sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

O galego continua mais além do rio Eu (por Carlos Varela)



Al tempo que Novas da Galiza m'invitóu a escribir un articulín sobre el Eo-Navia tamén invitóu a outra persona, neste caso Carlos Varela, da Real Academia Galega. Como puxen el meu creo que tamén é búa idea puer el artículo de Varela. Aparece en normativa reintegracionista.

A língua galega no Eu-Navia fala-se
em dezaoito concelhos, com umha
poboaçom galegofalante que poderia
ser dumhas 30.000 pessoas, às quais
se somam as emigradas, especialmente
na área central asturiana, que ainda mantenhem
o galego como língua materna. A
despovoaçom da comarca, a falta dum núcleo
de articulaçom económico e cultural,
a profunda castelanizaçom dos mais novos,
a falta de protecçom legal e sensibilidade
por parte do governo do Principado
e a forte e demencial campanha de atrancos
da Academia da Llingua Asturiana
(ALLA) e os seus adláteres (Xeira, Rapalacois,
etc.) unido aos grupos mais reaccionários
do asturianismo cultural e político,
fam muitas vezes perigar os poucos avanços
para a protecçom da língua.
A tutela alegal que posui a ALLA com
umha Secretaria fantasma, regida por um
nom galegofalante -caso único na Europae
organizadora cada ano duns cursinhos
de galego das Astúrias sem nenhuma preparaçom,
ao que se acrescenta a falta de
escolarizaçom nos colégios e institutos da
matéria, mesmo dando-se casos tam flagrantes
como leccionar-se língua asturiana
nas escolas galegofalantes de Luinha e
Verducedo. A falta duns meios próprios,
onde existe umha clara transculturizaçom
da TPA e um desleixo completo por parte
da TVG e do governo de Feijóo.
A tentativa dumha determinada recuperaçom
da toponimia tradicional galega, por
umha Junta Assessora, com um processo
totalmente atípico e acientífico, baseada
muitas vezes em castelanismos, vulgarismos
e asturianismos lingüísticos, seguindo
teorias como a do filólogo Balbuena.
Cabe mencionar ainda a culpabilidade
dos meios de comunicaçom, se falamos da
transculturizaçom da TPA, os jornais apresentam
campanhas difamadoras contínuas
como as feitas por “La Nueva España”, beirando
a xenofobia. Junta-se a pouca sensibilidade
dos jornais galegos e da TVG para
utilizarem a toponimia tradicional da comarca
e algum deles mesmo em ser abertamente
contrário ao galego das Astúrias
como o “Faro de Vigo”, dirigido polo asturiano
Isidoro Nicieza.
Na parte asturiana, certos sectores -a
maioria nucleados arredor da ALLA- som
abertamente antigalegos, inventando mesmo
a ideia dumha língua independente ou
de transiçom ou mesmo desde os sectores
máis radicais dizendo que se trata dumha
variante do asturiano. Os estudos científicos,
especialmente os de Dámaso Alonso,
concluem que é galego o que se fala desde
o Eu ao Frexulfe, e desde o Ranhadoiro à
linha com a Fonsagrada. Nesta linha há
anos xurdiu a Mesa de Defensa do Galego
de Asturias (MDGA) e o que hoje em dia
recolhe o ideário da Associaçom Cultural
Abertal, que já editou um Relatório Lingüístico
afirmando a tese da língua galega
no Eu-Navia, fronte à ideia hipócrita de somar
língua e identidade que propóm a ALLA
sem qualquer consistência cientifica.
Na parte galega, os passos dados som
mui escassos. A falta de estudos sobre a
comarca é mui ampla, com a ressalva do
apoio da Área de Normalizaçom Lingüística
da Universidade de Vigo, da Concelharia
da Cultura do Concelho da Corunha
e doutras associaçons (AGAL, Centros
Sociais, O Facho, etc.), a pouca implicaçom
da RAG e do Consello da Cultura
Galega, e às vezes umha estratégia errada
de sectores reintegracionistas que por desconhecemento
mesmo servem ás estratégias
antigalegas numha suposta liberdade
de confusom normativa, onde a río revolto
alguns asturianistas defendem que a língua
do Eu-Navia forma parte do toro galego-
português mas nunca avançando cara
a esse eixo, senom asturianizando linguisticamente
o galego das Astúrias. Soma-se
o lamentável apoio de certos grupos nacionalistas
e independentistas galegos a
grupúsculos asturianistas negadores da
existência do galego nas Astúrias, baseando-
se nun internacionalismo mal interpretado.
Tambén o mundo da música nom é
alheio, querendo eliminar a existência da
gaita galega, e o apoio de certos grupos e
músicos galegos, como Quempallou ou
Bieito Romero, a posturas negacionistas.
A soluçom decorreria da assunçom por
parte do asturianismo cultural da existência
do galego, cun claro benefício para todas
as partes e a conseguinte unidade mediante
um acordo amplo para frear a castelanizaçom
e a falta de sensibilidade dos
governos. Haveria que unir a criaçom
dumha estratégia conjunta para salvar a
língua da súa desprotecçom coa conseguinte
cooficilidade e a necesidade urxente
de estudos lingüísticos, etnográficos,
culturais, etc. para evitar a sua perda, um
apoio claro e decidido á gente e ás asociaçons
que defenden o galego, a necessidade
de correspondentes da TVG na comarca,
a geralizaçom do ensino do galego em
todos os centros educativos, etc.


