quinta-feira, 21 de junho de 2012

Violencia lícita.



http://www.youtube.com/watch?v=NLpfZc79na8&feature=relmfu

«A revolta é contra o que? Contra a estrutura de poder. A estrutura de poder americana? Não. A estrutura de poder francesa? Não. A estrutura de poder inglesa? Não. Então qual estrutura? Uma estrutura de poder ocidental.»

«Será mais nobre suportar a injustiça moderadamente ou pegar armas para se contrapor à injustiça? Eu fico com a segunda. Se você pegar en armas, você acaba com ela. Mas se esperar que os poderosos acabem com a injustiça vai esperar muito tempo.»

Malcolm X


As redes sociales énchense d'imaxes y vídeos dos disturbios entre os mineiros y as forzas del orde, imaxes que case nun chegan, pol contrario, ás fontes oficiales de comunicación (fundamentalmente a tele). Algús medios de comunicación, como el ABC califican d'intolerable a violencia exercida polos mineiros, y el Réxime repite úa y outra volta, como un mantra, que nun Estado de dereto todo é defendible dende el dialogo y el pacifísmo. Esto é, dende el Réxime reconócese el dereto máis importante en colquera democracia occidental, el dereto á pataleta. Recórdasenos por activa y por pasiva que temos dereto d'espresión. Óbviase que col que nosoutros pensemos ellos tein el dereto d'imprimillo en papel hixénico y fer uso d'él. Asina, lo mesmo dá que s'enchan as cayes y prazas del estado, del continente, del mundo occidental, envoltos nun discurso pacifista (el pacifismo a ultranza del 15M paréceme que foi un error), tanto da que nel Reino d'España a abstención electoral seña preocupante, ou que nel Principado d'Asturias nun señan capaces de formar Goberno. El Réxime tenlo claro, a estratexa nun podería ser máis democrática, inorar y fer qu'os medios minimicen el impacto das movilizacióis sociales. Condo eso nun é posible, prantiar qu'el que se move é un terrorista. Pasóu cua movilización estudiantil contra Boloña (unde se presentaba a os estudiantes como antisistema peligrosos qu'ocupaban as universidades). Pasóu condo os disturbios de Plaça Catalunya, unde os antisistema eran ademáis cataláis (xa falaremos d'esto noutra ocasión, peró teño pra min qu'el Réxime esplotóu al máximo el mito dos vascos que son todos d'ETA, pra esplotar el mito dos cataláis, que nun sólo rompen España, sinón que son antisistema, a cousa é crear enemigos esternos, peró tamén internos, sólo asina se construye el espíritu nacional). Cola xente de Plaça Catalunya, el Réxime tíalo claro, se pode protestar, peró non ocupar a caye. Eso é violencia. As hostias que soltan os Mossos d'Esquadra non. Y é qu'a violencia sólo parece xustificarse condo la exerce el Estado. Non sólo a violencia física, senón tamén a violencia económica, política, ideolóxica...




Porque condo el Estado rescata a Bankia y recorta os gastos en Sanidá, tán exercendo a violencia. Úa violencia mortal (son xa varios os mortos nas salas d'espera dos ambulatorios dende qu'escomenzaron os recortes). Trátase d'un exercicio de violencia económica qu'a os demáis tanos vetada, pois condo de forma organizada a xente vei devolver esa violencia y pecha as contas que tén en Bankia, ei ta a Policía pra impedir que lo faigan. ¡PRA IMPEDIR QUE PECHEN AS SÚAS PROPIAS CONTAS!

Porque condo os medios de comunicación obvian el conflicto mineiro nas concas d'Asturias y Lleón tán exercendo violencia comunicativa. Condo prantían qu'a xente que lluita son terroristas y escriben en lletras grandes de rotativo "¡ESTO ES INTOLERABLE!", tan prantiando un xeito de violencia comunicativa y política, porque máis pr'alló de ser úa opinión, é úa forma estudiada y organizada de desprestixar os movementos y asina acabar con ellos, é úa forma de lluita reaccionaria.

Condo ademáis, a través dos medios de comunicación s'apropian das palabras y yes dan os significados esclusivos qu'ellos queren tamos falando de violecia ideolóxica (asina, un nacionalista nun é el qu'exalta úa nación, senón el que quer independizar un territorio, polo que nun cabe nin falar d'independentismo non nacionalista, nin de nacionalismo español, asina antisistema é lo mesmo qu'antisocial, y nun cabe perguntarse en contra de qué sistema tamos os antisistema, asina sólo cabe falar de violencia física, y sólo condo nun la exerce el Estado, polo qu'a xente que morre de fame nun son víctimas de nengún tipo de violencia, nin cabe prantiallo...). Y a violecia ideolóxica, sen duda, é a máis grave, porque limítanos como personas, fainos máis probes intelectualmente y nos deixa ver el mundo namáis con úa paleta d'un solo color.

