Non podemos distaernos da prioridá central, claro, que non é outra que el
AVE a Madrid. Son palabras, nin máis nin menos, que del vicepresidente de
Asturias, Juan Cofiño. Núa Cimeira cantábrica establécese que a prioridá non é
un AVE cantábrico, senón un corredor del Noroeste, que estaría mui ben... se podéramos
concluir mellor qué é. De primeiras, el corredor del Noroeste sería úa conexión
coel Corredor Atlántico. Si, ese corredor que entra por Irún e vai correr
directamente a Madrid sen pasar por ningúa das comunidades atlánticas. Esto é,
as prioridades asturianas son dúas, un AVE a Madrid con parada en Ḷḷena, Uviéu
e Xixón e un corredor (non sabemos de qué ancho) a Irún e de aí a Madrid, por
el corredor non-atlántico.
Dende Asturias non se valora, en ningún momento, criticar en absoluto el
trazado del Corredor (non) Atlántico. Non se pensa cuestionar, en ningún
momento, por qué el trazado atlántico non
pasa por Asturias, por Galicia e nos conecta con Portugal. Dende Galicia as
críticas vein porque el Goberno de España está en maos del PSOE, non porque
Feijoo teña outro modelo pra España. Curiosamente é dende el sur del Miño,
dende Portugal, onde máis se insiste que el Corredor Atlántico ten que pasar
por Galicia e contectar a Comunidá galega coel Norte de Portugal. Imaxino que
aos portugueses lles dea un pouco igual se despois esa conexión tira por
Asturias ou por León, como igual parece que lle dá al vicepresidente Cofiño.
Non podemos distraernos, diz Cofiño. Non podemos distraernos nin reclamando
un AVE cantábrico que vertebre as nosas Comunidades, nin apricando el noso
Estatuto de Autonomía, que diz nel sou artículo 10:
«El Principado de Asturias tén a competencia exclusiva nas materias que a continuación se sinalan:
[...]
5. Os ferrocarriles, estradas e camíos cuxo itinerario desenvólvase íntegramente nel terrorio da Comunidá Autónoma, e nos mesmos termos el transporte fluvial, por cable ou tubería».
Non cabe distraerse en xerar úa empresa propia, como fixeron nel País Vasco
coel Euskotren, e ofertar us servicios á población rural asturiana que a
antigua FEVE (xestionada dende Madrid aínda que alí non hai nin un metro de vía
de ancho métrico), inxerta na RENFE, non ofrece.
Non cabe distraerse comunicando Asturias coas Comunidades que la rodean. Non
cabe distraerse xerando outros centros, us centros que non nos deixen
eternamente na periferia.
Non, non cabe distraerse, porque quiciabes a Xunta Xeral seña pequena e a
nosa verdadeira aspiración seña calentar algún Escano nel Senado.