terça-feira, 19 de abril de 2011

Y nesto foise el MECA.



Pra min, que nun vivín máis que de llonxe el movemento anti-LOU (anque tuven el oportunidá de participar activamente nas manifestacióis que montáramos nel IES Galileo Galilei de Navia) y que nun vin senón os últimos coletazos da FAU, el movemento estudiantil (ou polo menos el movemento universitario) empezóu cua oposición a Boloña. Nun é sólo qu’eu empezara a involucrarme máis activamente neste movemento coa oposición a Boloña, senón que desque el non á guerra d’Iraq perdera puxo, a Universidá asturiana sería un ermo reivindicativo hasta qu’aparecéu el Boloña non. Y a resistencia antiboloñesa duróu tres anos, hasta que xa nun houbo máis que fer y s’imprantaron os Graos, os plais d’escelencia universitaria y un réxime universitario que pasaba por subir as tasas y unificar facultades (como nel caso da nova y llustrosa Facultá de Filosofía y Lletras).

A custión é que parecía ser que perdéramos, porque Boloña acababa impuéndose, peró nada máis llonxe da realidá, xa qu’el movemento estudiantil que parecía dormitar, despertóu con Boloña hasta el punto de ser a encher cayes y facultades con estudiantes airados que berraban contra un sistema que nun yes tía en cunta nin pra ben nin pra mal. A partir d’ei articúlase el movemento estudiantil, das distintas Asambleas de Centro que van aparecendo en Facultades y Campus aparece úa Coordinadora d’Asambleas qu’acaba derivando nel Movemento Estudiantil Crítico y Asambleario (MECA), que pretende transcender el movemento anti-Boloña y convertirse nun movemento estudiantil que trabaye polos intereses dos estudiantes nun sentido máis amprio, deixando de ser un movemento “anti”.

Como dicía el cantar, «y en esto llegó Fidel», y nesto chegóu el MECA, pisando forte, con posibilidades reales de botar fóra a os corruptos del Conseyo d’Estudiantes y impuer úa representatividá real y asamblearia del alumnado. Pouco duraría a felicidá del MECA. Como pasa con todos os movementos, nun tardarían en querer aprovetarse d’él pra promocionar proxectos partidistas, nos que nun me vou meter, porque nun é d’eso del que veño a falar. Discrepancias que, ou ben foron insalvables ou ben nos lo pareceron ou ben, por hache ou por be, nun tuvemos agayo pra salvar. Como fora, el MECA acabóu diluíndose nas Asambleas de Centro, volvéndose, a lo menos “a priori” a úa situación aparecida a la anterior da costrucción del MECA. El trabayo volvía a recaer sobre cada Facultá y a niveles prácticos el autonomía pasóu a ser case total, dependendo a interacción entre Facultades máis que nada da voluntá das propias Facultades.



Vamos situarnos nel Milán, qu’é a Facultá na que, pra ben ou pra mal m’encuandro eu. Nel Milán, esta situación que describimos como d’autonomía de Facultades nun pasóu a significar, como podera parecer, úa organización horizontal y asamblearia, dende el momento qu’aparecen controversias y desconfianzas que fain, sobre todo, qu’el Asamblea del Milán seña, máis que nada, úa organización con un carácter máis ou menos asambleario, peró non úa auténtica Asamblea, en tanto que nun esiste úa convocatoria aberta al alumnado. Peró mesmo el carácter asambleario d’esta organización que recibe como nome “Asamblea Aberta del Milán” se ve discutido dende el momento nel que nin sequera os sous nembros (nin sequera aquellos que son representantes d’alumnos) son convocados, ou dende el momento que se conspira ás costas d’ún dos representantes (eu, por certo) pra tomar decisióis contrarias a os acordos xa tomados con outras organizacióis. A situación é tal que determinadas personas somos escruídas da nova llista de correo interna (é el que tein as tecnoloxías dixitales) sen recibir resposta ante as nosas perguntas (que formulamos por cauces estraoficiales, al carecer de cauces oficiales pra formulallas).

Y nesto chegóu el MECA, y acabábase a pachanga, y nesto foise el MECA, y acabóuse el asamblearismo nel Milán. Ben sei que noutras Facultades (menos neste garbanzo mouro qu’é El Milán) sigue trabayándose coas mesmas directrices qu’hasta agora, peró a falta d’un control efectivo superior fexo que se acabara colquer forma de “centralismo democrático” (y ben saben os dioses qu’eu soi el mayor defensor das estructuras horizontales), convertindo esta Facultá nun chiringuito de cuatro. Ben sei que se me pode dicir, y se me diz, qu’hai ferramentas efectivas pr’acabar col chiringuitismo éste, peró honradamente, nin vexo qu’haxa naide máis que poña esfouto pr’acabar con este chiringuitismo (salvo honrosas y escasísimas escepcióis), nin teño forzas pra lluitar contra os que se supón que son os meus compañeiros, nin teño del todo claro que prantar úa resistencia para botar a andar úa verdadeira Asamblea nel Milán seña realmente efectivo. Y sobre manera, y pódenme chamar derrotista, egoísta ou vendido, nun teño miga claro que séñamos os que xa se supón que tamos con un pé fora del Milán os chamados a reestructurar el asamblearismo corrompido.

