quinta-feira, 14 de maio de 2020

Desertos.

El Señor dixo a Moisés: "Anda, sal de aquí, coel poblo que sacache de Exipto á terra que prometín a Abraham, Isaac e Xacobo con este xuramento: "Dareilla á túa descendencia". Hei enviar delantre de ti un ánxel e expulsarei a cananeos, amorreos, hititas, perizitas, heveos e xebuseos. Sube á terra que mana leite e mel.
Éxodo, 33, 1-3.

 El Señor dixo: "Mira, hei fer chover pan del célo pra vós: que el poblo pañe a ración de cada día.
Éxodo, 16, 4.

 Contas noites na escuridade
pasache sen saber onde ibas?
E,
con todo,
caminabas.
Caminabas na túa eterna
soledade.
Guiando a un poblo
que quería máis ser guiado
por un xato.

Caminabas na escuridade,
falándolle a un deus
sen respostas.
Reconócelo,
todas esas cousas,
las que falabas con aquel deus,
non foron outro que a voz
esquizofrénica
que soaba na túa cabeza.
Esperando un maná que,
como el augua,
úas veces cae
e outras non.

E é que por máis que celebremos el augua,
el maná,
sonche terras secas las de Israel.

Mesmo ese soño fato
pariche nun cráneo que,
por ser como un forno,
queimou as ideas.
Nunca foran de Israel
aquelas terras de Canaán.
Nunca fora Israel
aquel poblo de Deus.
Fora Israel
desertor de Baal.

Que ganas fatas de inventar lendas,
caralladas,
historias,
histerias,
que nunca iban ser verdade.

Mas,
a quen lle podes pidir contas?
Se nin tu mesmo
criche na mensaxe
que repetías como un papagaio.
Non es tu
un desertor de Ra?
A quen pidirlle contas
nas noites escuras e frías del deserto.

Dese deserto
que namais habita en ti.

quarta-feira, 15 de abril de 2020

Odio al Irmao Grande.


La cara del bigote prietu miraba dende caúna les esquines dominantes. Había una na fachada de la casa que taba xusto enfrente. L'HERMANU GRANDE VIXÍLATE.
[...]
Onde taba Winston yera posible lleer, apegaes en lletres elegantes na so fachada blanca, les trés conseñes del Partíu: 
LA GUERRA YE LA PAZ
LA LLIBERTÁ YE LA ESCLAVITÚ 
LA INORANCIA YE LA FUERCIA  


George Orwell, 1984, Trabe (traducción  de Xesús González Rato), Uviéu, 2019.


El Irmao Grande vixílate.
Vixílate dende as súas ventás,
dende a túa ventá.
El Irmao Grande vixílate.
Vixílate dende os propios sesos
que se derriten de tedio.
El Irmao Grande vixílate
e ven destruírte,
non sen antias
esixirte amor eterno.

Amor eterno
al Irmao Grande,
á Patria Grande,
úa patria grande onde tódolos dias son
lúis.

Quen pode amar úa patria feita de lúis?
Non quero os tous lúis de soflamas.
Non quero os tous domingos de vermús
fatos
ás ventás.

El Irmao Grande vixílate
e ven a destruírte
non sen antias
esixirte amor eterno.
ODIO AL IRMAO GRANDE.

segunda-feira, 23 de março de 2020

Vai pasar.

Esto vai pasar.
Aínda menos mal.
Aínda menos mal
que vou deixar de escuitar 
os vosos altavoces,
os vosos aplausos
á Sanidade Pública
que nunca defendistes
e al rei.
Que, por aplaudir,
podemos aplaudir a Popeye.

Aínda menos mal
que vou deixar de sacar el can
como quen sale por coca...

Esto vai pasar,
e ides volver al individualismo
brutal,
a botarlle a culpa aos chinos
e al feminismo.

Ides gañar,
eso sí,
el sano vezo
de ser como a Gestapo
e vixilar aos vecíos.

Esto vai pasar
e ides volver ser os de sempre.
Pero con máis medo.

domingo, 15 de março de 2020

El día del fin del mundo.

El día que chegue el fin del mundo,
que el caos veña despacín,
sen despertarnos.

El día que chegue el fin del mundo,
que el Apocalipse me pille deitado
xunta ti.

Que non te desperten os xinetes
mentres embobado acaricio as túas costas 
e me baño nel mar dos tous ollos pechados.

Que non monten maraballo,
que deixen que a pel túa
funda coa pel mía.

