Etiquetas
- Cultura(s) (2)
- É o que há (13)
- Epístolas (2)
- Eunavieguismo (11)
- Integraçom (4)
- Leituras (5)
- Língua(s) (32)
- LSE (2)
- Mobilidade (1)
- Poesía (178)
- Política (70)
- Relatos (4)
- Sexualidade (3)
- Soberanismo e autonomismo (17)
- Traduções (2)
quarta-feira, 19 de janeiro de 2011
Eo-Navia, llingua y territorialidá.
Vei pouco a xente de Novas de Galiza se propuxo publicar dous artículos sobre el Eo-Navia, pretendían presentar úa visión del Eo-Navia dende Galicia y outra dende Asturias. Pretendían confrontar as visióis dende Galicia y dende Asturias sobre a territorialidá del Eo-Navia y sobre a custión llingüística en torno al gallego-asturiano, anque despós, por problemas d'espacio, sólo publicaron medio artículo (lo que trata sobre a custión llingüística).
Agradecendo profundamente a Novas de Galiza que me dera a oportunidá de presentar a mía visión, pego aquí el artículo que yes mandéi.
Primeiro de nada teño qu'agradecer a Novas da Galiza pola súa invitación pra escribir sobre el tema del Eo-Navia, xa qu'el debate é sempre daqué que s'agradece. Entendo qu'el debate versa sobre dúas cousas ben distintas, como lo son a filiación llingüística del gallego-asturiano y a territorialidá del Eo-Navia.
Empezaréi esplicando por qué considero que son dous debates distintos. Por un llao entendemos qu'a Filoloxía é a cencia social que s'encarga del estudio das modalidades llingüísticas, polo tanto entendemos qu'a Filoloxía é ayía ás voluntades populares. Por outra banda, al hora de falar d'identidades territoriales tamos falando d'úa realidá política. Se partimos da perspectiva das sociedades democráticas a identidá social hai qu'interpretalla como un constructo colectivo. Partir de qu'a identidá mana da llingua, a cultura (miyor ou pior definida), os antepasaos, a Historia (ben de veces vista como úa evolución hacia un final prefixao), é partir de presupostos esencialistas que, por suposto, toi mui llonxe de compartir.
Territorialidá:
Siguindo a Inaciu Llope1, en colquer sociedá, y por suposto nel Eo-Navia hai dous discursos identitarios, ún interno, qu'é el que manifesta a sociedá en custión, y outro esterno, qu'é el que manexan os axentes esternos a esa sociedá. Nese sentido, el II Estudio Sociollingüístico d'Asturias2 , publicado pol Euskobarómetro nel 2002 el 74% dos habitantes del Eo-Navia se sinten asturianos. En conto á identidá llingüística a mayoría dos eonaviegos tein claro que falan daqué distinto del asturiano y del gallego, polo creo que podemos dar por bon qu'a identidá llingüística nun define a identidá territorial. Se partimos de qu'a sociedá del Eo-Navia é úa sociedá madura, mayor d'edá, y polo tanto la consideramos como el principal axente político del sou devenir, nun hai outro qu'entender qu'a identidá manifestada polos ciudadanos el Eo-Navia é necesariamente vinculante. Dito d'outro xeito, independentemente del que falen, os ciudadanos del Eo-Navia son asturianos porque se reconocen asina y porque el resto da comunidá asturiana los reconoce tamén como tal.
Nun cabe entender qu'a nación é úa realidá a priori, úa realidá anterior al propio discurso nacional, discurso que nun sale da nada, sinón que nace nas cabezas dos habitantes d'esa nación. Esto é, son os os habitantes da nación os que construyen el discurso nacional, y con él a nación en sí. Os pensamentos nacionalistas europeos nacen nel s. XIX, d'emparzao col novo réxime económico, el lliberalismo, polo qu'a historiografía actual considera un anacronismo falar de discursos nacionales antias d'esa centuria. Y nel caso del Eo-Navia os discursos que se xeneraron dende el XIX hasta hoi xiraron sempre en torno ás identidades asturiana y española (independentemente da opinión qu'estos discursos me merezan a min, que podo non compartillos). Respecto á identidá española xenerada nel Eo-Navia, pouco ou nada se pode dicir que la diferencie da identidá española xenerada nel resto d'Asturias, en Galicia ou en otros puntos del Estado. Respecto á identidá asturiana, cabe dicir que nel federalismo dedimonónico asturiano (ese que revindicóu úa constitución pr'Asturias) nun esistíu nunca un discurso que separara al Eo-Navia del resto d'Asturias. Hasta el punto de qu'el primeiro proxecto d'Estatuto d'Autonomía pr'Asturias despós de consagrarse a II República Española xurdíu del asociación El Suco de Castripol3. Un estatuto abertamente basao en ideas de Castelao (al qu'os autores del proxecto d'Estatuto tuveron ocasión de sintir en Ribadeo), y anque se reconocía a posibilidá de qu'os conceyos se separasen ou xuntasen a Asturias exercendo un dereto d'autodeterminación, partíase da asturianía inicial del Eo-Navia.
Peró nun é nada más nos discursos xurdidos en Asturias unde se parte del asturianía del estremo occidental del país. En Galicia tamén tardará en falarse da qu'hoi chamamos ben de veces custión del Eo-Navia. Os discursos nacionales gallegos a finales dos 80 empezan a ter en cunta a custión del Eo-Navia, y asina en 1988 nace a Mesa pola Defensa del Galego d'Asturias, anque nun manifesta abertamente a reivindicación da galleguidá del Eo-Navia, senón da galleguidá da súa llingua. É significativo que nel nº 11 d'Agália se faiga un análisis da situación xeopolítica gallega en Europa y además de nun reconocer Asturias como entidá distinta d'España (fala d'España, Portugal, Galicia, Euskadi, Cataluña como as nacióis ibéricas), nun menciona en nengún momento al Eo-Navia, a pesar de versar el artículo sobre a situación de Galicia na Península Ibérica y as relacióis con España y con Portugal. As fronteiras orientales de Galicia se sitúan con España (obviamente España son Asturias y Lleón), peró a fronteira nun se custiona.
Llingua:
En conto a llingua, anque os discursos nacionalistas del XIX vincularon ben pronto as realidades llingüísticas ás territoriales (por puer un caso, Murguía), na Asturias del siglo XX ese discurso sólo empezará a garrar peso nos anos 70 col nacemento de Conceyu Bable. Peró nel estremo occidental asturiano ese discurso nun chegará a tomar peso hasta tempos ben recentes. A realidá é qu'a identidá llingüística tén menos peso social qu'a territorial, polo qu'a vinculación d'ambas identidades lleva á población a interpretar de forma caótica a súa realidá llingüística. Se decíamos qu'a identidá territorial é resultado del consenso implícito dos axentes da sociedá, as filiacióis llingüísticas nun son discutibles dende parámetros políticos, senón filolóxicos. Nel meu caso, como nun soi un filólogo, sólo me queda acudir a os filólogos. Podemos afirmar que filolóxicamente falando, el que se fala nel territorio entre os ríos Navia y Eo é úa variante del gallego-portugués5. Outra cousa é qu'a mayor parte dos que defendemos el gallego-portugués d'Asturias lo faigamos dende úa norma distinta á de Galicia. Nun pode sorprender condo na mesma Galicia hai distintas normas, proba d'ello é Novas da Galiza, qu'utiliza úa norma reintegracionista enfrentada cua norma oficial da RAG y distinta a norma lisboeta. Neste sentido, a falta de consenso pra unificar as variacióis gallego-portuguesas fai que seña difícil defender como única búa úa norma concreta pral Eo-Navia. As Normas Ortográficas del Gallego-Asturiano, publicadas pol ALLA