domingo, 12 de março de 2023

Prioridades.

 

Leo en La Nueva España que « El supuesto AVE cantábrico” no está en elorden del día del encuentro entre los gobiernos del norte que ha convocado elPaís Vasco para el lunes ni “estamos hablando de eso”. El vicepresidente delPrincipado, Juan Cofiño, no se apea del tren a la Meseta, de la Variante dePajares y “nuestra unión con el corredor ferroviario del noroeste”. Esa es “laapuesta clara”, “la gran prioridad”. “No podemos distraernos con otros asuntos”».

 

Non podemos distaernos da prioridá central, claro, que non é outra que el AVE a Madrid. Son palabras, nin máis nin menos, que del vicepresidente de Asturias, Juan Cofiño. Núa Cimeira cantábrica establécese que a prioridá non é un AVE cantábrico, senón un corredor del Noroeste, que estaría mui ben... se podéramos concluir mellor qué é. De primeiras, el corredor del Noroeste sería úa conexión coel Corredor Atlántico. Si, ese corredor que entra por Irún e vai correr directamente a Madrid sen pasar por ningúa das comunidades atlánticas. Esto é, as prioridades asturianas son dúas, un AVE a Madrid con parada en Ḷḷena, Uviéu e Xixón e un corredor (non sabemos de qué ancho) a Irún e de aí a Madrid, por el corredor non-atlántico.

 ´

El chamado Corredor Atlántico.



Dende Asturias non se valora, en ningún momento, criticar en absoluto el trazado del Corredor (non) Atlántico. Non se pensa cuestionar, en ningún momento, por qué el trazado atlántico non pasa por Asturias, por Galicia e nos conecta con Portugal. Dende Galicia as críticas vein porque el Goberno de España está en maos del PSOE, non porque Feijoo teña outro modelo pra España. Curiosamente é dende el sur del Miño, dende Portugal, onde máis se insiste que el Corredor Atlántico ten que pasar por Galicia e contectar a Comunidá galega coel Norte de Portugal. Imaxino que aos portugueses lles dea un pouco igual se despois esa conexión tira por Asturias ou por León, como igual parece que lle dá al vicepresidente Cofiño.

 

Non podemos distraernos, diz Cofiño. Non podemos distraernos nin reclamando un AVE cantábrico que vertebre as nosas Comunidades, nin apricando el noso Estatuto de Autonomía, que diz nel sou artículo 10:

 

«El Principado de Asturias tén a competencia exclusiva nas materias que a continuación se sinalan:

[...]

5. Os ferrocarriles, estradas e camíos cuxo itinerario desenvólvase íntegramente nel terrorio da Comunidá Autónoma, e nos mesmos termos el transporte fluvial, por cable ou tubería».


Non cabe distraerse en xerar úa empresa propia, como fixeron nel País Vasco coel Euskotren, e ofertar us servicios á población rural asturiana que a antigua FEVE (xestionada dende Madrid aínda que alí non hai nin un metro de vía de ancho métrico), inxerta na RENFE, non ofrece.


Mentres el País Vasco asumíu as competencias
en materia ferroviaria, Asturias abstúvose de
desenvolver el sou Estatuto de Autonomía,
deixando que a FEVE se desmorone baxo a xestión
dun Estado al que non lle importa muito este escaso millón
de habitantes.


 

Non cabe distraerse comunicando Asturias coas Comunidades que la rodean. Non cabe distraerse xerando outros centros, us centros que non nos deixen eternamente na periferia.

 

Non, non cabe distraerse, porque quiciabes a Xunta Xeral seña pequena e a nosa verdadeira aspiración seña calentar algún Escano nel Senado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário