Ás veces ún cansa de falar sempre de lo mesmo. Ás veces ún pensa que todo el que dice xa ta dito. Y xa nun digo que xa tea dito por outra xente, que claro que primeiro de qu'eu escriba estas llinias outros, con máis xeito qu'eu, pensaron y dixeron todo el que se podía dicir. Digo qu'eu mesmo xa escribín neste blogue, a lo llargo dos últimos tres anos (¡cómo pasa el tempo!) el que pensaba sobre case todo. Ta claro que polo menos xa dixen todo el que pensaba sobre as folgas xenerales, sobre por qué hai qu'apoyallas y sobre por qué os esquiroles me merecen el mayor dos desprecios. De todo eso xa dixen todo el que tía que dicir, y penso que nada novo podería dicir con respecto al post que xa colguéi condo a folga del 29-S.
Peró entre el última folga y ésta hai úa pequena diferencia. Esta folga convócase simultáneamente en España, Portugal, Italia, Grecia, Malta, Bélxica y Chipre. Por úa vez supéranse os marcos dos Estados-nación, por úa vez enténdese que nun é que couda de qu'en España tamos mui mal, que nun ten sentido buscar úa solución nacional a úa serie de problemas que trespasan, con muito, os marcos dos estados tal y como hoi los entendemos (marcos, polo demáis, que vei muito tempo que quedaron caducos). Mui probablemente a mayoría da xente que nel Reino d'España acuda á folga xeneral convocada pra este mércoles nun seña conscente da trescendencia d'esta cuestión. Peró lo certo é qu'é daqué mui trescendente. Por úa vez entendemos qu'ante as agresióis del capitalismo, qu'é internacional, nun podemos aportar solucióis nacionales, senón que temos qu'apostar por solucióis de clase. Por úa vez asumimos, anque seña namáis a grandes rasgos, qu'un trabayador asturiano tén os mesmos intereses y pertenece á mesma colectividá, qu'un obreiro chipriota, y pol contrario, nada ye debe y nada ten que ver col gran empresario asturiano qu'é, precisamente, el culpable da súa situación.
Máis d'úa persona dirá qu'a folga nun é contra os empresarios, qu'éstos nun tein culpa de nada, qu'é contra el Goberno. Cousas asina puden ller eu pola rede. Obvian, os qu'asina falan, que vivimos nun sistema político y económico determinado, con úa carga ideolóxica clara. Esto é, nun sistema ultra-lliberal unde as lleis tein úa carga de clase mui clara. Nun se trata de qu'as lleis tean ben ou mal feitas (muita xente fala da incompetencia del Goberno, condo eu penso todo lo contrario, pra los intereses que representan resultan realmente eficaces, sobre todo condo son capaces de convencernos que nun representan ningún interés, ou qu'eso intereses, en todo caso, nun son de clase). Trátase de que tamos ante úa lluita de clases, unde as institucióis, fieles a os sous amos, y fieles a os sous intereses de clase, se posicionan en favor dos intereses específicos d'úa clase y en contra d'outras clases.
Peró nun vivimos en estados autárticos, vivimos nun mundo, pra ben ou pra mal, globalizado, y con ello, vivimos nun mundo nel qu'as fronteiras administrativas, estatales, políticas... nun son, en nengún momento, fronteiras económicas nin reales. Os problemas específicos dos trabayadores malteses nun son diferentes de los dos trabayadores asturianos, nin tein outro orixe, nin son outros os sous condicionantes. En ese sentido, condo na Unión Europea se falaba d'aumentar a xubilación a os 65 anos, muitos trabayadores españoles nun apoyaron aquella lluita europea porque "Zapatero prometéu que nun iba aplicallo en España". Ben, vemos que nin eso é certo, nin os intereses dos trabayadores alemáis ou marroquís (pois tampouco falo d'un marco europeo, senón univerasal) nos son ayíos. Vemos qu'a pérdida de deretos da clase trabayadora en colqueira parte del mundo acaba indo en detrimento da clase trabayadora de todo el mundo, en contra nosa.
Úa folga que, ante a pérdida de deretos y de calidá de vida dos trabayadores en Europa y nel mundo, ante a privatización paulatina da Seguridá Social nel Reino d'España, ante a pérdida del que durante tanto tempo veu a chamarse Estado del benestar, nun caben os xovinismos nacionalistas (sí, os nacionalistas d'estado nunca reconocen a súa condición de nacionalistas, que sólo ye aprican a os nacionalistas periféricos), sinón a acción internacional, a acción de clase. Porque sí, esto é úa lluita de clases.
El última folga, a del 29-S, perdéuse úa gran oportunidá d'internacionalizar a lluita de clases, xa qu'os sindicatos españoles y os italianos convocaron úa folga con poucos días de diferencia, cada ún mirando pral sou propio estado y esqueicendo por completo que nel outro estado se taba combatindo polo mesmo, como se foran dúas lluitas distintas, como se italianos y españoles nun tuveran nada en común. Por úa vez, por úa vez, ese error subsanóuse. Sí, poderá achacarse, como xa teño sintido, qu'úa folga en España, Portugal, Italia, Grecia, Malta, Bélxica y Chipre, nun é úa folga mundial, que sólo abarca sete estados. ¿Sólo? Seique é un éxito mui grande que sete estados superen os sous xovinismos y convoquen úa folga en conxunto. Seique é el primeiro paso pra qu'esto se repita máis veces, con máis estados. É éste un trabayo nel qu'hai que profundizar.
Os medios de comunicación intentarán meternos medo, intentarán amenazarnos cua bancarrota, el paro, os despidos... Intentarán qu'os trabayadores nos sintamos solos. Peró nun tamos solos, hoi máis que nunca, os compañeiros, dentro y fora del Reino, tamos xuntos. Hoi, máis que nunca, OBREIROS DEL MUNDO, UNÍDEVOS.
Nenhum comentário:
Postar um comentário