qu'os llabregos nun podan producilla). Un proxecto el da Unión Europea que presume de diluír as fronteiras, peró que blinda as fronteiras esteriores (por definición úa fronteira é esterior, porque deixa dentro y deixa fora) esixinto a persecución das personas migradas de países aprobetayados como delincuentes, midida a la qu'el Reino d'España tampouco s'opón especialmente, todo hai que dicillo, y é que n'Europa (na Europa política, non na xeográfica) temos tres fronteiras fortificadas, a chipriota (por el conflicto qu'atravesan as comunidades turco-chipriota y greco-chipriota) y as dúas fronteiras africanas d'España (Melilla y Ceuta, únicamente pra evitar el paso de personas migrantes).
Noutros tempos puxérase de moda el lema outra Europa é posible, anque é evidente qu'outra Europa nun foi. Personalmente nun vexo el interés del independentismo catalán de formar un Estado nesta Unión Europea... Eu caso prefiro qu'Asturias pase a ser, directamente, un lánder alemán máis, qu'a lo menos seríamos ciudadanos de primeira y non ún dos PIGS (acrónimo en inglés de Portugal, Italy, Greece, Spain, os estados probes da Unión Europea, sendo ademáis que pigs quer dicir cochos, supoño qu'ésa é a idea que se tresmite d'estos estados y dos ciudadanos que los poblamos). Ta claro qu'úa Europa qu'é a xenerar úa diealéctica tan marcadamente xenófoba pra contra estados que compóin nun é el marco superior nel que como asturiano quero enmarcarme.
¿É realmente a Unión Europea un marco d'encontro unde poden
confluir os poblos d'Europa? ¿Qué llugar podemos ter como
asturianos y en clave asturiana na Unión Europea?
Peró falemos d'España. D'España, de Cataluña y d'Asturias. Desque Cataluña emprincipióu el proceso soberanista nel que ta inmersa, na esquerda española empezóu a boligar un discurso federalista qu'hasta agora taba en letargo. De repente determinados sectores del PSOE y dos sectores del movemento nacionalista español, en principio menos belixerantes, reclaman un modelo federal pra España nel que todos os poblos téñamos cabida. Ese modelo qu'hasta el outro día dicían qu'era a España das Autonomías, esa España que pra dalgús xa é, d'algún xeito, federal (dicía un cantar de Dixebra, pa refirise al entós presidente d'Asturias, Antonio Trevín, «si esto ye socialismu, que venga l'anarquía», parafraseándolos poderíamos dicir que se esto é federalismo, que veña a soberanía). Lo certo é qu'estos sectores, en principio menos belixerante, vein a ser en non poucas ocasióis el poli bon, que vei da mao col poli malo, el que t'uferta hostias y el te que tende úa mao, pr'acacabes fendo el qu'os dous esperan que faigas. El poli malo ven da mao d'absurdos boicots a Cataluña, y de determinados pseudo-intelectuales que dende os sous altavoces alentan a os militares a tomar cartas nel asunto de motu proprio pra defender a sacrosanta unidá d'España. Asina é posible que personalidades públicas, como el presidente del Tribunal de Contas, y premio Príncipe d'Asturias, pra máis inri, Juan Velarde, manifeste públicamente qu'hai que bombardear a capital catalana, núa mostra da naturalización á que se pode chegar da violencia d'estado contra un territorio a fin de manter a súa sacrosanta unidá. Declaracióis que recordan muito a las que Gustavo Bueno fixera con respecto á posibilidá d'afusilar a Ibarretxe condo el entós presidente vasco propuxo al Reino d'España un estatus d'Estado Llibre Asociado pral País Vasco.
Ta claro que colquera me podería acusar de ser tendencioso al coyer precisamente os exemplos de Gustavo Bueno ou Juan Velarde, dúas personas marcadamente reaccionarias y que, evidentemente, nun son representativas del conxunto da ciudadanía española. Peró nun podemos esqueicer actitudes que, ou ben son repetidas, ou ben son xustificadas ou ben son obviadas. Vala d'exemplo el caso que recentemente salíu á lluz, de qu'el Audiencia Provincial de Castellón pide seis meses de cárcel al conductor valenciano Carles Mateu por dirixirse a os guardiaciviles en valenciano nun control de carretera na localidá castellonesa d'Almassora (podes ver a noticia de Público y de Vilaweb.cat). De lo que debemos concluir que somos muitas as personas que deberíamos tar en prisión, empezando por min mesmo. Vale dicir qu'esta actitú nun é lo máis común, peró tamén é verdá que nun supóin motivo d'escándalo pra case naide (muitos xustifican este feito «porque al outro tampouco ye costaba falar castellano», porque se comprende que pra un castellano falante que vive nel País Valenciano el valenciano resulta úa llingua completamente estraña y inasumible..., de feito sólo cabe mirar muitos dos comentarios que se ven na noticia de Público qu'enllacé, inda sabendo qu'os llectores de Público se presuponen máis progresistas qu'os del ABC ou La Razón). Por outro llado, nun hai qu'esqueicer qu'este caso nun é único, y anque nun vou fer demagoxa dicindo que son centos de centos, sí que se fain cada vez máis frecontes situacióis como la que vivíu Carles Mateu ou el dulzaineiro d'Obrint Pas, Miquel Gironés. Casos que, a mayoría das veces nun rescamplan.