Peró cuidado, as clases populares nun sólo temos qu'aguantar cua violencia qu'exerce el Réxime de manera directa ou a través das súas ferramentas. Non. As clases populares tamos tamén espostos a violecia qu'exercen contra nosoutros os que son como nosoutros. Fiyos da nosa mesma clase. Esa xente que dice cousas como «úa folga pra qué, si hai que llevantar el país», ou esa xente qu'ante os despidos masivos y a situación crítica dos compañeiros inda se permite fer coñas. Esa xente qu'inda pensa que col despido dos compañeiros vei rascar daqué. Esos tamén exercen a violencia contra nosoutros. Y lo qu'é pior, fainlo dende dentro. Y por eso, por eso, nun temos que cortarnos lo máis mínimo pra devolveryes a violencia cua que nos agreden. Respecto a estos últimos, xente que lluita contra os sous propios compañeiros de trabayo, que fai por humillallos pra posicionarse porriba (recentemente conocín algún caso dos que dolen), sólo dicir que lo máis normal é qu'acaben tendo accidentes llaborales, porque tenden a ser tamén un pouco torpes.

Nun temos que ter dolo d'esta xente, nin de botar mao da violencia económica, sacando os nosos cuartos dos bancos, afundíndolos como ellos nos afunden a nosoutros. Da violencia política espuendo por un llado a situación, por outro as nosas propostas, y fello sen llugar á moderación, porque esto qu'ellos chaman crisis, nun é tal crisis, é úa guerra económica, úa guerra virulenta cua qu'intentan afixar inda máis a súa hexemonía sobre nosoutros, y digo esto porque se fora realmente úa crisis, nun habería dieiro, peró dieiro hailo, outra cousa é cómo se distribuye, a favor de quén y en contra de quén, y eso é daqué que nosoutros nun podemos aceptar. Nun ter dolo tampouco da violencia física, tamén, ocupando os espacios que por dereto propio nos corresponden (os compañeiros de La Reflexón en Xixón foron expulsados d'un espacio de solidaridá autoxestionaria, os compañeiros de La Madreña mantéinse en Uviéu, deixando un espacio de llibertá en medio da ciudá). Botar mao da violencia física como modo d'auto-defensa, na medida de que condo ocupamos os espacios, condo rompemos el silencio... imos ser agredidos polos diversos brazos armados del sistema. Esa violencia qu'hoi surca os aires en forma de volador que sale dos llanzadores dos mineiros en búsqueda de dignidá y de futuro. Esa violencia qu'é resposta ás pelotas de goma, por un llado, y a incumplimentos d'acordos económicos por outro. Violencia que ten que ser resposta a recortes, a reformas llaborales que nos condenan á precariedá, que cortan as alas sos nosos soños. Violencia que ten que ser resposta a un sistema que neste Reino d'España y nel mundo nos oprime el peto y nun nos deixa respirar. Porque a lluita nun é úa lluita asturiana, nin úa lluita española, nin tan sequera europea. É úa lluita mundial, porque quen nos agrede nun conoce as fronteiras y ten clara úa estratexa mundial.

Porque aquí, na bloguesfera, El Paporrubio é seguidor incondicional d'aquel que se deu en chamar Malcolm X, y como él dixo, se ques ser llibre, has ter qu'aprender daqué de judo, daqué de kárate... y supoño qu'hoi podemos dicir, daqué de cómo tirar voladores a través d'un tubo, y quén sabe se daqué d'informática.

Non, nun nos gusta a violencia, peró a naide se ye pode pidir que poña el outro papo eternamente. Temos que ter claro que somos as víctimas. As víctimas del paro, as víctimas dos recortes na Sanidá, na Educación... As víctimas da violencia policial d'un Estado unde el recorte paulatino de deretos y el aumento de discursos d'estrema dereta (el PP, FAC y UPyD, sen ir máis llonxe) fainnos recordar tempos pasados que críamos esqueicidos, de maos en alto y himnos pomposos. Nun nos gusta a violencia, peró menos nos gusta a fame, el paro, a merma de llibertades... Y como nun nos gusta a violencia, temos que tar dispostos a exercella.

Trátase d'un uso lícito da violencia. Lícito porque lícitas son as nosas razóis. Y lícito porque é lícito en sí, xa que nun nos deixan outra. Porque temos a rabia y a rabia hai que canalizalla.



2 comentários:

  1. No hay peor violencia que la institucional, porque ta pontificada...
    Grande el paporrubio, como siempre

    ResponderExcluir
  2. xD Gracies, Dani, anque de grande pocu... ye verdá que la violencia pontificada ye la peor de toes.

    ResponderExcluir