Carlos Varela Aenlle é membro
da Real Academia Galega

23 comentários:

  1. Por certo, teño que dicir que nun entendo por qué Varela se pon a cargar contra todo el mundo, llanzando acusacióis terribles como a de xenofobia, condo lo que se supón é que tía que dar a súa visión sobre a territorialidá y a llingua del Eo-Navia, y condo se supón que se pretendía fer un debate educao y sen crispacióis qu'a naid fain ben.

    ResponderExcluir
  2. Bieito Romero (Luar Na Lubre)22 de janeiro de 2011 às 10:12

    Eu creo que ti á Real Academia galega aos galegos e ao galego fraco favor lle fas. Creo que tes un problema de paranoia que te leva a ver enemigos onde non os hai. Concretamente no meu caso, paréceme terriblemente triste que porque eu teña amigos en asturias de corte político variado, dende galeguistas ata nacionalistas asturianos e a moitos destes últimos simplemente os teña agregados no facebook ti deixes de falarme, comeces a insultarme, amenazarme e a dicir falsedades propias dunha persoa que non está nos seus cabais. Pero alá ti, meu amigo, se ti crés que ise é o camiño, eu sairei ao paso de todas as túas afirmacións e o primeiro que faga é solicitar unha entrevista con Xosé luís Mendez Ferrín para que saiba o que está a suceder aquí, ainda que me parece lamentable ter que molestalo por esto.

    Polo demais, só decirche que a miña postura a respecto do galego en Asturias coñécena ben xentes dalá donde en sectores gosta máis ou menos, e en Galicia tamén é de sobras coñecida. A miña participación no documental "Fronteiras" fala claro do que eu penso ao respecto para que ti te erixas xuiz e parte do que os demais pensamos ou debemos pensar.

    Deica!

    ResponderExcluir
  3. Iste home ten mais problemas qu'os estrictamentes politicos ou filolóxicos.

    ResponderExcluir
  4. Úa cousía, supoño que todo el mundo lo entendéu, peró por si acaso... Eu colgo el artículo de Varela nel meu blogue porque xa qu'aparece en "Novas da Galiza" al pé del meu, penséi que taba ben qu'a xente que llee el meu blogue tamén lo llera (xa que colguéi el meu), pero quero que quede claro que non por colgar el artículo de Varela nel meu blogue tou d'acordo colas súas ideas y, sobre todo, colos ataques que fai a todo el mundo, porque nun sólo nun tou d'acordo col proceder de Varela senón que lo critico fortemente.

    É que de repente deume un pouco de medo que daquén pudera pensar que por colgar el artículo de Varela tou d'acordo con él...

    Un abrazo y gracias por lleer el meu blogue :-)

    ResponderExcluir
  5. Comunicado de Quempallou, con permiso de Moiso:

    Perante os recentes comentarios aparecidos no xornal Novas da Galiza de "apoio a posturas negacionistas -da existencia do galego en Asturias- (sic)" por parte do Académico da RAG D. Carlos Varela Aenlle respecto do grupo folk Quempallou, este tan só quere aclarar:

    -O grupo Quempallou nunca se ten postulado a favor nin en contra da galeguidade do Eo-Navia en ningunha das súas cancións, nin declaracións a medios nin participación en actos que negaran este feito.
    -O grupo Quempallou non entende as intencións nin o sentido das declaracións de D. Carlos Varela Aenlle no referido artigo.