El día que chegue el fin del mundo,
que non cambie nada,
que nos deixe enzarrados pra sempre
entre as nosas sabas confinados.

El día que chegue el fin del mundo,
que seña tou corpo
el único fougo que me consuma.



quarta-feira, 12 de fevereiro de 2020

Desmutización. Por que é úa barbaridade falar de desmutizar.

Falo e escribo en galego asturiano, e faigolo en galego asturiano porque quero. Non lo faigo porque seña incapaz de felo en castelán ou porque non poda acceder a esta lingua. El galego é úa lingua e conforma parte dúa cultura, propia de Asturias. Esto é, non é un sistema alternativo al castelán pra poder comunicarme, embora, sistemáticamente, haxa muita xente dicíndome que en castelán podería comunicarme con máis xente. Os falantes de galego asturiano non son semifalantes, nin a súa comunicación é menos válida que la dos falantes de castelán.

Este non é un post sobre el galego de Asturias, pero si sobre deretos lingüísticos de ciudadanos e ciudadanas de Asturias, e de outras muitas partes nesta Terra.

 Condo falamos das linguas de signos, avezamos a falar da incapacidade pra falar oralmente. Falouse, durante muitos anos, da desmutización, esto é, que as persoas xordas arrancaran a falar en lingua oral. Na lingua oral del Estado, todo seña dito, nel noso caso, en castelán, non en galego, non en asturiano, como ben dicía Pilar Lima, a la que sacaban de clase na hora de valenciano pra reforzarlle el castelán. A mesma Pilar Lima que declarou ser "máis conscente del audismo que da lesbofobia que sufro"

Pra muita xente, en particular logopedas, a intervención coa persoa xorda ten como finalidade desmutizar á persoa xorda coa finalidade de que se integren. El certo é que hasta hoi as persoas xordas foron educadas nesa lóxica, que se conoce como lóxica ou sistema oralista. Esto é, nas escolas específicas pra xordos os nenos xordos eran educados pra falar coa boca e non coas maos. De feito, a lingua de signos non se ensinaba nas escolas específicas pra persoas xordas, senón que os nenos e as nenas aprendían a signar imitando aos sous compañeiros maiores nel patio, mas nunca nel aula. Falamos das décadas dos 70, 80... pero non hai que esqueicer que en décadas anteriores nel patio tamén estaba prohibido signar, so pena de ser castigado, mesmo físicamente. 

As linguas, todas, van xuncidas ás comunidades de falantes, culturas e experiencias comunitarias. Deste xeito, temos que pensar na vida dúa persoa xorda nos anos 80, por poer un caso que conozo mellor. As persoas xordas en Asturias pasaban a semana na escola específica pra persoas xordas e, el fin de semana, iban prá casa. Esto é, vivían máis tempo na comunidade xorda que na familia. Por outra banda, lo máis común é que os pais e mais das persoas xordas signantes non sepan signar. Por que razón a lo largo dos anos, sistemáticamente, os pais non aprenden a mover as maos como lo fain os sous fillos? Poderíamos pensar núan dexadez terrible por parte das familias, pero lo certo é que durante muitísimos anos as instituciois instaban aos pais a non signar cos fillos, porque nel sou entendemento, esto retrasaría el aparición del verdadeiro linguaxe, el oral, pois entendían as linguas de signos como meras alternativas incapaces pra desenvolver un linguaxe profundo.

Cos anos as instituciois foron cambeando de postura, lixeiramente, pois é notorio que a maioría das persoas xordas non tein boas competencias lingüísticas en lingua oral (lingua castellana), tein verdadeiras dificultades pra modular a voz, e a lectura labial non é nada xinxela. Evidentemente temos excepciois e hai persoas xordas capaces de comunicarse oralmente e ler os labios, pero hai que entendelo como a excepción, non como a norma. Asina que cos anos as instituciois que traballaban con persoas xordas decidiron usar as linguas de signos pra que os nenos e as nenas asimilaran conceptos e despois puderan traducilos á lingua oral (castelán), pero coel obxectivo último de que as persoas xordas falaran oralmente (castelán) e deixaran de lado a lingua de signos española (en adelantre LSE), porque entendíase que se úa persoa pode falar (castelán), que necesidade iba ter de signar?

