domingo, 21 de junho de 2020

El comercio polos portos del Navia-Eo a mediaos del s. XIX




Enredando entre revistas vellas desas que andan pola casa, topei este exemplar da revista Entrambasauguas, editada pol Academia de la Llingua Asturiana. Este  número 8, del ano 1998 nel que aparece un artigo del historiador Benxamín Méndez (que fóra profesor nel IES de Navia), titulado El comercio polos portos del Navia-Eo del s. XIX

Neste artigo fálase del tránsito portuario rexistrado nos portos del Eo-Navia (un Eo-Navia un pouco estendido, de Ribadeo a Ḷḷuarca) nel Diccionario de Madoz. 

Méndez fálanos dúa comarca costeira con ben de actividade portuaria e industrial (fábricas de papel en Castripol e A Veiga, traballos manofactureiros del textil, os conocidos traballos del ferro, mesmo en lugares dos que non queda tanta constancia como Bual...). Fálanos da importación e exportación de sidra pol porto de Navia (sinal da producción e consumo) e dúa curiosa importación de viño andaluz. Fala del Diccionario de Madoz e das importaciois e importaciois de América e el estranxeiro (quero entender que América son as colonias españolas, non sei que países conforman el estranxeiro), non fala muito das esportaciois e importaciois doutros puntos de España (namais menciona esportacion de fécula de pataca de Ribadeo a Barcelona e del importación de ferro vasco prás ferrerías eonaviegas). Si sabemos que el comercio dábase fundamentalmente por mar, esto é, el comercio eonaviego salía hacia el norte (malia acabara en Barcelona ou nel País Vasco) non hacia el sur pola Meseta. E ese comercio marítimo era el que mantía úa actividade económica forte que hoi non esiste. Se ben é verdade que había certa relación colonial, xa que se había actividade fabril, el máis del que se esportaba eran materias primas e el máis del que se importaba eran productos manufacturados, máis caros. Cabe perguntárse tamén por qué esa producción manufactureira na nosa terra non se modernizou, pois parece que a máquina de vapor desprazou a manufactura textil eonaviega (por que non se introduz a máquina de vapor al noso textil?).

En definitiva, un artigo sobre el comercio nos portos entre Ribadeo e Ḷḷuarca que poden fernos pensar sobre as posibilidades desta terra nosa.

Transcribimos aquí el artigo tal como salíu publicado en Entrambasauguas nel 1998. Tódalas imaxes que acompañan al texto son las da revista orixinal.


_______________________________

El comercio polos portos del Navia-Eo a mediaos del s. XIX.




Falar de portos mercantes nel Navia-Eo
pode chocar, pos os qu'hai hoi son mayormente pesqueiros ou deportivos. Ribadeo inda ten agora tráfico mercante pro tamén muita xente s'acorda de ver cómo os barcos descargaban abono ou farina en Navia ou se cargaba mineral en Porcía. Outra xente, más veya, ouguíu falar de que veleiros pequenos cargaban madera nel Porto (El Franco) ou de qu'entraban mercantes en Veiga (Navia) y tamén na Veiga.


↓Benxamín Méndez.


Vamos irnos aquí dalgo más pr'atrás del alcordanza da xente, hasta 1844 y 1845. Pr'aquellos anos temos os datos del Diccionario de Madoz, a fonte principal pra fer estas llinias. Nun podemos falar aquí de todos os portos, pos el Madoz namás ten os  datos das aduanas —aparte de datos xenerales— y éstas taban na Veiga, Castripol, As Figueiras, Navia, Veiga y Ribadeo (todas eran de cuarta clas a nun ser a de Ribadeo, qu'era de segunda). En Castripol, amás, había úa "ayudantía de marina".

Pro sábese, por exemplo, que s'apuntaban en Navia os tráficos del Espín, unde se cargaba a madera que baxaba pol río y tamén, a lo menos, el carbón vexetal, pos era nel Espín onde se fía. Tapia, Ortigueira y El Porto, según ek Madoz, tían gremios marineiros pro non aduana.

El importancia del comercio pol mar.