Daquén pode pensar qu’escribo este post únicamente para fer daño, peró en realidá fáigolo ante el ausencia de cauces pra mostrar el meu descontento, por un llado, y pra denunciar públicamente a situación que probablemente nun conozan os máis dos que forman parte d’este conturbernio que se fai chamar “Asamblea Aberta del Milán”.

Con esto, nada máis me queda que dicir d’este tema, nun sendo que supoño que teño que darme por escruído del proxecto del Asamblea del Milán, se ben é certo qu’hasta agora naide me comunicóu nada.

quarta-feira, 16 de fevereiro de 2011

El Academia da Llingua Asturiana convoca úa Proba de Conocencia de gallego-asturiano en Tapia.


IES "Marqués de Casarego" de Tapia.


«El día 26 de febreiro, sábado, ás 10 da mañá nel Instituto de Tapia, el Academia da Llingua Asturiana, por conta da Secretaría Llingüística del Navia-Eo, convoca úa Proba de Conocencia de gallego-asturiano de carácter oral y escrito.

Os sous destinatarios son, básicamente, os ciudadanos y ciudadanas del occidente d'Asturias que quiran acreditar a súa competencia llingüística, al marxe da súa condición profesional y titulación académica.

Esta proba, de contidos llingüísticos básicos, é diferente da que s'ha fer nel mes de mayo, espresamente destinada a os docentes d'Educación Primaria y Secundaria, que tein que demostrar úa conocencia llingüística máis fonda pra poder acceder llougo al "Curso de Capacitación en Gallego-Asturiano".»

El prazo pra matricularse acaba el 24 de febreiro.


FONTE: Falaviva

domingo, 23 de janeiro de 2011

Deuteronomio, 34



Moisés subíu das estepas de Moab al monte Nebó, na cima del Pisgá, situado frente a Xericó, y Yahveh amostróuye todo el país [...]. Despós díxoye Yahveh: «Ésta é a terra respecto á que xuréi a Abrán, Isaz y Xacobo, dicindo: "¡Á túa posteridá daréila! Fíxencha ver polos tous propios oyos, peró ei nun has pasar"». Morréu, entós, allí Moisés, servidor de Yahveh, nel país de Noab [...]


Como el meu tocayo, eu tamén hei d'andar,
corenta llargos anos pol deserto da túa pel.
Haberá, se cuadra, daqué de maná pr'alimentar
más el meu espíritu qu'el meu corpo.

Perguntaréime por qué, por qué decidín
botarme a este exilio tan sen xeito,
perguntaréime por qué tuven tan decidido
a andar este deserto, qu'é a túa pel.

Hei beber dos muitos oasis qu'escondes,
del qu'escondes por ese regueiro intermamario
pol que baxan esas auguas calentes
del tou sudor, condo nos amamos.

Hei beber del oasis que más escondes,
ese qu'atesouras entre as túas pernas.
Hei meter a boca nesas fontes,
hei quedar saciado pra siguir el camín.

Hei andar por ese deserto calente
ese deserto qu'é a túa pel,
como Moisés, el meu tocayo.

Y como él, nun hei chegar.
Nun hei chegar á Terra Prometida,
porque ta escrito,
tame prohibida.

Ás portas vou quedar,
mirando pra ella.
Y como él hei saber
qu'el miyor foi caminar,
ver os escureceres,
cumer el maná,
saciarme nos oasis,
torrecer ente el sol y el arena,
llamber as pedras rugosas
qu'esconden os requexos del deserto
del tou corpo.

Ás portas da Terra Prometida,
hei morrer feliz.

Mouguías, 14 de Marzo del 2009

sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

O galego continua mais além do rio Eu (por Carlos Varela)



Al tempo que Novas da Galiza m'invitóu a escribir un articulín sobre el Eo-Navia tamén invitóu a outra persona, neste caso Carlos Varela, da Real Academia Galega. Como puxen el meu creo que tamén é búa idea puer el artículo de Varela. Aparece en normativa reintegracionista.

