domingo, 8 de dezembro de 2013

A independencia d'Escocia.

Corría el ano 2007 y militaba eu na primeira formación política da que forméi parte, Mocedá d'Izquierda Asturiana (MIAS), úa militancia asturianista y d'esquerdas da que, sen llugar a ningúa duda, con todos os acertos y tamén os errores, guardo un recordo mui bon. Chegara ás nosas maos úa revistía dende Galicia, Embate, el voceiro nacional d'Adiante, a Mocidade Revolucionaria Galega, que por úa cousa ou outra acabóu na mía casa (si, espoliéi ese material de MIAS).

Nestos tempos nos que nel Reino d'España y nel Reino Unido se discute a independencia de Cataluña y d'Escocia, respectivamente, con un referéndum á vista nel caso escocés y muitos ruidos de sable y úa cada vez máis probable recentralización del Estado nel caso español, recuperéi, máis por casualidá que por voluntá, un artículo da revista gallega firmado por Brais Fidalgo sobre el proceso independentista escocés, tal y como se percibía naquel ano. Reproduzo aquí el artículo tal como aparece nel númaro 6 d'Embate.





A independencia de Escocia? Unha lección de democracia.
Un novo estado na Europa occidental?

O 1º de maio deste ano 2007 a Acta de Unión entre Escocia e Inglaterra cumprirá 300 anos.

Nas eleccións do 3 de maio, o Partido Nacional Escocés (SNP) pode chegar a converterse no partido máis votado de Escocia (segundo o xornal inglés e conservador The Times, O SNP conseguiría 45 escanos fronte aos 42 dos laboristas de Escocia, dun total de 129), dominando o parlamento de Hollyrood en Edinburgh (restituído desde 1998). Aínda que a priori parece que o sistema proporcional vaille impedir obter unha maioría absoluta de escanos, pretende convocar un referendo democrático sobre a vontade dos e das ciudadás de Escocia de elixir o seu futuro, isto é, a independencia da nación escocesa ou a súa continuidade no Reino Unido xunto con Inglaterra, Gales e o Ulster irlandés. Ademais, posiciónase contra a invasión de Iraq e as centrais nucleares, apostando por unha Escocia ecolóxica e socialmente máis xusta.

O nacionalismo de esquerda, representado polo SSP (Partido Socialista Escocés) e agora o novo partido Solidarity (constituído a partires dunha escisión do SSP no transcurso de 2006 feita polo anterior líder Tom Sheridan, debido a un escándalo na súa vida privada) defende tamén o dereito democrático de todas as nacións á autodeterminación, entendida coma construcción dunha estructura política (Estado) encargada de facer políticas públicas para as clases populares e traballadoras escocesas.

No seu programa o SSP propón o referendo sobre a independencia para finais deste mesmo ano, reclamando a oportunidade de ouro que se lle presenta os favorábeis do SI, e acusando ao SNP de cometer un erro histórico para Escocia se non o fai así.

Por outra banda, Alex Salmond, líder dos nacionalistas e o SNP, conta non só co poder que lle outorgan as enquisas como gañador para arrancar coa campaña electoral, senón tamén co apoio financieiro das empresas máis importantes de Escocia como o Royal Bank of Scotland (que é a terceira entidade máis importande do mundo) e o seu director, e con estrelas da grande pantalla que fan ao SNP e á súa causa moi popular, coma Sean Connery.

Programa do SNP:

> Referendo 2010.
> Comida gratis nas escolas aos nenos/as de ata 5 anos o primeiro ano, feito que se espallaría e a todas as idades no futuro.
> Arranxo de infrastructuras (en concreto estradas).
> Retirada de todas as plantas nucleares de Escocia e oposición ao gasto público neste senso, que sería substituído por enerxías renovábeis.
> Aumento de impostos nos salarios substituíndo o alto imposto dos concellos sobre os inquilinos das vivendas.
> 1000 políticas públicas máis, entre elas unha grande maioría de carácter social, algunhas tamén preparatorias para o referendo e a autonomía de Escocia.

Escocia conta cun importante recurso que a fai coñecida en Europa e que é unha arma irresistible que o independentismo escocés non pode obviar: o petróleo do mar do Norte que foi descuberto nos anos 70 e que levanta unha importantísima industria no Reino Unido ao non ter que depender de importacións deste tipo.

A independencia, a pesares de que o nacionalismo (sinónimo de independentismo no caso escocés) gañe as eleccións do 3 de maio, non está garantizada, pero si a existencia dunha consulta popular que lle vai permitir a máis de cinco millóns de cidadáns de Escocia expresar a súa vontade democrátrica sobre o seu futuro, como pobo que pode decidir.

Os inquéritos que se manexan falan dun 52% de apoio á independencia no caso da convocatoria do referendo, e dun 35% de apoio á continuidade no Reino Unido.

A estructura territorial do Reino Unido foi sempre a dun Estado unitario, non nos enganemos, non existindo, até datas recentes, ningún nivel de goberno entre o poder central e local. Aínda así, os entes locais sempre gozaron de amplas competencias, desenvolvidas aínda máis como consecuencia da expansión no século XX do "estado de benestar", sendo estas as encargadas de implementar numerosas políticas públicas.

Esta posibilidade de consulta popular nas nacións sen soberanía do Estado Español sería un imposibel, e isto a pesares de ser presuntamente un dos Estados cunha maior "descentralización" territorial da Europa. Cómpre aclarar neste punto que unha cousa é descentralización política e outra descentralización administrativa, e unha cousa é un Estado plurinacional e outra un Estado nacionalista; no caso do Reino da España, as segundas opcións son as paradigmáticas.

Así, facendo unha análise comparativa dos dous Estados dende diferentes eidos, pódemolo visualizar mellor.

a) Desde o político-insitutucional:

O Reino Unido é un Estado cunha forte compoñente plurinacional. Así, Escocia, Gales e Irlanda do Norte (aínda que este caso é distinto ás outras dúas por ser parte da nación irlandesa) son denominadas nacións, e iso a pesares de dispor de moita menor autonomía administrativa que moitas Comunidades Autónomas e sendo o Reino Unido un Estado fortemente centralizado en Londres.

b) Desde o sociopolítico:

As enquisas feitas na propia Inglaterra, non só en Escocia, móstrannos tamén unha maioría de opcións favorábeis á independencia dos seus veciños do norte. Así, de acordo coa enquisa feita pola empresa ICM e publicada en The Sunday Telegraph, o 48% dos ingleses estaría a favor da posibilidade de que Inglaterra se separe de Escocia, Gales e o Ulster irlandés. E o 59% dos e das inglesas aceptan a independencia de Escocia, sendo rexeitada por só o 28%. Ademais, o 68% dos e das inglesas desexarían que o seu país tivera un parlamento propio (do estilo que teñen Escocia, Gales e o Ulster), sendo o 25% as que non o consideran necesario.

O máis sorprendente para as e os ciudadáns das nacións sen estado que habitamos no Reino da España é que este debate se trata entre os políticos profesionais británicos, nas institucións, medios de comunicación e, en xeral, na opinión pública da illa, con total naturalidade, certa normalidade e sen dramatismos demagóxicos nin ruídos de sabres golpistas.

____________________________________

Brais Fidalgo, "A independencia de Escocia? Unha lección de democracia.", Embate, nº 6 (abril-maio-xuno 2007), Adiante, A Coruña, 2007.

Um comentário:

  1. ¿Visti Independence Day? Nesa película esplícantelo todo lo mesmo ya pa enriba nun te cansa tanto la vista.

    Aproveicho pa date un fuerte abrazu!

    ResponderExcluir