Os datos que dá el Madoz pral "partido y ayudantía de Castropol" nun deixan sito pras dudas: 28 barcos mercantes matriculaos, 601 marineirosz 87 carpinteiros de ribeira y calafates y "67 pilotos de Europa, de América y de todos los mares". D'ellos, 25 ponlos pras Fogueiras y dice que algús eran capitáis (enseñábalos un profesor de náutica que tía allí colexo particular). Había tamén 69 lanchas y barcos pequenos de pesca y barcaxe dos gremios d'Ortigueira, El Porto, Tapia, As Figueiras, Castripol y A Veiga. En Ribadeo había "12 buques mayores y menores"; ei, a sociedá de fomento tía úa escola qu'enseñaba matemáticas y pilotaxe.

Os cambeos foron abondos y as relacióis eran diferentes. A zona del Navia-Eo producía entoncias pra esportar cousas que xa nos esqueiceron, gracias ás ferreirías qu'había nos ríos con más augua, como el Eo, el Porcía, el Suarón ou el Navia. Fíase ferro dulce nas ferreirías y nos martinetes y obradoiros das casas fíanse cravos (eran famosos os de Bual), ferramentas pra trabayar a terra y cousas de ferro pras casas (pechaduras, chaves, tixellas, tarteiras, etc.). Abasta con dicir qu'a cuarta parte da xente da Veiga trabayaba el ferro na casa.

Tamén a xente fía nas casas panos de lla ou llin, lo que ye fai dicir a Madoz que "el país todo era un tendedero; cada casa una fábrica..." referíndose al partido de Castripol. Había además fábricas de curtidos en Paderne y en San Antolín (Navia). As fábricas de papel de Castripol ou A Veiga tamén daban pra esportar.

Pra todo aquel trabayo fían falta materias primas y, claro é, producíase abondo más de lo que fía falta na zona. Os portos eran naquel entoncias el camín más rápido pra llevar mercancías en cantidá. Llevallas por terra era cuase imposible, como nun fose en caballeirías, pos llevallas en carros namás podía ferse a xeito pol Camín Real (camín de roda o carreteiro).

A ponte de ferro del Navia inagurouse en 1868 y inda despós el cacho da carretera da costa entre Ḷḷuarca y A Veiga (el primeiro treito, Porcía-Navia, fíxose entre 1871 y 1871 [sic.]). Outras carreteras traveseiras nun se foron fendo hasta os últimos anos del siglo XIX ou os primeiros del XX; por exemplo, as que salen de Navia pr'hacia a montaña, as que salen del Porto pasando pola Caridá ou a que sale da Veiga p'hacia A Garganta. Salindo de Ribadeo taban xa proyeutadas as carreteras pra Mondañedo y A Veiga, pro entoncias namás había dous camíos de roda, a Mondañedo y a Foz.

Non sólo había que trer as materias primas y esportar productos de ferro ou pano. Por barco tríanse tamén, como veremos, abondos productos que se vendían nas ferias e mercaos. El Madoz destaca dúas ferias al mes na Veiga, úa en Balmonte (Presno, Castripol) y outra en Valdepares. É chamadeiro el el fala de Veiga "de su antiguo comercio nada existe, sino los grandes almacenes y edificios donde se alberga la gente pobre de las parr. inmediatas". Al parecer, Veiga xa fora padecendo a competencia de Navia, con tráfico cada vez más grande pola ría y dous mercaos semanales (xoves e domingo), pro a mediaos del XIX Veiga inda tía más xente que Navia, Castripol tía más qu'hoi y As Figueiras aparecido.

Lo que ta claro é qu'os portos axudáronyes a medrar ás villas más qu'a outros poblos que nun los tían, y más condo llevar as mercadeirías al llombo de caballeirías nun era abondi pra lo que se necesitaba.





Os portos eran fondiadeiros y embarcadeiros.

Al pensar nos portos de mediaos del XIX nun podemos pensar en muelles como os d'hoi nin cousa aparecida. Os barcos tían que fondiar onde fose más fácil cargallos, así qu'hasta podían quedar en seco de mar vazo. Como vamos ver, todos taban aparecidos y tábase pensando en cómo amañallos.

De Ribadeo dice que Madoz qu'era el porto "... mas conocido y frecuentado desde el Ferrol á Santander; pueden fondear en él los buques á tiro de pistola, de la orilla en 20 pies á bajamar entre la v. y el cast. de San Damián". Os embarcadeiros taban xa en Porcillán, Cabanela y Figueirúa. El porto tía el inconveniente dos tesóis d'arena qu'as arriadas del Eo movían.

Dos outros portos da Ría del Eo nun dice gran cousa. Sabemos por exemplo pol mapa de Coello de 1870 qu'el "muelle viejo" de Castripol taba nel estremo norte del alto nel que s'asenta a villa. Según el Madoz, A Veiga tía un fondiadeiro "cómodo y seguro"; nada dice das Figueiras.