A língua galega no Eu-Navia fala-se
em dezaoito concelhos, com umha
poboaçom galegofalante que poderia
ser dumhas 30.000 pessoas, às quais
se somam as emigradas, especialmente
na área central asturiana, que ainda mantenhem
o galego como língua materna. A
despovoaçom da comarca, a falta dum núcleo
de articulaçom económico e cultural,
a profunda castelanizaçom dos mais novos,
a falta de protecçom legal e sensibilidade
por parte do governo do Principado
e a forte e demencial campanha de atrancos
da Academia da Llingua Asturiana
(ALLA) e os seus adláteres (Xeira, Rapalacois,
etc.) unido aos grupos mais reaccionários
do asturianismo cultural e político,
fam muitas vezes perigar os poucos avanços
para a protecçom da língua.
A tutela alegal que posui a ALLA com
umha Secretaria fantasma, regida por um
nom galegofalante -caso único na Europae
organizadora cada ano duns cursinhos
de galego das Astúrias sem nenhuma preparaçom,
ao que se acrescenta a falta de
escolarizaçom nos colégios e institutos da
matéria, mesmo dando-se casos tam flagrantes
como leccionar-se língua asturiana
nas escolas galegofalantes de Luinha e
Verducedo. A falta duns meios próprios,
onde existe umha clara transculturizaçom
da TPA e um desleixo completo por parte
da TVG e do governo de Feijóo.
A tentativa dumha determinada recuperaçom
da toponimia tradicional galega, por
umha Junta Assessora, com um processo
totalmente atípico e acientífico, baseada
muitas vezes em castelanismos, vulgarismos
e asturianismos lingüísticos, seguindo
teorias como a do filólogo Balbuena.
Cabe mencionar ainda a culpabilidade
dos meios de comunicaçom, se falamos da
transculturizaçom da TPA, os jornais apresentam
campanhas difamadoras contínuas
como as feitas por “La Nueva España”, beirando
a xenofobia. Junta-se a pouca sensibilidade
dos jornais galegos e da TVG para
utilizarem a toponimia tradicional da comarca
e algum deles mesmo em ser abertamente
contrário ao galego das Astúrias
como o “Faro de Vigo”, dirigido polo asturiano
Isidoro Nicieza.
Na parte asturiana, certos sectores -a
maioria nucleados arredor da ALLA- som
abertamente antigalegos, inventando mesmo
a ideia dumha língua independente ou
de transiçom ou mesmo desde os sectores
máis radicais dizendo que se trata dumha
variante do asturiano. Os estudos científicos,
especialmente os de Dámaso Alonso,
concluem que é galego o que se fala desde
o Eu ao Frexulfe, e desde o Ranhadoiro à
linha com a Fonsagrada. Nesta linha há
anos xurdiu a Mesa de Defensa do Galego
de Asturias (MDGA) e o que hoje em dia
recolhe o ideário da Associaçom Cultural
Abertal, que já editou um Relatório Lingüístico
afirmando a tese da língua galega
no Eu-Navia, fronte à ideia hipócrita de somar
língua e identidade que propóm a ALLA
sem qualquer consistência cientifica.
Na parte galega, os passos dados som
mui escassos. A falta de estudos sobre a
comarca é mui ampla, com a ressalva do
apoio da Área de Normalizaçom Lingüística
da Universidade de Vigo, da Concelharia
da Cultura do Concelho da Corunha
e doutras associaçons (AGAL, Centros
Sociais, O Facho, etc.), a pouca implicaçom
da RAG e do Consello da Cultura
Galega, e às vezes umha estratégia errada
de sectores reintegracionistas que por desconhecemento
mesmo servem ás estratégias
antigalegas numha suposta liberdade
de confusom normativa, onde a río revolto
alguns asturianistas defendem que a língua
do Eu-Navia forma parte do toro galego-
português mas nunca avançando cara
a esse eixo, senom asturianizando linguisticamente
o galego das Astúrias. Soma-se
o lamentável apoio de certos grupos nacionalistas
e independentistas galegos a
grupúsculos asturianistas negadores da
existência do galego nas Astúrias, baseando-
se nun internacionalismo mal interpretado.
Tambén o mundo da música nom é
alheio, querendo eliminar a existência da
gaita galega, e o apoio de certos grupos e
músicos galegos, como Quempallou ou
Bieito Romero, a posturas negacionistas.
A soluçom decorreria da assunçom por
parte do asturianismo cultural da existência
do galego, cun claro benefício para todas
as partes e a conseguinte unidade mediante
um acordo amplo para frear a castelanizaçom
e a falta de sensibilidade dos
governos. Haveria que unir a criaçom
dumha estratégia conjunta para salvar a
língua da súa desprotecçom coa conseguinte
cooficilidade e a necesidade urxente
de estudos lingüísticos, etnográficos,
culturais, etc. para evitar a sua perda, um
apoio claro e decidido á gente e ás asociaçons
que defenden o galego, a necessidade
de correspondentes da TVG na comarca,
a geralizaçom do ensino do galego em
todos os centros educativos, etc.