    Non nos parecen de recibo este tipo de difamacións gratuítas contra un grupo que leva "11 anos mallando" e traballando dende a música por e para a cultura galega. Ademais, pensamos que un membro da Real Academia Galega debe obrar con máis responsabilidade nas súas declaracións, por respecto á honorabilidade da Institución da que forma parte.

    Galiza, 23 de Xaneiro do 2011.

    ResponderExcluir
  6. Este gajo, o Carlos Varela Aenlhe, nom terá amigos?

    ResponderExcluir
  7. Home, como verás, nun ye que vaya faciendo munchos amigos, el tal Carlos Varela. N'Asturies yá fixo lo que nun fixo naide: poner a tol asturianismu xunto en contra d'él. Y mira qu'hai bandos y bandes n'asturianismu. Pues toos, pero TOOS, los que nieguen el gallegu d'Asturies, los que lu reconocen y los que lu defenden, tán en contra d'esti pavo, por fuin, por falsu, por arteru y por enredador.
    Varela nun trabaya más que pa Galicia: diz lo que dellos gallegos quieren oyer y hasta agora foi camelando a unos cuantos. Pero polo que se ve l'integrismu y la falta de sentíu d'esti páxaru yá punxo en contra a dalgunos gallegos, a los qu'acusa del grave pecáu de tener amigos n'Asturies. Claro: ye más de lo qu'él va poder tener na vida.

    ResponderExcluir
  8. En primeiro lugar, non sei o permiso que tes Moisés Cima para poñer o meu artigo de Novas da Galiza no teu blogue.
    En segundo lugar, cando falo de xenofobia, refírome a "La Nueva España" e iso está máis que probado. A min en ningún momento se me dixo por parte de Novas da Galiza que ti ías escribir algo, que polo outro lado, sempre está en non mollarse pero ao final non deixa de ser o discurso negacionista de sempre, pro-Xeira, os mesmos cais con distiontos colares.
    En terceiro lugar, Bieito, eu nunca te ameacei e esas palabras parécenme graves, pero ti si me chamache "comisario político", se ti tes amizades que teñas no mundo asturchale é o teu problema, pero non metas merda aos demais.
    En cuarto lugar, Quempallou participa con "Ambás" en cuestións sobradamente coñecidas, de igual xeito que estivestes en contacto con Ignaciu Llope. Con esas compañías, sobran as palabras e nosoutros non os chupamos o dedo en dicir as verdades.
    En quinto lugar, o que di o tal Xicu, teño suficientes e bos AMIGOS en Asturias e varios no asturianismo, pero mentir é moi doado más sendo da facundaxe túa. Os teus insultos cara á miña persoa son propios da túa propia mente enferma.
    Carlos Xesús Varela Aenlle

    ResponderExcluir
  9. u entendo que cada quen coñeza a súa xente. Sei que hai xente de Asturias que coñece aos de Quempallou que son de corte rexionalista e moi bos. E tamén hai dos outros, máis falsos cunha moeda de 3€. Pode ser que diante deles o Ambás ou o Llope (por exemplo), se portaran de marabilla facendo intercambios culturais musicais e o que queiran. Pero tamén teño que dicir que non hai máis que ler algunhas declaracións destes dous "folcloristas" da provincia de Oviedo dicindo exactamente o contrallo do que proclamaban. Consumo interno, comenencia ou falsidade? Aquí coñecémonos todos, e cada quen sabe o que fai.
    Por suposto que tamén coñezo as opinións de Bieito ao respecto, e non quero aprofundar nelas; e tamén a de Carlos, que non é nin de lonxe a persoa desequilibrada que din algúns idiotas "de la España verde". Sei que ten moitos amigos asturianos de tódolos sitios: no Eo-Navia, Oviedo, Avilés, Xixón, etc. de moi desomellantes ideas. Pero lóxicamente non o serán os que ameazan de morte ou envían cartas insultando por correo a outra xente amiga poñendo "Comando Asturias" ou parvadas dese xeito.
    Máis alá das liortas, teño de dicir que todo o que di lingüísticamente e culturalmente do Eo-Navia é así, e ninguén sabe máis que el dese lugar.
    Poden dicir que ten problemas de persecusión ou o que queirades, pero unha persoa que foi ameazada moitas veces por dicir a verdade, ten dereito a desconfiar de todo cristo.
    Viva Eo-Navia Galego-portuguesa!!!

    FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS

    ResponderExcluir
  10. Mira CarXeVa, alá tu e as túas "cousiñas"... A min fai o favor de deixarme tranquilo. Ti defende o que teñas que defender e non perdas enerxias en enfrontarte con todo o mundo. Vaiche ser millor porque o teu si que ten gravidade.
    E se non lembras o que escrebeches, se queres cópioche o diálogo tal cual quedou rexistrado, aquí, para refrescarche a memoria, vale???

    Bieito Romero

    ResponderExcluir
  11. Mira Benito Romero non me vou molestar en dicirche nada, eu non preciso de lamberlle o cu a ninguén como fas ti... Teño moi boa memoria e teño gravada integra a túa mensaxe impresentábel; comisario político! (lémbraste?). O da gravidade...esquecéreino...
    Carlos.

    ResponderExcluir
  12. Pido disculpas ao dono deste blog por tan lamentable e ridícula situación con este personaxe.

    Dou por zanxada esta sinrazón esperpéntica.

    Deica!

    Bieito Romero

    ResponderExcluir
  13. Carlino López Varelilla6 de abril de 2011 às 01:18

    Carlos-Florentino, está-che feio escreveres com dous nomes, sobretudo se com um deles te louvas de mais.
    Suponho que ser um "troll" é cousa problemática. Convém levare-lo com mais discriçom.

    ResponderExcluir
  14. Para o último: comproba que a mensaxe asinada como Florentino é miña, antes de botar merda ao mellor pode salpicarche e moito. A covardía do anonimato é o que trae para que despois fales de "trolls", eu asino co meu nome e Bieito tamén, iso de agradecer a este último. Ti ten polo menos a valentía de poñer o teu nome, cousa que non vas facer, claro está. E logo aprende a escribir ben português: che? levare-lo? discriçom? e estrutura morfosintáctica totalmente española. A dar leccións xa sabes a quen, non...
    Carlos.

    ResponderExcluir
  15. Carlino López Varelilha19 de abril de 2011 às 01:31

    Ha ha ha... Muito bom...
    Eu nom escrevim em português padrom, Carlitos. Isso era-che galego, home. Em escrita reintegrada, por se nom o sabias. Podes-lhe perguntar a algum dos colegas da Academia da Língua Galaico-Espanhola que tanto sabem de línguas regionais. A algum da série A, digo, que os da série B bem se vê que nom sabedes da missa a metade.
    A estrutura morfosintática, dizes? Mas tu saberás o que é que é isso?
    És um ignorantinho com ares de grandeza. E isso dá um pouco de vergonha alheia. A nossa língua nas Astúrias merece melhor valedor do que tu.

    Carlino López Varelilha

    ResponderExcluir
  16. Se eu son un ignorante, ti que es? Eu non me agacho nin digo semellantes fatadas coma ti. Miúdo valedor do reintegracionismo? Puff!! A rañala valente? anónimo. E dígocho con todas as letras. No anominatos sempre se agachan os COVARDES.
    Carlos.

    ResponderExcluir
  17. Covardino Lôpez Varelilha20 de abril de 2011 às 01:44

    Meu pobrinho...
    Ser ignorante tem remédio, nom perdas a esperança. Nem os nervos.
    Recebe as minhas (anónimas) saudaçons, pedaço de académico-série-B.

    ResponderExcluir
  18. Varela da pena y vergüenza a partes iguales.

    ResponderExcluir
  19. Ti si que dás pena, outro covarde no anonimato... Iso na cara seguro que non mo dis, esa é a valentía de certos trolls (por chamarlles algo fino) na rede.
    Carlos.

    ResponderExcluir
  20. Sí, Carlos, son todos unos cobardes.
    Pero tienen razón.

    ResponderExcluir
  21. En que teñen razón? podes explicarmo. Aínda non vin a un só que me dixese o contrario do que escribín no artigo, de cada frase hai unha proba. Eu non escribo por escribir e polo que vexo seica gusta abondo. Argumentade e senón calade que estades máis guapos. Insultar por insultar, pero do texto nin mu, por algo será e polo que se ve molesta, pois entón é que estou dando no branco. E pediría, por favor, que se escriba en asturiano ou en galego, de español xa hai demasiado, verdade último interlocutor?
    Carlos.

    ResponderExcluir
  22. Qué pesadito es este pavo, ¿no? Y además está encantado de conocerse.
    :-DDDDD

    ResponderExcluir
  23. O Cuevillas non é o mesmo có Carlos, ghoder, que eu conósoo e é de Vigho (a medias).

    Chau.

    ResponderExcluir