Navia tía el entrada difícil por culpa da barra, anque podían fondiar na ría "barcos de más de 100 toneladas, los que conducen material para las herrerías de Bullimero en la felig. de Parlero y para Freuseyra". Xa el Madoz propoñía fer úa "muralla" dende El Espín dereta hasta el cabo, lo que coa corrente grande del río feiría que pudesen entrar barcos "de alto bordo". Sábese por outras fontes qu'os barcos lo mesmo fondiaban nel Espín que na veira de Navia.

El Madoz nun dice nada dos portos de Veiga y El Porto, del d'Ortigueira dice que valía sólo pra pataches e embarcacióis de pesca.




El tráfico polos portos: barcos y marineiros.


Según os datos del Madoz (refiríndonos sempre a datos medios dos anos 1844 y 1845), rexistráeonse 444 barcos como entradas. D'ellos, 175 fondiaron en Ribadeo, 117 na Veiga, 48 en Navia, 44 nas Figueiras, 39 en Castripol y 21 en Veiga. Vese ben que Ribadeo era el porto más importante da zona, anque tamén teríamos que cuntar con Ḷḷuarca dentro da Marina Occidental (alló atracaron 147).

El tonelaxe medio foi 46 toneladas por barco, media que recoye dende as 12 toneladas por barco de Navia ás 41 de Ribadeo; Veiga y A Veiga nun chegaban a vente y en Castripol y As Figueiras movíanse barcos d'entre vente y trenta toneladas de media.

Dos tipos de barcos nun nos dice nada al xeito el Madoz. Por outras fontes (entre ellas, Rodríguez, 1997) y pol tamaño dos barcos, podemos supoñer qu'eran cargueiros de vela de dous ou tres palos, de bordas baxas, dos que chaman pataches, polacras ou quechemaríos (dalgús d'ellos con armamento de goleta).

El tonelaxe total d'entrada (media por ano) taba cerca das 12.000 Tm, das que más del mitá entraron por Ribadeo. Naquel tempo entraban por Ḷḷuarca cerca de 3.000 Tm. En conto al peso embarcao, acércase ás 10.500 Tm. Tamén Ribadeo ta á cabeza y síguenlo de llonxe A Veiga, As Figueiras y Castripol. Por Ḷḷuarca salían estóncias más de 2.600 Tm.

El númaro de marineiros marineiros rexitraos en todos os portos (media por ano) foi de 3.503 (tamén d'entrada), lo que dá úa media d'oito homes por barco. Pro cuase todos os portos sacan cinco ou seis por barco a nun ser, outra vez, Ribadeo, que dá úa media de trece. É chamadeiro que nos barcos que rexistróu el aduana de Ribadeo vían más marineiros nos de cabotaxe que nos del extranxeiro, mentras qu'el tonelaxe medio por barco era de 37 Tm pras entradas de cabotaxe y 112 Tm pras salidas pral extranxeiro.

As mercadeirías traficadas.







Nos dous anos qu'hai datos nel Madoz a cantidá y as clases de mercadeirías traficadas cambían abondo. En dalgúas aduanas distínguese de cabotaxe, d'América y del estranxeiro, pro además temos que ter en conta qu'había tráfico entre os mesmos portos, sobre todo el chamao "tráfico de bahía" entre os portos da Ría del Eo.

Empezando polo más fácil, d'América tríase más que nada azúcar, cacao, café y auguardente de caña. Por Ribadeo entraron tamén nesos anos dalgo de ferro, cobre, coiro "al pelo" y llin en cana y hasta tres arrobas de dulces; además, en setembre del ano 1845 saliron de Ribadeo pr'América carne de cocho, cebollas, dulces, farina, patacas, pescao salao y queixo, entre lo de comer, y llibros, foya de lata, calcetas (medias de pé y perna) y quincalla (cousas de metal de pouca valía). El Madoz nun dá más señas del comercio con América, anque sabemos que más pr'alantre mandábase pr'alló manteiga y sidra (dende Ḷḷuarca), por exemplo, además de los muitos emigrantes. El Madoz apunta qu'os "géneros coloniales" vían, nun sabemos en qué proporción, de Santander.