Carlos Varela Aenlle é membro
da Real Academia Galega

quarta-feira, 19 de janeiro de 2011

Eo-Navia, llingua y territorialidá.




Vei pouco a xente de Novas de Galiza se propuxo publicar dous artículos sobre el Eo-Navia, pretendían presentar úa visión del Eo-Navia dende Galicia y outra dende Asturias. Pretendían confrontar as visióis dende Galicia y dende Asturias sobre a territorialidá del Eo-Navia y sobre a custión llingüística en torno al gallego-asturiano, anque despós, por problemas d'espacio, sólo publicaron medio artículo (lo que trata sobre a custión llingüística).

Agradecendo profundamente a
Novas de Galiza que me dera a oportunidá de presentar a mía visión, pego aquí el artículo que yes mandéi.

Primeiro de nada teño qu'agradecer a Novas da Galiza pola súa invitación pra escribir sobre el tema del Eo-Navia, xa qu'el debate é sempre daqué que s'agradece. Entendo qu'el debate versa sobre dúas cousas ben distintas, como lo son a filiación llingüística del gallego-asturiano y a territorialidá del Eo-Navia.

Empezaréi esplicando por qué considero que son dous debates distintos. Por un llao entendemos qu'a Filoloxía é a cencia social que s'encarga del estudio das modalidades llingüísticas, polo tanto entendemos qu'a Filoloxía é ayía ás voluntades populares. Por outra banda, al hora de falar d'identidades territoriales tamos falando d'úa realidá política. Se partimos da perspectiva das sociedades democráticas a identidá social hai qu'interpretalla como un constructo colectivo. Partir de qu'a identidá mana da llingua, a cultura (miyor ou pior definida), os antepasaos, a Historia (ben de veces vista como úa evolución hacia un final prefixao), é partir de presupostos esencialistas que, por suposto, toi mui llonxe de compartir.

Territorialidá:

Siguindo a Inaciu Llope1, en colquer sociedá, y por suposto nel Eo-Navia hai dous discursos identitarios, ún interno, qu'é el que manifesta a sociedá en custión, y outro esterno, qu'é el que manexan os axentes esternos a esa sociedá. Nese sentido, el II Estudio Sociollingüístico d'Asturias2 , publicado pol Euskobarómetro nel 2002 el 74% dos habitantes del Eo-Navia se sinten asturianos. En conto á identidá llingüística a mayoría dos eonaviegos tein claro que falan daqué distinto del asturiano y del gallego, polo creo que podemos dar por bon qu'a identidá llingüística nun define a identidá territorial. Se partimos de qu'a sociedá del Eo-Navia é úa sociedá madura, mayor d'edá, y polo tanto la consideramos como el principal axente político del sou devenir, nun hai outro qu'entender qu'a identidá manifestada polos ciudadanos el Eo-Navia é necesariamente vinculante. Dito d'outro xeito, independentemente del que falen, os ciudadanos del Eo-Navia son asturianos porque se reconocen asina y porque el resto da comunidá asturiana los reconoce tamén como tal.

Nun cabe entender qu'a nación é úa realidá a priori, úa realidá anterior al propio discurso nacional, discurso que nun sale da nada, sinón que nace nas cabezas dos habitantes d'esa nación. Esto é, son os os habitantes da nación os que construyen el discurso nacional, y con él a nación en sí. Os pensamentos nacionalistas europeos nacen nel s. XIX, d'emparzao col novo réxime económico, el lliberalismo, polo qu'a historiografía actual considera un anacronismo falar de discursos nacionales antias d'esa centuria. Y nel caso del Eo-Navia os discursos que se xeneraron dende el XIX hasta hoi xiraron sempre en torno ás identidades asturiana y española (independentemente da opinión qu'estos discursos me merezan a min, que podo non compartillos). Respecto á identidá española xenerada nel Eo-Navia, pouco ou nada se pode dicir que la diferencie da identidá española xenerada nel resto d'Asturias, en Galicia ou en otros puntos del Estado. Respecto á identidá asturiana, cabe dicir que nel federalismo dedimonónico asturiano (ese que revindicóu úa constitución pr'Asturias) nun esistíu nunca un discurso que separara al Eo-Navia del resto d'Asturias. Hasta el punto de qu'el primeiro proxecto d'Estatuto d'Autonomía pr'Asturias despós de consagrarse a II República Española xurdíu del asociación El Suco de Castripol3. Un estatuto abertamente basao en ideas de Castelao (al qu'os autores del proxecto d'Estatuto tuveron ocasión de sintir en Ribadeo), y anque se reconocía a posibilidá de qu'os conceyos se separasen ou xuntasen a Asturias exercendo un dereto d'autodeterminación, partíase da asturianía inicial del Eo-Navia.