Pero dende que en Europa se xeralizan as escolas pra persoas xordas, nos anos 20, hasta que estas escolas aceptan as linguas de signos como un paso previo á desmutización, as persoas xordas van conformando comunidade. Úa comunidade frente a úa sociedade que demasiadas veces daba a espalda ás persoas xordas. Cabe destacar, neste punto, que as escolas pra persoas xordas estaban en maos del Igrexa por úa razón, el altísimo grado de abandono de nenos xordos ás portas de igrexas ou en mosteiros (en Uviéu deixábanlas nel torno de Les Pelayes), colo que os mosteiros víanse con un auténtico problema al ter que ferse cargo de nenos xordos dos que se desconocían os proxenitores.

Úa sociedade que, en ben de ocasiois, enzarraba aos nenos xordos, como aos nenos con discapacidade intelectual, nas cuadras cos animales, sendo úa práctica habitual hasta mui ben andado el século XX, e que, en outras ocasiois, infantiliza, aínda hoi, e negou deretos civiles hasta vai nada. Esto non lo digo pra victimizar á comunidade xorda, sinón pra explicar el por que e el como a comunidade xorda foi avocada a certa endogamia e cómo xerou úa identidade ben forte e úa comunidade mui arraigada, identidade e comunidade que non xira, embora dende fóra avece a verse asina, en torno á incapacidade pra ouguir, senón ás linguas de signos. Topando úa diferencia importante na definición al hora de estremar entre persoa xorda e persoa con discapacidade auditiva, sendo que as asociaciois máis oralistas, como APADA (Asociación de Padres y Madres de Deficientes Auditivos, atención al feito de ser úa asociación de pais de xente xorda, non da xente xorda ela mesma)  tenden a falar de discapacidade auditiva, mentres as signantes falan de xordeira, como el Asociación de Personas Sordas de Oviedo (ASO), Asociación de Personas Sordas de Gijón, de Avilés (ASA)... Federación de Personas Sordas del Principado de Asturias (FESOPRAS), Confederación Nacional de Personas Sordas de España (CNSE)... 

Davezo se fala de Persoas Xordas, con maiúscula, e persoas xordas, con minúscula, como esplica Aroa Cortés Suárez nel sou traballo de fin de Grado:

Para denominar a las personas sordas es conveniente que se tenga en cuenta la diferencia entre "Sordo" y "sordo". El el primer caso se refiere a una persona cuya lengua vehicular para comunicarse es la lengua de signos, además se identifica con el colectivo de personas sordas y se considera parte de ella, por lo tanto forma parte de una asociación de personas sordas.
Aroa Cortés Suárez, Treball de Fi de Grau,
Grau en Traducció i Interpretació, Universitat Pompeu Fabra, Barcelona, 2017.


Esto é, dende al menos os últimos cen anos, condo empeza a escolarización das persoas xordas en Europa, temos úa visión da xordeira dende fóra, que é a que controlou as instituciois dedicadas á xordeira (con matices e acercamentos, ben é certo, pero nas que rara vez estaban representadas as persoas xordas e que nunca foron dirixidas por persoas xordas) e a comunidade xorda, que ben é verdade que foi a xerar instituciois propias, como a Universidade de Gallaudet, nos EXA, ou meter a cabecía en Universidades de persoas ouguintes como la de Alacante ou a Complutense de Madrid, pero que de ningún xeito marcan el axenda política nin educativa, al menos nel Reino de España, pois, volvendo a Aroa Cortés, "el problema se origina en los padres oyentes con hijos sordos, ya que son prácticamente nulas las ocasiones en las que los médicos conocen y recomiendan la lengua de signos", e lo mesmo pode dicirse, esto xa son palabras mías, de logopedas e AL, salvo gloriosas excepciois, que por suposto que las hai.

Esto é, al largo del último século, e probablemente é condo mellor lle foi a comunidade xorda, houbo úa sorte de evanxelización das persoas xordas nel oralismo, entendendo que había que desmutizalas. Esto é interpretado por úa comunidade xorda cúa cultura e úa identidade forte como úa agresión, pois coel afán de integrar ás persoas xordas, en realidade preténdese diluilas, como diría Irene González, Psicóloga de APADA, "uno puede ir por la calle y hablar con una persona sorda sin darse cuenta de que lo es, están perfectamente integrados", úa afirmación que amostra máis un deseo de diluir que de integrar.