Del estranxeiro entraban polos portos del Navia-Eo bacalao, canela, pimenta, ferro (anque a mayor parte vía das Vascongadas), alambre, bronce, foya de lata, alquitrán y brea (que valía entre outras cousas pra calafatiar os barcos), xarcía, xabón, texidos y quincalla. El Madoz nun nos dice qué productos se llevaban pral estranxeiro, a unde iba alredor del 30% das mercancías que s'embarcaban en Ribadeo.

As mercancías de cabotaxe son muitas más en númaro y en cantidá. As clases d'ellas que se cargan y descargan dícennos muito de cómo era a economía del Navia-Eo pr'hacia mediaos del siglo pasao. Como hoi, vendíase sobre todo productos sin ellaborar ou pouco trabayaos y comprábanse manufacturas, que costaban más. Vese ben nel gáfico (figura 2) como costaban abondo más as mercancías qu'entraban polos portos que las que salían, agá nel caso das Figueiras y, menos, nel de Castripol. Os productos con más "valor amecido" que s'esportaban eran os que tían que ver coas dúas industrias de certo peso daquella: os da transformación de ferro y os textiles. Xa falamos del trabayo del ferro nas ferreirías: necesitábase pra eso  ferro —a vena vía sobre todo das Vascongadas, como dixemos— y carbón vexetal. Este carbón fíase medio queimando carbayo dos montes del Navia-Eo (d'ei topónimos como Carbueiro, Carbón y outros). Dél de carbón salía pol porto de Navia y supoñemos qu'iría pra os portos del Eo (el "carboneo" xa era importante en Cuaña nel siglo XVIII). É chamadeiro el feito de que se descargue carbón de pedra por Ribadeo. El carbón de pedra era el qu'iba acabar coas ferreirías del Occidente d'Asturias. A esportación de cravazón fíase polos portos das Figueiras, Castripol y A Veiga.

A feitura de calzao y llenzos nel Navia-Eo refléxase nel importación de llin, coiro, caparrosa (sal químico pra tintar as telas) y cáñamo y tamén un producto pra trabayar el coiro como era a casca de carbayo qu'entraba por Navia (en Navia y en Noreña taba a principal fabricación de calzao d'Asturias). Por Navia salía tamén sola de coiro.

Os llenzos del país y as calcetas eran xéneros que s'embarcaban nel Navia-Eo, pro xa dice Madoz qu'a competencia das producióis con máquina de vapor —más igualada y barata— taba dando al traste coa produción nel partido de Castripol, tamén pol muito coste y os peligros del transporte. Por contra, desembarcábase nel Navia-Eo filo, lona ou sombreiros y sola pola Veiga y Ribadeo.

Embarcábanse tamén outras fabricacióis como cal, xabón y "papel ordinario" (había úa fábrica na Veiga), trabas (salían por Navia) y mobles (Veiga). Pro dalgús d'estos productos entraban tamén, xunta outros variaos como pedras de molín, loza, quincalla, grasa de xardía ou armazóis de parauguas. Inda seguían, según Madoz, cargándose maderas "de construción náutica" pral arsenal de Ferrol, aunque non figuraban rexistradas nas aduanas.


Nos tráficos ten abonda importancia el de comestibles. Salen dos portos del Navia-Eo gao vacuno y cochos, fabas, meiz, trigo, cebollas, ovos, patacas (había úa fábrica de fécula en Ribadeo qu'esportaba a Barcelona), manteiga, queixo, carne salada y sidra (salía por Navia). Dalgús d'estos productos —tamébnarroz, por exemplo— tán rexistraos a bon bon seguro porque entraban polos portos e despós salían pra outros del Navia-Eo.

Entre os comestibles que s'importaban parecen xardía, centén, pimento, arroz, trigo, aceite, farina, auguardente, sidra (entraba por Navia), pescao salao ou chocolate. Nel texto dice el Madoz qu'el aceite, aceitunas, viño y auguardente vían de Málaga, Valencia, Sevilla y Barcelona (entre outros llugares del llevante y mediodía da Península).

Amáñase con todo el que dixemos un cuadro xeneral dos tráficos. Puderan amecerse dalgúas outras cousas (como armazóis de parauguas, remos, piñóis ou alcohol) pr'acabar este achegamento al importancia del comercio pol mar d'outros tempos. Queda claro que naquel tempo as terras del Navia-Eo nun taban núa economía tan pechada como pudera pensarse y qu'el mar perdéu cuase toda a súa valía como vía de transporte.

Nenhum comentário:

Postar um comentário