Peró nun é nada más nos discursos xurdidos en Asturias unde se parte del asturianía del estremo occidental del país. En Galicia tamén tardará en falarse da qu'hoi chamamos ben de veces custión del Eo-Navia. Os discursos nacionales gallegos a finales dos 80 empezan a ter en cunta a custión del Eo-Navia, y asina en 1988 nace a Mesa pola Defensa del Galego d'Asturias, anque nun manifesta abertamente a reivindicación da galleguidá del Eo-Navia, senón da galleguidá da súa llingua. É significativo que nel nº 11 d'Agália se faiga un análisis da situación xeopolítica gallega en Europa y además de nun reconocer Asturias como entidá distinta d'España (fala d'España, Portugal, Galicia, Euskadi, Cataluña como as nacióis ibéricas), nun menciona en nengún momento al Eo-Navia, a pesar de versar el artículo sobre a situación de Galicia na Península Ibérica y as relacióis con España y con Portugal. As fronteiras orientales de Galicia se sitúan con España (obviamente España son Asturias y Lleón), peró a fronteira nun se custiona.

Llingua:

En conto a llingua, anque os discursos nacionalistas del XIX vincularon ben pronto as realidades llingüísticas ás territoriales (por puer un caso, Murguía), na Asturias del siglo XX ese discurso sólo empezará a garrar peso nos anos 70 col nacemento de Conceyu Bable. Peró nel estremo occidental asturiano ese discurso nun chegará a tomar peso hasta tempos ben recentes. A realidá é qu'a identidá llingüística tén menos peso social qu'a territorial, polo qu'a vinculación d'ambas identidades lleva á población a interpretar de forma caótica a súa realidá llingüística. Se decíamos qu'a identidá territorial é resultado del consenso implícito dos axentes da sociedá, as filiacióis llingüísticas nun son discutibles dende parámetros políticos, senón filolóxicos. Nel meu caso, como nun soi un filólogo, sólo me queda acudir a os filólogos. Podemos afirmar que filolóxicamente falando, el que se fala nel territorio entre os ríos Navia y Eo é úa variante del gallego-portugués5. Outra cousa é qu'a mayor parte dos que defendemos el gallego-portugués d'Asturias lo faigamos dende úa norma distinta á de Galicia. Nun pode sorprender condo na mesma Galicia hai distintas normas, proba d'ello é Novas da Galiza, qu'utiliza úa norma reintegracionista enfrentada cua norma oficial da RAG y distinta a norma lisboeta. Neste sentido, a falta de consenso pra unificar as variacióis gallego-portuguesas fai que seña difícil defender como única búa úa norma concreta pral Eo-Navia. As Normas Ortográficas del Gallego-Asturiano, publicadas pol ALLA nel 2007 y basadas na Proposta de Normas Ortográficas pral Ga(l)lego-Asturiano editada pola Conseyeiría de Cultura en 1993, é de facto a norma más siguida nel Eo-Navia, y dende el 2007 é a norma oficial (al ser a Secretaría Llingüística del Navia-Eo, inxerta nel ALLA, el institución oficial pra regular el gallego-asturiano). Esto lleva consigo que seña a norma que s'enseña nas escolas, que s'usa (condo s'usa) nos Conceyos ou nel Principado. Podemos discutir sobre se é el ALLA, a RAG ou outra institución (caben case tantas propostas como personas señan a propuer) son as indicadas pra normativizar el gallego-asturiano (como chamamos al gallego-portugués d'Asturias desque nos 50 Dámaso Alonso lo bautizara d'este xeito), peró a esperiencia nos dice que nun territorio rural, con úa llingua desprestixada, úas institucióis que nun fain muito por valorizar a llingua, y úa presión feroz del castellano (qu'é tida como llingua común), pode ser máis productivo tirar pola variedá escrita que tén dél d'apoyo institucional (por pouco que seña) qu'erguer úa barricada en torno a úa norma concreta. Sen duda, as normas ortograficas poden ser discutidas, peró se a discusión tén un talante máis político que filolóxico, lo que podemos ter por seguro é qu'a batalla acaba ganándola el castellano, qu'é a llingua de referencia dos mais d'asturianos de fala gallego-asturiana y de fala asturiana (y m'atrevo a dicir que tamén dos máis dos gallegos), y qu'ademáis nos uferta estabilidá (pos a norma del castellano nun se discute). É por eso que muitos optamos por aceptar a norma na qu'escribo, xa qu'aceptamos ás institucióis asturianas (porque esa é a nosa identidá) y xa que nun hai un criterio de facto unificador del gallego-portugués.