Ben, que pasa anguano que temos prótesis e implantes cocleares? Primeiro de nada, a tecnoloxía é importante, pero hai que baxar un pistón, xa que se hoi nos venden os implantes cocleares como a cura da sordeira (a sordeira non é úa enfermedade, é úa discapacidade, e a persoa xorda implantada pode ouguir coel implante, pero sigue sendo xorda), lo mesmo se vendía vai cinconta anos con outros aparatos (recomendo encarecidamente ver a película Mi nombre es Jonha, que trata el tema e podedes ver aqui). Por suposto que hai que aprovetar a tecnoloxía, teño un neno implantado, pero se por falar inglés non deixo de ser asturiano, e se podo falar inglés pero tamén teño dereto a falar galego (mesmo que non seña a lingua dos meus pais!), a úa persoa xorda, que por máis que leve un implante é xorda (e as baterías se acaban, os implantes se estropean, os que se poden meter nel mar son inaccesibles...), a lingua se signos é un dereto, el acceso a intérpretes e a cultura na súa lingua é un dereto.



Pode cuestionarse esto dende el asturianismo? Porque todos entendemos perfectamente a TPA en castelán, non é máis integrador falar castelán? Non, porque eso non nos integra, nos dilue. Del mesmo xeito coas linguas de signos.

Por outra banda, hai úa escola anguano que aposta pol bilingüísmo, pero por un bilingüísmo desequilibrado, cúa lingua A, a lingua oral (castelán), e úa lingua B, a LSE. Porque muitos profesores, pedagogos, logopedas... caeron na conta de que el neno que pudo desenvolver un linguaxe signado, desenvolve máis rápido e mellor el linguaxe oral, pero como el obxectivo é acceder al linguaxe oral (a través da lingua castellana), e non acceder al linguaxe, a secas, asúmese que adquirido el linguaxe signado (a través da LSE), debe accederse el oral e abandonar el signado, porque como me dixo vai pouco úa AL, "lo importante es que desarrolle el lenguaje", a lo que lle respondín que el linguaxe signado é linguaxe e ela repuso, "bueno, es una alternativa al lenguaje", ainda que os lingüistas ten ben definido que el linguaxe signado é linguaxe e as linguas de signos son, eso, linguas.




Esto é, imos ensinar galego, ou asturiano aos nenos, pra que aprendan inglés mellor, e negarlles despois falar en galego porque el inglés é máis integrador. El obxectivo educativo, expresado por AL en distintas escolas, é que el neno esqueiza a lingua que xa sabe... pra integralo.

En contra de esos razonamentos aparecen organizaciois de pais de nenos xordos que si están en contacto coas organizaciois de persoas xordas, e apostan por un bilingüísmo equilibrado e inclusivo, como a catalana Volem Signar i escoltar, que sacaron úa interesante guía, en catalán e castelán, La Malva és sorda.




Porque a relación entre organizaciois dedicadas á xordeira, e mui en particular entre os logopedas (el Coco, prás persoas xordas) e a propia comunidade xorda, nacida de máis de cen anos de exclusión, ten que deixar de ser vertical, non cabe falar de desmutizar aos que son xordos, non mudos.

segunda-feira, 9 de dezembro de 2019

Soledade nel deserto.

Vindo el poblo que Moisés tardaba en baxar del monte, axuntou onde Aarón e díxolle: "Anda, fainos un deus que vaia delantre noso, pois ese Moisés que nos sacou de Exipto non sabemos qué lle pasou". Aarón contestoulles: "Quitádelles os pendentes de ouro ás vosas mulleres e filla e traedemelos".

     Éxodo 32.

Moisés subíu das estepas de Moab al monte Nebó, na cima del Pisgá, situado frente a Xericó, e Yahveh amostróulle todo el país [...]. Despois díxolle Yahveh: «Ésta é a terra respecto á que xurei a Abraham, Isaz e Xacobo, dicindo: "¡Á túa posteridade daréila! Fíxencha ver polos tous propios ollos, pero aí non has pasar"». Morreu, entós, alí Moisés, servidor de Yahveh, nel país de Noab [...]   

  Deuteronomio 34.

Moisés,
meu tocaio,
non sufríu solo os corenta largos anos
del desterro.
Iban con él centos,
miles
de xudeos que,
como él,
vagaban pol deserto.

Mais a soledade de Moisés,
meu tocaio,
fora infinita.
Solo subiu al Sinaí.
Tan solo
que hasta falaba cos artos,
cos toxos,
coel lume,
tolo en sí mesmo.

Moisés,
meu tocaio,
non lideraba nada,
meu probe!
Subía sen compaña
el duro monte,
atolado na soledade alpina,
e baxou pra cos sous.