Nese sentido case parece que se pode afirmar que según el proceso soberanista catalán coye forza, tamén coye forza, supoño que por contraposición, un discurso esencialista español, tendente al centralismo. Asina, os mesmos que tein a Constitución Española como estandarte son os que reclaman a eliminación das Autonomías (qu'é a base da Constitución), y vei garrando forza úa reacción preventiva contra colquer posibilidá de que se xenere un nacionalismo periférico, anque seña a costa d'impuer un severo nacionalismo español y vetar igualdá de deretos a os ciudadanos en función de cuál seña a súa llingua ou mesmo a súa identidá nacional, como deixóu ver Javier Fernández antias de ser presidente d'Asturias nalgúas declaracióis unde mostraba a súa fonda preocupación de qu'Asturias s'enchera d'asturchales se se normaliza a situación llingüística del país.
Cabería perguntarse se é posible xenerar un discurso españolista que nun fora escluínte, un discurso d'unidá d'España que nun pase necesariamente por centralizar el estado, bloquear colquera outra identidá (hai hasta quen quer eliminar sistemáticamente os conceyos) y naturalizar a volta a tempos que críamos xa pasados. Porque ta claro qu'el discurso hexemónico en España ve máis problemático que Vía Catalana organice úa cadía pra reivindicar a independencia que qu'as mocedades del partido nel Goberno salan día sí, sía tamén, fendo el saludo fascista sen qu'eso pareza alarmar a naide, nin sequera nel sou partido nin nel Goberno d'España.
¿Esiste dalgúa posibilidá de qu'el discurso españolista
s'opoña a este tipo d'actitudes frontalmente ou é inevitable
qu'éste seña el modelo hexemónico pral nacionalismo
español?
¿Asume a población con máis naturalidá este tipo
d'imaxes por contraposición al proceso soberanista
catalán?
En este sentido é fácil d'entender que muitos federalistas cataláis acaben pasándose al independentismo, anque nun fora a súa primeira opción. Porque realmente é difícil imaxinar un marco federal pra España, un marco de respeto y convivencia pra os distintos poblos que conforman el Reino d'España (ou úa hipotética República Española), un reino nel que xa deixóu de ser políticamente incorrecto reclamar a morte pra os cataláis ou amostrar simboloxía franquista.
Na ciudá na que vivo a mayor parte del tempo, Uviéu, atendendo a Llei da Memoría Histórica, cambiaronse dalgús nomes de dalgúas cayes y retiróuse dalgúa estatua franquista, como a estatua al teniente coronel Teijeiro. Úa estatua qu'el Conceyo d'Uviéu decidíu volver a colocar, dándose a estraña situación de qu'un Conceyo d'un estado democrático, coloque nel 2013 úa estatua a un militar franquista. Máis pr'alló d'analizar a política del Goberno uviedín del PP, cabe resaltar que tamos ante úa sociedá que naturaliza este tipo de situacióis, que nun se poden achacar namáis qu'a un Goberno municipal determinado ou a un grupo político determinado.
¿Y Asturias? ¿Qué llugar ocupa Asturias en todo este lío de bandeiras, identidades y discursos nacionales? Asturias, nin ta, nin se la espera. Ningún discurso en clave asturiana (xa seña independentista, federalista ou autonomista) é hexemónico en Asturias. A clase política asturiana, peró tamén a ciudadanía, asume acríticamente el discurso identitario que se xenera nel centro político español, nalgús casos hasta puntos absurdos, caso del diputado Prendes (UPyD) que nel debate na Xunta Xeneral nel que se discutía a conxelación de salario dos funcionarios públicos manifestóu que taba en contra de que se conxelaran, peró que si nel resto d'España se fía, en Asturias tía que ferse (pergúntome eu pra qué quer ser diputado este señor, que manden telegramas dende Madrid y nun aburran a este probe home obrigándolo a ir a un parlamentín de mentira).
Dicía outro bon amigo meu qu'Asturias é un morto social, que inevitablemente vei acabar absorvido núa identidá española completamente homoxénea, sen llugar pra ningún tipo de matiz (quiciabes la sidra y los cachopos señan el único matiz propio que necesita, ou a lo menos que reclama, el poblo asturiano). É obvio qu'Asturias nun aspira a un proceso soberanista como el catalán. É obvio qu'Asturias nun é quén a impulsar un modelo federal pra España, y mesmo é obvio qu'en Asturias nun hai un especial interés en apostar por sistema autonómico vixente, con un presidente conocido como el ausente, peró con úa población que tampouco ye reclama nin al sou presidente nin ás súas institucióis que tean presentas na vida del país. ¿Taremos condenados a convertirnos núa provincia de Castilla?
En colquera caso, ta claro que pra úa persona que teña un mínimo aprecio polas llinguas y a cultura d'Asturias, pola nosa identidá como poblo (máis alló de ser, cimpremente, úa demarcación territorial d'España), ta volvéndose mui difícil prantiar úa España alternativa, federal y respetuosa con todas as realidades que la compóin. Ta féndose realmente difícil sintirse español dende úa óptica asturiana (que nun é lo mesmo qu'úa optica netamente española dende Asturias).
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
ResponderExcluirVaya, agora apaez que borréi un comentario y parezo un censor... Hahahaha. Anotar namáis que borréi el comentario pra que nun tuvera esposto el mail da persona que lo puxo, non porque puxera nada que fora inconveninte :)
ResponderExcluir