Moisés Cima Fernández
(militante del Colectivo Trafego).

_____________

1 Llope, Inaciu, "Xuegu d'Identidaes nel Navia-Eo", Estudios das Terras del Navia-Eo, Secretaría Llingüística de Navia-Eo (ALLA), Uviéu, 1998.

2 Euskobarómetro, II Estudio Sociollingüístico d'Asturias.

3 Suárez Fernández, Xosé Miguel, "Un artículo inédito de 1931 sobre autonomía asturiana y agrarismo pral periódico El Aldeano de Castripol", na revista d'historia contemporanea Erada, Ed. Trabe, Uviéu 2007.
Edición facsimilar del periódico El Aldeano. Ed. Conceyo de Castripol.

4 Ramom Lôpez-Suevos Fernández, "Dos mapas cor-de-Rosa", Agália nº 11, AGAL, A Coruña, 1987.

5 Rodríguez Monteavaro, Miguel, http://www.falaviva.net/index.php?n=modules/news&p=8

domingo, 14 de novembro de 2010

Aranés y gallego-asturiano: a construcción d'un proxecto d'oficialidá.


Escudo de Cataluña, sacao de Falar y Lleer


Escudo del Valle d'Arán, sacao da Wikipedia


El occitano, ou aranés é llingua oficial, xunto col catalán y el castellano nel Valle d'Arán (Lleida), peró a partir del 22 de Setembre d'este ano é tamén llingua oficial en toda Cataluña. Además será a llingua preferencial nel Valle d'Arán, lo que quer dicir que nel Valle d'Arán a llingua na qu'as institucióis han d'espresarse (por defecto) é el occitano.

Cataluña é úa Comunidá Autónoma del Estao español con más de 7 mill. d'habitantes, na que conviven tres llinguas oficiales, dúas autóctonas (que naceron na propia Cataluña), el catalán y el occitano, y úa alóctona (que veu de fora), el castellano. Además úa das súas llinguas autóctonas é a llingua falada en case toda Cataluña, mentres qu'el occitano en Cataluña fálase únicamente nel Valle d'Arán (que tén 10.295 habitantes).



Foto: Lletreiros en aranés (Wikipedia)


Nese sentido se poden fer certos paralelismos con Asturias, se ben hai que salvar certas distancias, xa que frente a os 7 mill. d'habitantes de a Comunidá Autónoma catalana, Asturias supera por pouco el millón d'habitantes. Peró tamén en Asturias conviven tres llinguas, dúas autóctonas (el asturiano y el gallego-asturiano) y úa alóctona (el castellano), anque al contrario de lo que pasa en Cataluña sólo el castellano é oficial.

Como en Cataluña, úa das llinguas é a propia da mayor parte del territorio, el asturiano, mentres qu'el gallego-asturiano fálase namás nun pequeno requeixo d'Asturias, que s'aveza a chamar Eo-Navia (ou Navia-Eo). Nel Eo-Navia viven alrededor d'úas 40.000 personas. Neste sentido tamén hai que marcar úa diferencia entre el Eo-Navia y el Valle d'Arán, pos mentres a población aranesa supón aprosimadamente un 0,14% del total da población catalana, a población eonaviega supón un 4% da población asturiana.



Tanto el gallego-asturiano como el occitano son llinguas eminentemente rurales, mentres qu'el catalán y el asturiano se falan tanto nel campo como na ciudá (se ben nel caso del asturiano el castellano coméu muito terrén nas principales ciudades).

Nas escolas del Valle d'Arán conviven el castellano, el catalán y el occitano, mentres que nas del resto de Cataluña conviven el catalán y el castellano, nun habendo inda presencia da llingua occitana fora del Valle d'Arán. Nas escolas del Eo-Navia conviven el gallego-asturiano y el castellano, peró non el asturiano. Y nas del resto d'Asturias conviven el asturiano y el castellano, peró non el gallego-asturiano. Hai úa diferencia fonda, xa qu'en Cataluña el catalán y el occitano prantíanse como llinguas de comunicación, llinguas vehiculares. Esto é, un neno catalán pode ir a clase de Matemáticas en catalán. En Asturias a presencia das asignaturas de Llingua Asturiana y de Gallego-Asturiano é anecdótica, y nun se dá en todas as escolas, polo qu'a convivencia llingüística nas escolas d'Asturias é muito más úa teoría qu'úa práctica.



Foto: Xa son muitos os conceyos d'Asturias qu'oficializaron a toponimia tradicional. Foto de A Estela.


Foto: En Asturias inda hai conflictos toponímicos. Xarrio (Cuaña), foto propia.