Que tolura!
Que tristeza!
Conta soledade 
tuvo que albergar sou corazón
condo veu a tódo-los sous
adorando al becerro!
Abandonado dos sous.
Abandonado del sou irmao.

Él,
el patriarca dos patriarcas,
que siguira os pasos de Abraham,
de Xacobo.
Él,
que soñara,
tolo en sí,
encher as pradeiras del mundo
cos fillos de Israel,
tantos como estrelas infinitas
el Célo ten.

Él,
que prantara cara al Faraón
e afogara aos soldados de Exipto
nel Mar Vermello.

Él,
abandonado á montuna soledade
del Sinaí.

E aló ficaron os xudeos.
Adorando un becerro.

E todo
pra ser el único dos sous
que non traspasara
as portas da Terra Prometida.




quinta-feira, 28 de novembro de 2019

Reflexiois post-electorales.

Este post escribinlo a mao al día seguinte das elecciois, pero por distintas razois estuven sen ordenador e non se me amañaba escribirlo coel móvil pra subilo. Asina que, tarde, aí vai.

Como non podía ser doutro xeito, despois dúas elecciois, e, neste caso, despois dúas elecciois que prometían ser polémicas, pol ascenso del fascismo, vein as análises pertinentes (ou non).

El primeiro que todos temos na cabeza é a subida del partido abertamente fascista de 23 a 52 deputados. Tres millois de españoles votaron por úa opción abertamente fascista, de entre elos, 88.052 asturianos, que mantein un deputado dos sete que Asturias ten nel Congreso.

Sen duda é grave, mui grave. Ademais temos que ter presente que hai úa diferencia entre el votante medio de Vox e el votante medio del PP, Ciudadanos ou mesmo el PSOE ou Podemos. Estos últimos cuatro partidos tein militantes e simpatizantes máis ou menos forofos, por suposto. Pero a súa maioría electoral componse de xente que vai votar, con máis ou menos fidelidade, e volve a casa. El votante de Vox, ou muito me equivoco (e a reiz da dimisión en masa de Murcia pode que me equivoque) ou é, maioritariamente, un votante-militante. Esto é, máis aló de votar por un partido, ten un compromiso e úa identificación con él. Esto é, naturalmente, mui subxectivo e podo equivocarme, claro, pero é a sensación que percibo falando con xente que me diz que votou a Vox. Porque, si, conozo xente que votou por Vox. Pode ser que haxa votantes menos militantes que non manifesten a quen van votar pra que non los tilden de fascistas, non che sei.

El caso é que, como el propio Abascal se apresurou a dicir nada máis conocer os resultados, agora tein deputados abondos pra recurrir al Tribunal Constitucional as "leyes liberticidas". E é que Vox comprobou os bos resultados que lle dá utilizar a Xusticia como arma política. En Cataluña presentáronse como acusación conntra os principales nomes del procés, e eso non solo lles trouxo mui bos resultados electorales, senón que, ademais, fexo moverse al Goberno e aos tribunales, al aparato del Estado, a encarcelar xente e reprimir á población. Esto é, muito antias de ter representación relevante nas Cortes, xa condicionaban os movementos del Estado.

En Asturias os fascistas sacaron un deputado prás Cortes. Un deputado que, outra volta, non sacaron en Galicia (en outras partes tampouco, pero dende el Eo-Navia e dende Asturias, en xeral, interésanos ben el que pase al outro lado del Eo). E recuperaron os galegos un deputado del BNG, mentres nós temos us partidos que viven na marxinalidade, e na marxinalidade se sinten cómodos, as cousas como son. Urxe, estós, que nel soberanismo asturiano nos póñamos as pilas al hora de xerar un espacio común de encontro e luita, xeremos úas dinámicas propias e téñamos daqué de presencia real na sociedade asturiana. Se non, podemos tirar pra casa.

Hai que reconocer, con todo, que al hora de fer comparaciois con outras Comunidades Autónomas hai que ter mui en conta el feito demográfico. Porque se é verdade que el BNG sacou un deputado, sacou un deputado dos oito que ten A Coruña (namais un porriba de Asturias), pero tamén é namais un dos 23 que ten Galicia, colo que se contamos 1 de 8 el éxito é importante, pero se contamos 1 de 23, a cousa mengua.

Mesmo as CUP, os outros que chegan agora al Congreso, tein dous deputados, pero dous de 32 que lle corresponden a Barcelona e dos 48 que lle corresponden a Cataluña.