nel 2007 y basadas na Proposta de Normas Ortográficas pral Ga(l)lego-Asturiano editada pola Conseyeiría de Cultura en 1993, é de facto a norma más siguida nel Eo-Navia, y dende el 2007 é a norma oficial (al ser a Secretaría Llingüística del Navia-Eo, inxerta nel ALLA, el institución oficial pra regular el gallego-asturiano). Esto lleva consigo que seña a norma que s'enseña nas escolas, que s'usa (condo s'usa) nos Conceyos ou nel Principado. Podemos discutir sobre se é el ALLA, a RAG ou outra institución (caben case tantas propostas como personas señan a propuer) son as indicadas pra normativizar el gallego-asturiano (como chamamos al gallego-portugués d'Asturias desque nos 50 Dámaso Alonso lo bautizara d'este xeito), peró a esperiencia nos dice que nun territorio rural, con úa llingua desprestixada, úas institucióis que nun fain muito por valorizar a llingua, y úa presión feroz del castellano (qu'é tida como llingua común), pode ser máis productivo tirar pola variedá escrita que tén dél d'apoyo institucional (por pouco que seña) qu'erguer úa barricada en torno a úa norma concreta. Sen duda, as normas ortograficas poden ser discutidas, peró se a discusión tén un talante máis político que filolóxico, lo que podemos ter por seguro é qu'a batalla acaba ganándola el castellano, qu'é a llingua de referencia dos mais d'asturianos de fala gallego-asturiana y de fala asturiana (y m'atrevo a dicir que tamén dos máis dos gallegos), y qu'ademáis nos uferta estabilidá (pos a norma del castellano nun se discute). É por eso que muitos optamos por aceptar a norma na qu'escribo, xa qu'aceptamos ás institucióis asturianas (porque esa é a nosa identidá) y xa que nun hai un criterio de facto unificador del gallego-portugués.
Moisés Cima Fernández
(militante del Colectivo Trafego).
_____________
1 Llope, Inaciu, "Xuegu d'Identidaes nel Navia-Eo", Estudios das Terras del Navia-Eo, Secretaría Llingüística de Navia-Eo (ALLA), Uviéu, 1998.
2 Euskobarómetro, II Estudio Sociollingüístico d'Asturias.
3 Suárez Fernández, Xosé Miguel, "Un artículo inédito de 1931 sobre autonomía asturiana y agrarismo pral periódico El Aldeano de Castripol", na revista d'historia contemporanea Erada, Ed. Trabe, Uviéu 2007.
Edición facsimilar del periódico El Aldeano. Ed. Conceyo de Castripol.
4 Ramom Lôpez-Suevos Fernández, "Dos mapas cor-de-Rosa", Agália nº 11, AGAL, A Coruña, 1987.
5 Rodríguez Monteavaro, Miguel, http://www.falaviva.net/index.php?n=modules/news&p=8
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Fonsagrada asturiana
ResponderExcluirFonsagrada galega
ResponderExcluirPra que A Fonsagrada sexa asturiana tedes que volver a nacer 666 veces.Eo-Navia galego,ainda non vos enterastes que moitos dos voso maiores non saben falar castelán coma os noso?Non sabedes q as relacións históricas dos oscos foron ca Fonsagrada?Seguide traizoando aos vosos antepasados que eso fala moi ben de vos.
ResponderExcluirEste Moisés non ten nin puta idea do que escribe. Infórmate antes.
ResponderExcluir"En Galicia tamén tardará en falarse da qu'hoi chamamos ben de veces custión del Eo-Navia"
Do Eo-Navia xa fala Castelao, os Xogos Florais de Tui, o Partido Galeguista na II República, as Xornadas da Veiga antes de que existise "Conceyu Bable". Llera Ramo non inclúe o galego nas súas enquisas..., etc., etc.
Pero de que estás a falar Moiso de Izquierda Anticapitalista?
A Fonsagrada asturiana?Iso nin con intervención da ONU.Estes que se din herdeiros dun ¿rei?(Pelaio) do que nin saben que era galego non van seguir anexionando mais territorios.
ResponderExcluirMoisés quen che paga?
ResponderExcluirMoisés, antias de escribir algo, hai que informarse, porque el tou texto nun hai por unde collelo, de mal feito que ta. Nun contas más que mentiras.
ResponderExcluirForon borrados úa serie de comentarios, esto nun é nin un foro nin, muito menos, úa escupideira. Espresióis como "agárrame a banana" ou "ide tomoar polo cu" nun tein llugar neste foro.
ResponderExcluirA quen me pergunta quén me paga, nun lo sei, peró el mais importante é ¿en qué conta mo ingresa? Porque nun taba enterado eu de que me pagasen.
Al que me vincula con un partido político, seique te tas equivocando de persona.