En Asturias el conflicto llingüístico pol qu'os deretos dos falantes de gallego-asturiano y d'asturiano se ven mermados respecto a os deretos dos falantes de castellano parece llonxe de solucionarse, y a demanda da oficialidá das llinguas propias tén xa más de 30 anos.

Condo as personas que demandamos a oficialidá y el cumprimento dos deretos llingüísticos dos asturianos y as asturianas femos un análisis da situación, nun podemos evitar caer na cunta de qu'el tratamento da oficialidá complícase cua esistencia de dúas llinguas autóctonas. El feito de qu'el asturiano seña a llingua propia da mayor parte del territorio, y el gallego-asturiano seña a llingua propia d'úa quinta parte del territorio (úa quinta parte qu'alberga namás al 4% da población) fainos plantiar que se alcanzamos a ver oficializadas as nosas llinguas a xestión de dúas realidades llingüísticas distintas pode ser compricada.

Mentres dalgús demandan a oficialidá del asturiano pra todo el territorio d'Asturias y la del gallego-asturiano namás que pral Eo-Navia (conxuntamente col asturiano), outros demandan qu'el asturiano seña oficial nel sou territorio y el gallego-asturiano nel sou. Esta última visión aporta un problema estra, y é qu'al supuer os eonaviegos namás qu'un 4% da población, el desconocemento da llingua asturiana iba ser un perxuicio mui grande pra trabayar fora del Eo-Navia, nel resto d'Asturias. Y é que, como é evidente, el funcionariao sitúase case todo nel Centro d'Asturias (especialmente na capital).

Este modelo d'oficialidá, na que cada llingua é oficial unde se fala, peró non nel resto da Comunidá, é el que se ven promocionando dende Navarra, unde el vasco goza de certa protección namás que nel norte da Comunidá, peró non nel sur castellano falante (el castellano é oficial tamén nel norte porque é oficial en todo el Estao). Esto supón úa auténtica desconexón administrativa y cultural entre el norte y el sur de Navarra.

En cambeo, el modelo catalán, é el de dúas llinguas oficiales en todo el territorio de Cataluña, y cada úa d'ellas preferencial nel sou dominio. D'este xeito asegúrase el dereto de todos os ciudadanos cataláis a usar a súa llingua (seña el catalán ou el aranés) indistintamente del llugar de Cataluña nel que d'atopen, peró por outro llao nel Valle d'Arán nun se vei promocionar el uso del catalán (lo que feiría que se correra el resgo de qu'el occitano fora sustituído pol catalán), sinón el occitano; y como é evidente nun vas atopar lletreiros en occitano en Barcelona.

Este modelo acoxa un pouco, pos asegura el aprendemento de catalán nel Valle d'Arán peró non el d'occitano nel resto de Cataluña, peró a grandes rasgos é el que podíamos usar en Asturias.

Nun é realmente un invento catalán, pos se nos paramos a pensar é el modelo canadiense, unde coesisten el francés y el inglés, y todos os canadienses acaban conocendo as dúas llinguas, peró cada cuál se promociona nel sou sito.

El movemento de reivindicación llingüística en Asturias tende a nun entrar na polémica da división llingüística que se dá nesta Comunidá. Tanto é asina que muitas veces elúdese debatir sobre a presencia das distintas variedades dialectales del asturiano, a pesar de qu'é un debate que, sobre todo dende os conceyos del Occidente que falan asturiano (éste é un debate, en principio, ayén al gallego-asturiano), se intenta forzar continuamente.

Evadir el debate da diversidá llingüística en Asturias por nun crear divisióis nin fisuras nel movemento de reivindicación llingüística é úa actitú realmente desaconseyable, por nun dicir irresponsable dafeito. Condo úa comunidá llingüística (neste caso dúas, as comunidades de falantes d'asturiano y de gallego-asturiano) reclama a oficialidá y el reconocemento das súas llinguas, tén que ter un discurso de cómo apricar esa oficialidá y esas políticas llingüísticas. Y el discurso nun se pode quedar no inmediato, senón que tén que trascender hasta constituir un discurso pensao pra ser válido a llargo prazo.

É a forma de qu'a oficialidá deixe de ser un lema pra convertirse nun proxecto político.

terça-feira, 9 de novembro de 2010

¡Esta terra é saharaui!


Imaxe da páxina da Universidá de Cantabria (www.unican.es)



España reclama como propio el territorio del Sáhara Occidental en 1884, y en 1900 é condo delimita con Francia os territorios d'esa rexón noroccidental d'África, anque el poder español nun se feirá efectivo hasta muito más tarde.