É importante compararse con outros poblos, pero non está de máis non perder de perspectiva el factor demográfico que condiciona tanto o máis os resultados electorales que el factor ideolóxico. Non condiciona solo os resultados electorales, senón tamén a realidade política nel día a día. Se nel día a día un nota a diferencia de moverse de Cuaña-Navia a Uviéu (sen que os uviedíos señan mellor ou peor que os cuañeses ou os naviegos), a diferencia nas grandes ciudades é maior.

Con todo, esto non pode valir pra xustificarnos polos malos resultados en Asturias, pra ver con certa distancia el deputado galeguista (3.000.000 hab.,  23 escanos), tamén ten que valirnos pra ver a muitísima representatividade que supón un deputado de Vox pral millón de asturianos frente aos dous deputados de Vox praos 7.000.000 de catalais ou el ausencia del partido fascista praos 3.000.000 de galegos.

Cinco deputados, por certo, ten Cantabria e un deputado del PRC. Certo, certo, asina como el BNG, Bildu, as CUP, Puyalón, etc. son referentes políticos, son dos nosos, el PRC non é, nin de broma, dos nosos. Pero cabe analizar, non el movemento soberanista asturiano en comparación coel movemento soberanista cántabro, senón a sociedade asturiana en comparación coa sociedade cántabra.

Cantabria, non hai que esqueicelo, foi hasta os 80 úa provincia de Castela a Vella. Cumpre non esqueicelo porque davezo dende Asturias se mira con condescendencia al cantabrismo, pero elos, como os rioxanos, foron quen a conseguir que se lles reconocera como suxeitos políticos (úa Comunidade Autónoma) independente de Castela. Pouca broma.

E se Revilla é un españolista con aires folclóricos, cabe recordar que Álvarez-Cascos apuntaba a ser un Revilla asturiano e Foro podía ser un equivalente al PRC. Vemos al PRC e vemos a Foro. Vemos á sociedade cántabra e vemos á asturiana.

E está Teruel Existe. Desconozo se está vinculado a algún partido de ámbeto estatal (algo sintín de que tein vinculaciois con Ciudadanos), pero aínda que teñan un único deputado, é a forza máis votada na provincia aragonesa. Non solo conseguiu un dos tres escanos que ten Teruel (un dos 13 escanos que ten Aragón), senón que é a primeira forza teruelana, porriba del PSOE e del PP, pois a pesar de ter os mesmos deputados, ten máis votos.

Neste sentido, extrapolándolo ás elecciois autonómicas, venme á cabeza a cantidade de veces que me falaron da necesidade de fer un partido eonaviego ou un partido occidental (importante a diferencia, porque na circuncripción occidental, os eonaviegos somos minoría).

É verdade que a provincia de Teruel leva muitísimos anos denunciando el sou especial abandono, non solo de Madrid, senón tamén de Zaragoza. Tamén imaxino que Teruel Existe non será precisamente un partido soberanista. Esto é, parece que en Aragón, en particular en Teruel, hai espacio pra un partido localista que demanda máis atención de Madrid (acaso non é eso el PRC ou Foro?), que un partido soberanista como pode ser Puyalón de Cuchas. Daqué que pode fernos reflexionar, porque Foro perdeu por mérito propio a posibilidade de ser un PRC asturiano, pero penso que hai un espacio máis claro pra un partido asina que pral soberanismo.

Evidentemente nós non pretendemos xerar un PRC asturiano ou un Teruel Existe. Non pretendemos reavilitalizar Foro. Nós luitamos por xerar un movemento e un referente soberanista, pero temos que felo entendendo a nosa sociedade e a comparación con outras realidades pode lanzar luz á análise da nosa. Hai espacio en Asturias pra un discurso rexionalista/autonomista que sirva de base pra un discurso soberanista? Ou debemos apostar por úa estratexia abertamente soberanista de primeiras?

Seña como seña, en Asturias urxe un asturianismo político aglutinador, que nos aglutine a todos, mesmo a aquelos colos que nos pegamos vai anos. Será posible ver a IAS, Conceyu Abiertu ou Andecha Astur nun proxecto xuntos? E urxe, aínda máis, un movemento antifascista máis amplo. Haberá que resucitar de entre os mortos Asturies pa Toes?

E toca ser xenerosos, pero non fatos. E toca axuntar forzas, librarnos de prexuicios... En definitiva, el que tanto tempo leva tocando.