segunda-feira, 31 de outubro de 2016

Ghalogüín, Samaín e os americanos.

Parece que agora, de golpe, todos descubren que Halloween non é un invento dos Estados Unidos (vaia, será que non descubriron que os estadounidenses son europeos trasladados a América), que é un invento celta, lo mesmo dos celtas de Asturias ou Galicia, que dos celtas de Aragón, que dos celtas de Andalucía (como el San Xuan)... vaia, que probablemente, e sen ter feito estudios al respecto, seña úa cousa paneuropea (quiciabes indoeuropea? parece que tamén na India se celebra el Diwali, el mesmo día), como tantas outras.

El outro día tuven núa festa da Noite das Ánimas (que é como se chama en galego a esta realidade) en Uviéu con úa muller galega (castelanofalante) que falando por teléfono dicía «sí, es que estoy en una fiesta de Samaín. Sí, sí, el Jalogüín, pero es que como yo soy gallega digo Samaín, en gallego es Samaín, y el Samaín nació en Galicia y en Irlanda». Dá para úa tesis lo extendido que está entre a sociedade non militante el panceltismo, pero non vou falar delo agora. Habería que dicirlle a esa muller (eu pasei) que nin en galego é Samaín, nin a Noite das Ánimas nacéu en Galicia, anque asina lo digan os libros de Lingua Castelana de 3º da ESO (que xa se sabe que para España todo lo que señan meigas é galego).

Lo del Samaín tamén colléu forza en Asturias, e asina en Mieres dicían «que nun ye Halloween, que ye Samaín», tal cual Samaín tamén fora un término en lingua asturiana para lo que en asturiano se chama, como en galego, Nueche de les Ánimes (coas variedades que topemos nesta lingua, como en colquera outra).

Resultado de imaxes para samaín mieres

E é que, como dicía a paisana galega, despois os americanos apropiáronse daquela festa galego-irlandesa. E digo eu que os americanos non se apropiaron de nada, senón que son descendentes desos irlandeses e desos ingleses (oh, si, os ingeses, enemigos acérrimos dos irlandeses, tamén celebran a Noite das Ánimas), polo que son tan amos da festa como nosoutros e é normal que lo reproduzan na súa cultura cinematográfica (a ver se agora a culpa de que nosoutros non téñamos cultura cinematográfica propia vai ser dos americanos).

E agora é moi cool ser antiamericano e procelta, e chamar Samaín al Halloween porque non somos yankies, anque celebremos a Noite das Ánimas al estilo dos yankies e non al estilo dos celtas nin al estilo dos asturianos de vai tan sólo 50 anos (e é que para qué necesitamos remontarnos a Vincexetórixe condo podemos remontarnos á avola). Tal parecera que el postureo celta ten máis presencia que as verdadeiras tradiciois asturianas, que, obviamente, haberán de ser revisadas para axustalas aos nosos tempos se non queremos que desaparezan, haberán de introducir elementos externos (ola, preséntovos á globalización), etc., pero que, fundamentalmente, terá que ter un reigaño asturiano. Porque rechazar lo americano para abrazar lo irlandés (como se foran cousas distintas, como se el estadounidense e el irlandés non foran dos poblos irmaos) é un pouco máis de lo mesmo (tamén femos festas de San Patricio, e dentro de nada xunto á Irmandade de los Estudiantes de Uviéu poderemos ver a la Orde de Orange, ambas realidades colonizadoras e belicosas).




«Nueche d'Ánimes, porque'l mio mundu dizse n'asturianu» Reza úa prestosa campaña de Iniciativa pol Asturianu (que tennos avezados a campañas guapas). Noite das Ánimas, porque el meu mundo dizse en galego de Asturias, e magosto, que tamén estamos en tempos de magostar.

E asumir, dúa vez por todas, toda a cultura común que temos con toda Europa, incluída a Europa (aquelos que culturalmente son europeos) que está fora de Europa, os Estados Unidos, que son tan amos da Noite das Ánimas como nós, e que a base de fer, normalmente de forma merecida, de malos oficiales, acaban levando as culpas de celebrar ou de que celebremos a Noite das Ánimas e, con elo, de que véxamos nas nosas propias festividades alienación estranxeira (xa tocará falar del Nadal e os sous árboles, e os papanoeles e de máis cousas).

E non esqueicer que a Noite das Ánimas, por máis que un se enmascare, non é Antroido, é úa festa de mortos, onde recordamos aos mortos al noso xeito (non necesariamente relixioso), é úa noite de disfraces, pero tamén de bruxería; con todo el que a nosa cultura lle debe á bruxería, a aquelas persoas, fundamente mulleres, que foron bruxas e curaron el mal de ollo, e falaron colos mortos e nos transmitiron os sous desexos. En definitiva, é úa noite para a espiritualidade, entendida como cadaquén quera entendela, porque el noso poblo, como todos os poblos, é un poblo festexeiro, pero tamén un poblo espiritual. Porque non é Halloween, non é Samaín, é a Noite das Ánimas.

Por certo, recordade que hoi tamén sale a Santa Compaña, asina que andade de día, que a noite é mía.


Resultado de imaxes para santa compaña

2 comentários:

  1. www.munduxaime.blogspot.es31 de outubro de 2016 15:31

    Moiso, naide "puede ser procelta en su tierra"

    ResponderExcluir