Etiquetas
- Cultura(s) (2)
- É o que há (13)
- Epístolas (2)
- Eunavieguismo (11)
- Integraçom (4)
- Leituras (5)
- Língua(s) (32)
- LSE (2)
- Mobilidade (1)
- Poesía (178)
- Política (70)
- Relatos (4)
- Sexualidade (3)
- Soberanismo e autonomismo (17)
- Traduções (2)
terça-feira, 18 de maio de 2010
Welcome to Spain!
Condo Modu chegóu a España dende Senegal el primeiro qu'ouguíu foi un «bienvenido a España» qu'un guardia mui sonrinte ye dixo. Despós garróu un tren que lo llevóu a Almería, unde se puxo a coyer a fresa. El xefe era bon paisano y ye fexo axina el contrato, asina que despós das súas súas seis horas de trabayo (porque el sou xefe taba polas 35 horas semanales) volvía a súa casa, que pronto compartiría con María Isabel Torre de las Mercedes, fiya d'un empresario murciano que se namorara de Modu, y nun había diferencia, nin cultural, nin de clases qu'impedira ese casamento.
Eeehh... perdón, que se me vei a pelota, é que me gustan muito as hestorias con final feliz. Teño úa amiga, muito guapa, por certo, que sempre mo diz: «Moi, as hestorias qu'acaban ben sonche mui guapas, peró nun son creibles». Eu dígoye que se nun tén nengún sentido del romanticismo, del idealismo, de poder crear un mundo miyor. Dígoye que se todos puxéramos a nosa imaxinación y os nosos esforzos pra ter ese mundo, ese mundo sería el que teríamos, que querer é poder... A verdá é que ye digo todas esas carayadas a ver se ma podo llevar á cama. Nun funciona. Nota mental: intentar outra cousa, a imaxe de tío sensibleiro xa nun vende.
A verdá é que condo Modu chegóu a España dende Senegal el primeiro qu'ouguíu foi «negro, quieto ahí me cago en tu puta madre, quieto te digo cabrón», peró claro, condo daquén corre detrás d'un negro con un fusil y cos oyos en branco, como núa peli de medo, a naide ye quedan ganas de quedarse queto. Asina foi que Modu corréu, corréu como un tollo por toda a bahía d'Algeciras, y tanto corréu que chegóu a Madrid.
En Madrid conocéu pronto a solidaridá española, esa solidaridá que sempre dicen na tele que temos nesta peleya de boi. Cuatro agresióis nazis y úa acusación infundada dúa veya cua que tropezóu, que pensóu que el negrito (qu'é como a xente políticamente correcta chama a os negros) quería roubarye el sou bolso, cuas súas preciadísimas posesióis, entre as que s'incluía un valiosísimo vale desconto pral Caprabo. Esto fexo qu'el noso negrito tuvera que correr delantre da policía, y nun sería el última vez. As más das veces col que tropezaba era con úa moza mui amañada de traxe mouro que ye quería cobrar nun sei qué imposto por vender cedés.
A vida en Madrid era dura, y cruzarse con xente que aseguraba mui ufana «yo soy español, español, español» y vistía bombers, xente de ben, sen duda, que paga os sous impostos y polas mañás almorzaran de seguro col sou honrao padre abogao ou xuez del xuzgao de primeira instancia polo penal, y cua súa madre, eterna ama de casa que tía que tar pendente todo el día de lo que fía Paquita (qu'en realidá era rusa, ou ucraniana, ou rumana, ou d'un d'esos países comunistas que tein esos nomes tan raros, asina que la chamamos Paquita). En definitiva, qu'a vida naquella ciudá nun era mui agradable. Muito había que correr delantre d'ellos. Un día tuvo que correr tanto, tanto, que chegóu a Asturias.
¡Y ai amigo! Asturias xa é outra cousa, en Asturias, como todo el mundo sabe, acoyemos ben a todo el mundo, somos abertos, campechanos, coime, qu'es de fora, vén ho, y toma un culín, que ta mui rico. Ois, proba este auguardente qu'é de Taramunde, qué tratámoste ben en Asturias eh. Aquí nun hai qu'escapar dos nazis, ¡claro que non! Aquí ta a policía municipal. Dúas agresióis da municipal de certa ciudá, que nun imos mencionar porque os da capital son mui mal tomaos y a moza de traxe mouro que, como en Madrid, molestábaye que venderas cedés.
Condo chegache a casa, el piso que compartías con cinco senegaleses, dous marroquís y un caboverdiano taba tomao pola policía, qu'os dexaloxara a todos. Tuveche sorte de nun tar en casa nesos momenos. Diche a volta como se nun tuvera que ver contigo y, con llágrimas nos oyos fuche almorzar unde sempre. Na tele da cafetería falaban dos asturianos emigraos a América, condo a fame tía color branco. Un asturiano con acento uruguayo ufanábase de qu'agora os inmigrantes eran ben recibidos na súa España natal, que quería volver agora que se volveran as tornas.
Condo Modu chegóu a España dende Senegal el primeiro que pensóu é que xa alcanzara a terra dos soños, que xa quedaran atrás as penurias de pateras, fame, andar pol deserto hasta el agotamento, as persecucióis da policía marroquí, a persecución da miseria qu'era como úa plaga, un animal que s'alimentaba da xente y que garrara aquel home, trabándoye na súa carne moura, y xa nun quería soltallo fose unde fose a súa presa. Condo Modu chegóu a España dende Senegal descubríu qu'el soño de prosperidá d'Europa era como esas discotecas con dereto d'admisión, ás que nun podes entrar con playeros. Nesta Europa con dereto d'admisión nun podes entrar con pel moura nin con fame nel estómago.
Xa cho dixen condo empecéi a cuntarche a hestoria de Modu, qu'a min préstanme a hestorias con final feliz, anque nun haxa quén las crea. Asina qu'imos fer un esforzo mental por crer que Modu chegóu a España entre sonrisas, que deu en casar con María Isabel Torre de las Mercedes y que condo volvía de trabayar as súas seis horas diarias (porque el xefe, como todos os xefes en España, ta por as 35 horas semanales) deixase caer nel sofá a ver a tele y sonríe pensando que, despós de tantas penurias xa alcanzóu el glorioso soño europeo.
Podemos pensallo, ou, se resulta un esforzo d'imaxinación demasiao grande, se como me diz a mía amiga, a que me quero llevar á cama, nun é creíble, podo ufertar un final feliz alternativo.
María Isabel Torre de las Mercedes casóu con un tal Borja María, que nun era bon pra nada, peró llevaba el xersé atao por enriba dos ombros y nun daba muita guerra. Despós metéuse en Gran Hermano y ganóu el concurso, féndose tremendamente famosa, y é que ser famosa era el soño da súa vida.
-- ¿Y Modu?
-- ¿Y ese quén é?
-- Modu, el prota da hestoria, el senegalés.
-- ¿Quén ho? ¿De qué senegalés falas? Calla home, que Milá ta falando con María Isabel y nun oigo nada.
Trabatel, nº 2, Novembre 2008
Imaxe, valla de Melilla.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Mui chulo Moi. Un pocu llacrimóxenu, pero mui bien. Ya te lo conocía, enseñastemelu na revista.
ResponderExcluir:) ¿Llacrimóxenu? Hehe, igual un poco sí.
ResponderExcluir