En 1970 Marrocos y Mauritania xa manifestan un interés aberto d'anesionarse el Sáhara Occidental, y xa a finales da década dos 60 aparecerá el Movemento de Lliberación del Sáhara (Harakat Tahrir, en árabe), que será el xerme del Frente Polisario. El Movemento de Lliberación del Sáhara nace pra reivindicar un Estao saharaui independente d'España, de feito as primeras accióis del Movemento de Lliberación del Sáhara foron contra el Estao español, y as súas primeras represióis veron tamén del Estao español, como pasóu cua manifestación del 17 de xunio de 1970 nel Aaiún, reprimida brutalmente pola Llexón española unde según fontes tanto saharauis como marroquís ou mauritanas houbo entre once y trenta mortos y decenas d'heridos (ver http://es.wikipedia.org/wiki/Bassiri), anque según as fontes españolas foron dous os mortos. Foi a reiz d'esos acontecementos qu'as autoridades españolas torturaron y mataron al líder saharaui Mohamed Sidi Brahim Basir, Basiri.

Hoi, 40 anos despós, a histoira del Sáhara Occidental cambia (parcialmente) de protagonistas, peró é la mesma. As fontes marroquís falan de cinco xendarmes marroquís y un activista saharaui mortos nos últimos acontecementos del Aaiún, anque os medios de comunicación internacionales nun poden entrar nos campamentos instalaos ás aforas da capital (de iure, porque mentres El Aaiún tea ocupao por Marrocos a capital de facto é Bir Lehlu).

Ante a posible, peró inda desconocida (debido al bloqueo informativo) matanza nel Sáhara Occidental, as Nacióis Unidas fain un chamamento pra que nun haxa violencia. As mesmas Nacióis Unidas qu'a finales dos 60 instaron a os Estaos europeos a descolonizar os territorios africanos y, consecuentemente, intaron a España a descolonizar el Sáhara Occidental. As mesmas Nacióis Unidas que crearon a Misión das Nacióis Unidas pral Referéndum nel Sáhara Occidental (MINURSO) que tía que celebrarse nel ano 1992 y que nun chegóu a celebrarse. Esas mesmas Nacióis Unidas nun tein el valor suficiente pra condenar al Reino de Marrocos y impuerye sancióis económicas por invadir a República vecía, y se limitan a pidir que nun haxa violencia, equiparando, implícitamente, a violencia del Exército invasor y os colonos cola posibilidá de qu'el poblo invadido exerza úa resistencia armada.

Úa resistencia armada tanto nos territorios lliberaos como nos territorios ocupaos del Sáhara Occidental nun sólo nun é de ningúa forma condenable, senón que debe de ser apoyado pol Reino d'España, antigua potencia colonial que deixóu el proceso de descolonización inconcluso. Antigua potencia colonial que tén úa ambigüedá incomprensible, por nin reconoce á República Árabe Saharaui Democrática (RASD), nin reconoce abertamente qu'ese territorio é marroquí nin reivindica a súa españolidá. De feito cabería entender qu'hasta qu'el proceso de descolonización del Sáhara Occidental nun termine, debe interpretarse qu'ese territorio sigue formando parte del Reino d'España.

A responsabilidá del Estao español pra col Sáhara Occidental nun é úa custión de solidaridá, nin muito menos de caridá, é úa custión de mera responsabilidá política. España, como antigua potencia colonial, tén el obrigación (tanto moral como llegal) de concluir el proceso descolonizador, proceso que tén que pasar, inevitablemente, pol referéndum nel Sáhara Occidental. Y nese proceso España tén que xugar un papel fundamental, España tén qu'esixir al Reino de Marrocos qu'ese referéndum se faiga cuanto primeiro. Por outra banda, España debe reconocer á RASD (cousa qu'inda nun fexo) y esixir ás Nacióis Unidas que faiga lo preciso pra qu'el referéndum culmine.

Condo un Goberno nun permite qu'os medios de comunicación internacionales se faigan eco del que ta pasando, xa sabemos todos por qué é, xa sabemos qu'os Deretos Humanos tán incumpríndose dafeito.

Peró como vimos nel caso de Basiri, y en muitos outros casos dentro da propia Península Ibérica, nun parece que pral Reino d'España este tipo d'actuacióis contra os deretos Humanos señan condenables.

Se a Primeira Guerra del Golfo tuvo llugar porque Iraq invadíu Kuwait, ¿qué pasa que nun hai reaccióis contra a invasión del Sáhara Occidental que dende 1975 efectúa el Reino de Marrocos? Xinxellamente é incomprensible que tando sitiada a capital d'un país ocupao, nun haxa ningún tipo de condena REAL contra os ocupantes.

Dende aquí, el meu humilde apoyo á RASD, al Frente Polisario y al poblo saharaui.