Mándanme esta foto de El Comercio e estou que non salio del asombro. Non salio del asombro por varias razois. Como supoño que vostede sabe, en 1998 aprobouse a Lei 1/1998 de Uso y Promoción del Bable/Asturiano, que según a mesma lei se aplica tamén al galego-asturiano (art. 2 e disposiciois adicionales). Esta lei establece que os topónimos oficiales de Asturias han ser os tradicionales, cabendo a posibilidá dúa denominación duplicada únicamente nos casos nos que el topónimo non tradicional estea mui instaurado na fala da xente (e, é evidente, que non é el caso de Cuaña, onde a variación é case namais que gráfica). Como ve, a lei non fala de nomes en asturiano ou en galego-asturiano ou nomes en castellano, porque como saberá, en castellano non existe a palabra "folguera", Folgueiras en castellano habría ser *Holgueras, non *Folgueras. Pero esta carta non ten como obxecto esplicar as orixes dos topónimos, se ten algún interés nel tema, deixolle un enlace que vai tempo escribín, pero hai muito máis escrito, por filólogos expertos, que atopará a pouco que busque. Se chamo el atención sobre este feito é porque non podo deixar de ver un discurso de supremacía lingüística (a idea de que úa lingua, el castellano, é máis válida que el outra, la de casa) condo prantía que "el oficial tiene que ser el castellano, y luego cada uno lo nombre como quiera", daqué que non sólo contradiz coa lei, senón que ademáis contradiz coa seguinte declaración, onde chama a que "convivan ambos topónimos". En qué quedamos? Convivencia ou oficial en castellano?
Pouco lle falta para dicir que nunca se dixo Cuaña, nin Folgueiras, nin Xarrio... Ou quiciabes, como dicía a compañeira bualesa, estamos nun debate "entre quen quere que el noso idioma se valore mais alló de ser uha peza de museo e quen ten complexo de vir de unde ven". Asina é que, por caso, a web del Concello é consultable en inglés (estaría ben saber cóntas visitas ten nesta lingua) e non en galego-asturiano.
Pero realmente el que máis me asombra non é el argumentario que se pon enriba da mesa. El que máis me sorprende é que, como sabe, e como explica José Manuel Pérez Fernández, profesor titular de Dereto administrativo da Universidá de Uviéu, na recuperación toponímica,
• La iniciativa correspondería al concejo o concejos como regla general, y excepcionalmente, al titular de la Consejería competente en materia lingüística, previo dictamen fundado de la Xunta Asesora de Toponimia.
• La propuesta municipal sería sometida al correspondiente trámite de información pública y a dictamen de la Xunta Asesora de Toponimia.
• Por último, tendría lugar la intervención del Consejo de Gobierno que se limitaría a ratificar la propuesta municipal, salvo que aquélla sea susceptible de generar confusión, contenga incorrecciones lingüísticas o no se ajuste a la toponimia asturiana, dándose al concejo o concejos afectados la posibilidad de emitir, a través de un trámite de audiencia, su opinión al respecto.
- Dito doutro xeito, vostede e el sou grupo municipal (que ten MAIORÍA ABSOLUTA) SOLICITARON, VOTARON NEL PLENO MUNICIPAL E APROBARON EL 31 DE OUTUBRE DE 2018 ESTE INFORME POR EL QUE AGORA PROTESTA.
Comprenderá que non podo outro que asombrarme condo vexo que un Concello protesta pola aprobación da toponimia condo el Concello participa activamente neste proceso e vota en sesión plenaria.
Acaso os concelleiros que votaron nel pleno non sabían qué estaban votando? Non leron el informe antias de aprobalo?
En periodo preelectoral paréceme mala estratexia transmitirlle á sociedá que están vostedes votando sen ler os informes, que non saben el que votan... Non quiran montar un pollo mediático preelectoral con un proceso toponímico e un informe que vostedes mesmos aprobaron, porque corren el resgo de fer un gran ridículo. Un proceso toponímico que, dito seña de paso, van cumprindo sen problemas nin aspaventos todos os concellos de Asturias (inclúido Cuaña), por iniciativa municipal. En definitiva, non creen un conflicto onde non lo hai, e señan coherentes coas súas propias políticas. Porque se non está de acordo con el proceso de normalización toponímica en Cuaña, sempre pode pidir a dimisión del Alcalde que lo aprobou e sou equipo de Goberno.
Nenhum comentário:
Postar um comentário