segunda-feira, 25 de julho de 2016

Patria Galega.


Pode parecer extraño, a dalgún lle parecerá provocativo, que dende un blogue asturianista se fale da patria galega, e máis dende el Eo-Navia asturiano, pero estando como estaremos todos (al menos dentro del soberanismo asturiano) de acordo en que Galiza é un país, non debería extrañarnos falar da patria galega. Dun país que é un país vecín, pero non é un vecín colquera.

Galiza é, sen dúbida algúa, el país que máis se asomeña a Asturias en moitas cousas, úa delas é la de ser un país con úa identidade colectiva realmente forte pero con un discurso españolista institucional fortemente arraigado, pois a pesar de que en Galiza hai un movemento soberanista importante nas instituciois, coel BNG, A Nova, as mareas... é o PP quen históricamente goberna el país vecín. Un país cúas necesidades concretas moi aparecidas ás asturianas, cúa gandeiría similar á nosa e coas mesmas ameazas, cúas reivindicaciois pesqueiras tamén asomeñadas, quiciabes con menos peso da mineiría, que seria a principal diferencia económica entre os dous países.

De feito, mesmo houbo propostas federalistas de crear un Estado Galego e Asturiano núa hipotética República Federal Española, anque el Partido Federal apostaría, finalmente, por reivindicar el Estado Galego, por un lado, e el Estado Asturiano por outro. Entre 1878 e 1882 publicábase en Madrid La Ilustración Gallega y Asturiana, na que aparecían artigos en castelán, galego e asturiano (persoalmente desconozo que postura tían respecto al Eo-Navia, se é que tían algúa postura). Elo é, como vai sernos alleo el que pase en Galiza?




Celebran hoi os galegos el sou día nacional, el día de Santiago. Non poucas veces en Asturias debatimos os soberanistas sobre a convenienza ou inconvenienza, sobre lo acertado ou desacertado de conmemorar el Día Nacional de Asturias el 8 de setembre (día da Virxe de Cuadonga). Dividímonos normalmente entre os que defendemos como Día Nacional el 25 de maio e os que defenden el 8 de setembre. Mesmo hai quen, e quiciabes seña a postura máis acertada por distintos motivos (un delos el de conciliazón entre os distintos posizonamentos), defende un Día da Nazón Asturiana (el 8 de setembre) e un Día da Soberanía Asturiana (el 25 de maio). Ben sei que entre os galegos tamén existiron posizonamentos distintos respecto al 25 de xullín, pero desconozo como se prantiou el debate ou cuales foron as posturas. Fora como fora, quedou el Día del Apóstol como Día Nacional. E, quiciabes, téñamos que perderlle el medo a esas cousas, a entendernos como poblos con úa tradición cristiana, anque séñamos profundamente laicos e mesmo ateos, ou mesmo profesemos outras relixiois, (eu sen ir máis lonxe, soi adorador de Odín). Por certo, que a mesma paranoia temos ben de veces con que a bandeira asturiana (a oficial e a que usa el soberanismo coa estrela colorada) teña úa cruz, aí os galegos non tuveron maior problema coa bandeira e no escudo el soberanismo sustituíu o cáliz por úa foucía e úa estrela (un escudo que, como aficionado a heráldica, apaixóame, anque namáis seña por a serea tenante).

Un día, el 25 de xullín, que, ademais, vincula Galiza con Asturias, pois foi Alfonso II quen inagurou el Camín Xacobeo (e ten úa estatua en Santiago por este motivo), un Camín que vinculou, ainda mais, Asturias con Galiza.

E é que Asturias e Galiza son dous pobos distintos, pero en gran midida poderían ser un mesmo pobo, pois a nosa cultura, a nosa idiosincrasia, os nosos usos e costumes non son particularmente distintos. Cuestiois históricas e identitarias configuraron os nosos pobos como pobos diferenciados, pero non por séremonos pobos distintos imos vivir ás costas us dos outros, como se non fóramos familia (moitas veces literalmente, a xulgar polos moitos apelidos galegos que topamos en Asturias). A fin de contas, os dous pobos somos ben de veces escravos, anque xuráremos preferir ser antes mortos que escravos, a fin de contas é moito máis el que nos une que el que nos separa. Al fin de contas, máis que irmaos, somos xemelgos. Dous pobos que deberían caminar sempre xuntos.



Nenhum comentário:

Postar um comentário